0

Creando conciencia medioambiental

Posted by estudante on 1 febrero, 2017 in Conmemoracións, Desenrolo sostible, Ecoloxía, Paz, Proxecto Documental, Reciclaxe |
Irene, Candela e Icía 

Actividade: Escribe unha noticia para o suplemento ecolóxico ECO-Reporteiros pola Paz. A temática versará sobre ecoloxía e benestar

CREANDO CONCIENCIA MEDIOAMBIENTAL NO CONCELLO DE TOÉN
Os alumnos/as de 6º de EP axudan a limpar o Concello para mellorar a paisaxe e ofrecer mellor benestar á veciñanza.

EPSON scanner image

Tempo que tardan en descompoñerse os residuos

Os contedores de lixo están a rebordar e nos montes encóntranse algúns vertedoiros incontrolados.

Os rapaces decidiron turnarse para limpar os bosques. Despois do esforzo realizado os nenos pensan que a xente aínda non está concienciada e/ou non aplica a regra dos tres R .

COÑECE A REGLA DOS 3 R
Reciclar: Someter materiais usados ou desperdicios a un proceso de transformación ou aproveitamento para que poidan ser novamente utilizados.

Non todo o papel pode reciclarse, como por exemplo, o papel hixiénico, o pano dos mocos ou o papel de cociña.
-As pilas hai que depositalas en contedores especiais e os medicamentos entregaranse nun punto SIGRE.

Reducir: Facer menor a cantidade ou a intensidade dun residuo.
-Todos podemos contribuír; reducindo a velocidade dos coches, utilizando o transporte público, poñendo a calefacción máis baixa, apagando os aparatos electrónicos ou non desperdiciando auga.

Reusar: Volver a utilizar algo, xeralmente cunha función distinta a que tiña orixinalmente
-Usar panos de mesa e manteis de tea en vez dos de papel.
-Doar a roupa e xoguetes que xa non usemos.
-Escribir polas dúas caras dos folios.
-Reusar as bolsas da compra.

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2020 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.