1

Entrevista á muller máis importante

Posted by aroarivera on 10 marzo, 2016 in Audiovisuais, Conmemoracións, entrevista, Obradoiro Prensa |
Día Internacional da Muller & Semana da Prensa

Entrevisto a María Pilar Fernández Caride, a muller máis importante da miña vida non só porque é a miña nai, se non por que valoro a súa forma de ser, o seu esforzo, a súa entrega, o amor desinteresando que me dá…, a lista é infinita.

Ola Mamá vouche facer unha entrevista con motivo do día Internacional da muller e da semana da Prensa.

Aroa e Pilar durante a entrevista

Aroa e Pilar durante a entrevista

Ti es unha muller que traballa fóra da casa?

Pilar – Si

En que traballas?

Pilar – Traballo no SERGAS

Gústache o teu traballo?

Pilar – Si

É duro traballar fóra da casa?

Pilar –  Moito

Podes describir como é o teu día a día?

Pilar – Levántamome ás 7 de mañá e entro a traballar ás 8, fago o meu traballo e salgo ás tres. Como e voute a recoller ao colexio, algunhas veces, outras voute recoller á parada do bus.  Veño á casa e levo aos teus irmáns ás actividades.

Pola noite preparo a cea ou a comida do día seguinte e voume á cama.

De que tarefas te encargas ti soa con respecto á túa familia?

Pilar – Da limpeza sobre todo e da roupa.

Colabora a túa familia nas tarefas do fogar?

Pilar – Si en algunhas: recoller a cociña e as habitacións.

Que cousas deberían mellorar na sociedade para que as mulleres deixaran de estar tan sobrecargadas de responsabilidades?

Pilar – Que houbera unhas leis mellores para poder conciliar a vida familiar e laboral.

GRAZAS POLO TEU TEMPO.

Aroa Rivera, Alumna de 4º EP do CEIP Saco e Arce.

Gravación: Aroa Rivera

Etiquetas: , ,

1 Comment

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.