0

O carballo

Posted by hugogallego on 25 marzo, 2016 in Árbore, Conmemoracións, Ecoloxía, Investigación |
Semana da Árbore

O carballo é unha árbore moi común en Galicia. Para facer esta ficha busquei información na web e fixenlle as fotos a un carballo que hai ao lado da miña casa en Trasdorrío.

FICHA DA ÁRBOREcarballo

NOME CIENTÍFICO: Quercus robur

NOME: Carballo

ALTURA: Pode pasar de 40 m

CASCA: Agrisada, ata os 20 anos é lisa,despois é agretada

FOLLAS: Caducas. Miden sobre 10 cm. e son lobuladas

FLORES: Non son bonitas. Son alongadas, formando unha especie de acios. Teñen flores masculinas e femininas . As femininas son amarelas e as masculinas son de cor mais escuro. Florece entre marzo e abril.

FROITO: as landras saen no outono. Serven para alimentar aos animais, sobre todo aos porcos.

MADEIRA: É dura e de moi boa calidade. Emprégase na construción de barcos e casas, e tamén para construír pipas e bocois para o viño e as travesas para o ferrocarril.

produtos carballo_gallego

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.