0

Fin do Proxecto: vivamos como castrexos

Posted by salial on 31 mayo, 2016 in Barbanzóns, Castrexos, Patrimonio Cultural, Proxecto Documental |
Proxecto documental: Entre Viñetas

Vivamos como Barbanzóns

Rematamos o noso proxecto visitando e apadriñando o veciño Castro de Trelle.

Debuxamos uns carteis e escribimos un manifesto

MANIFESTO

LUA- O día 30 de maio de 2016, AS NENAS E OS NENOS DO CEIP SACO E ARCE, APADRIÑAMOS o castro de Trelle,
SAÚL- A palabra APADRIÑAR significa Protexer ou favorecer a alguén ou a algo.
AROA- Neste lugar, durante a Prehistoria, un valeroso clan castrexo levantou a súa aldea e viviu en harmonía coa natureza durante séculos.
IRENE- A especie humana mellorou en moitos sentidos ao longo da historia: no que respecta á saúde, á cultura, á tecnoloxía, á industria, ao transporte, pero despreocupouse e deixou de lado á nai natureza, a que nos dá a vida e da que dependemos. Valoremos o legado que herdamos dos homes e das mulleres castrexas!
HUGO CRUZ- Dende hoxe, nós Comprometémonos a coidar este espazo a achegarnos ata aquí a miúdo e a animar aos visitantes a que o manteñan limpo e coidado
DAMIÁN- Mantelo vixiado para que ninguén poida verter lixo, acender lume nin danalo!
HUGO G- A min gustaríame vir cada ano a poñer carteis explicando porque o castro de Trelle é un tesouro galego. Tamén lle pediría ao concello que o consideren un espazo protexido e contraten un gardabosques.
HUGO H.- Comprometémonos a coidar o lugar onde viviron os nosos antepasados como se fora a nosa casa e a coidar da flora e da fauna que o rodea. Non podemos esquecer o fogar dos nosos devanceiros!!!
XAN- Gozaremos da paisaxe, do aire, do canto dos paxaros, respectaremos a todos os seres vivos que forman este valioso ecosistema e xogaremos nel como pequenos castrexos toenienses.
CANDELA R.E.- Dende hoxe, este castro conta con pequenos protectores que non deixarán que ninguén o dane manténdoo vivo para que perdure moitos anos máis. 
GABRIEL- Querer é poder !!!!! Xuntos conseguirémolo

TODOS/AS Todos por Toenius, Toenius ceibe!

segundo nos explicou Santos,  o noso guía e garda forestal, o castro non está excavado. Fixéronse prospeccións xa hai tempo e sábese que era un recinto moi grande con dúas murallas concéntricas e moitas casas circulares. Moitas das pedras que formaban o poboado, foron levadas e empregadas para construír casas nos pobos veciños. 

 

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.