0

O coidado do medio e os inimigos das árbores.

Posted by hugohervella on 19 marzo, 2016 in Conmemoracións, Desenrolo sostible, Ecoloxía |
Semana escolar da árbore e da auga

O coidado do medio natural:

Os bosques son o fogar de moitos seres vivos, pero tamén son os pulmóns da terra. Debemos coidalos e protexelos porque o noso benestar depende en gran medida da saúde dos bosques. Que podemos facer?

No cole plantamos varias árbores cada ano.

No cole plantamos varias árbores cada ano.

Ter especial coidado en non contaminar os bosques, prohibido botar lixo.

Os incendios son grandes inimigos dos nosos bosques, cando vexas un incencio chama ao 085 (Incendios forestais da Xunta de Galicia)

A tala indiscriminada tamén é un atentado contra os bosques e contra o medio natural xa que nos afecta a todos, ademais as árbores favorecen o ciclo da auga.

É importante repoboar con especies autóctonas coma os carballos e as sobreiras, estas últimas teñen unha cortiza que as protexe do lume.

Os inimigos das árbores:

Moitos incendios son provocados. Acacia- Planta invasora procedente de Australia E unha avespa de orixe asiático.
  • O lume.
  • As especies invasoras como a mimosa, as avespas asiáticas (que atacan as as abellas e as avespas para alimentarse.
  • Enfermidades coma o cancro do castiñeiro.
  • Plagas como algúns vermes, p.e. a procesionaria do piñeiro.
  • O lixo, por exemplo un chisqueiro tarda en desaparecer mil anos ao igual que as pilas.

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.