0

Semana escolar da poesía, da árbore e da auga

Posted by salial on 16 marzo, 2016 in Banda Deseñada, Conmemoracións, Poesía, Proxecto Documental |

Segundo a RAG   seca  é a falta prolongada de chuvia. Aplicado á creación literaria, unha seca creativa, sería cando non se che ocorre nada que escribir/crear e non tes ideas orixinais que merezan a pena. Nunca tires a toalla!

Imos a combater a seca no que se refire á falta de auga e a falta de creatividade. Debémosllo ao noso planeta! O 21 de marzo celebramos O DÍA DA ÁRBORE e o DÍA DA POESÍA, e non olvidemos que o día 22 de marzo é o Día Mundial da Auga, así que propóñovos aproveitar estas conmemoracións para..

  • Por en valor a realidade natural, ecolóxica e cultural de Galicia.
  • Espertar a creatividade.

embedded by Embedded Video

Levamos plantando árbores xa dende moitos anos atrás e contamos cunha grande variedade de especies diferentes: acivros, bidueiros, cancereixos, carballos, castiñeiros, nogueiras, pexegueiros, sobreiras…Cada ano por estas datas dedicamos un día á plantación de árbores, polo xeral sempre nas inmediacións do cole.

Contamos coa axuda de tres axentes forestais

Contamos coa axuda de tres axentes forestais

Este ano plantamos un érbedo, un carballo e unha sobreira. Tamén nos encargamos de coidalos, disfrutamos da súa sombra e tamén dos seus froitos.

A Deputación de Ourense achega propostas e materiais para traballar estas conmemoracións nas aulas, agasallando a cada alumno/a co conto “Dona Pinga e Don Carballo fan amizade” un recurso máis co que contaremos para desenvolver este miniproxecto.

TAREFAS

Lectura do conto “Dona Pinga e Don Carballo fan amizade” e transformar algunha pasaxe nunha pequena banda deseñada de polo menos 4 viñetas.

ÁRBORES, O CICLO DA AUGA E O MEDIO AMBIENTE -Tras escoitar a charla dos axentes forestais sobre o bosque, os beneficios materiais e inmateriais que nos proporcionan ás árbores, deberás escribir unha entrada no blog realizando un pequeno traballo de investigación sobre un dos seguintes temas:

     1.- Os produtos e os beneficios que se obteñen das árbores.
     2.- O coidado do medio e os inimigos das árbores.
     3.- Localizar as árbores que se nomean no conto, sinalar cales son autóctonas e cales especies invasivas e facer unha ficha dunha delas, engadindo unha foto.

AUGA E POESÍA – A auga é imprescindible para a vida e é un recurso natural escaso, por outro lado na nosa literatura abundan os poemas que teñen a auga como tema central. Deberedes fotografar unha paisaxe na que estea moi presente a auga e que ilustre un poema da nosa literatura. Buscade en internet ou na sección de poesía da biblioteca un poema que teña como temática a auga e xustificade a relación foto&poema. As fotos presentadas participarán no  II Concurso de fotografía “Galicia, Auga e Literatura” Programa Prensa-Escuela – Viaqua

RÚBRICA DE AVALIACIÓN

Criterios Nivel básico

(1)

Nivel medio

(2)

Nivel alto

(3)

Calidade dos traballos presentados Responde cunha frase pouco estruturada e non da resposta as tarefas propostas  Responde as tarefas propostas pero de xeito pouco creativo. Ofrece información clara,  precisa e completa respondendo ás tarefas propostas de forma creativa.
Gramática e ortografía Presenta frecuentes erros gramaticais e ortográficos. Inclúe algúns erros gramaticais e ortográficos. A gramática e a ortografía son axeitadas á súa idade
Vocabulario Non incorpora vocabulario do tema Empregan o vocabulario pero ás veces incorrectamente. Empregan axeitadamente o vocabulario traballado.
 

Imaxes/fotos axeitadas

Non engade ningunha imaxe As imaxes non se adaptan ao contido. Insire imaxes, publica fotos que se adaptan ao contido.
Nº de entradas que publica Non publica ningunha entrada Publica  unha entrada no blog Publica  e participa activamente no blog

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.