0

Aforrar auga é un deber de todos

Ainhoa

Actividade: Inventa unha noticia para a revista ECO-Reporteiros pola paz. O tema sera colaboración cidadá e desenvolvemento sostible.

AFORRAR AUGA É UN DEBER DE TODO CIDADÁN
Veciños do concello de Toén, solidarízanse cunha veciña que estivo sen agua durante unha semana.

Unha veciña de Trellerma, do concello de Toén, Ana S.T., estivo sen auga durante toda unha semana debido a unha avaría nunha tubaria, que rebentou á causa do xeo.

Os veciños/as do pobo axudáronlle, traéndolle auga dunha fonte próxima, para que puidese asearse e facer a comida durante estes días de penuria.
Chamaron aos operarios do Concello e de Viaqua para que viñeran a arranxar este problema. O Concello de Toén comprometeuse a poñer unhas tubarias novas para que este suceso non se volva a repetir.
Temos que pensar que a auga é un recurso moi importante para as nosas vidas e para o medio ambiente e que é  limitado, por iso non se pode malgastar nin contaminar.
APROVEITAMOS PARA DARVOS ALGÚNS CONSELLOS PARA AFORRAR AUGA

– É recomendable ducharse en vez de bañarse.
– Pecha a billa mentres lavas as mans, fregas os dentes, os pratos …
– Non poñas a lavadora se non está chea.- Aproveita a auga da choiva para regar as plantas, lavar o coche …
– Instala cisternas eficientes nos baños.
– Non empregues pesticidas que acaban por filtrarse e contaminar as augas subterráneas.

Se segues estes consellos medio ambientais, estarás contribuíndo a mellorar a vida de todos os seres vivos.

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.