0

Árbores invasoras

Posted by hugogallego on 25 marzo, 2016 in Árbore, Conmemoracións, Desenrolo sostible, Ecoloxía, Investigación |
Semana da Árbore e da Auga

No conto que lemos na clase “Dona Pinga e don Carballo fan amizade”,  a pinga  de auga cae sobre un bosque no que había moitas árbores. Ademais de carballos, tamén había castiñeiros, ameneiros, freixos, cerdeiras silvestres e mimosas.

Todas estas árbores son autóctonas, é dicir, son propias de Galicia.

Fotografía: Santi M. Amil

Todas menos a mimosa, que é unha planta que procede de Australia e é unha especie invasora que pode constituir unha ameaza para as árbores autóctonas porque medra moito e coloniza, sobre todo, as zonas onde se produciu un incendio.

As sementes son moi resistentes e poden estar no chan durante moito tempo ata que un incendio as fai brotar.  Ademais,  impide que as sementes doutras árbores xerminen. É moi didícil de eliminar, pois aínda que se corte, volve brotar, por iso é moi recomendable arrancar as plantas antes de que medren.

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.