0

XIMNASIO AUTOEFICIENTE

Posted by estudante on 1 febrero, 2017 in Conmemoracións, Desenrolo sostible, Ecoloxía, Obradoiro Prensa, Proxecto Documental |
Lúa

ECO-Reporteiros pola paz. Inventa unha noticia que teña relación co tema das enerxías renovables e a colaboración cidadá

XIMNASIO AUTOEFICIENTE
NINGUNHA PERSOA PASARÁ FRÍO POR NON PODER PAGAR A LUZ

Os alumnos de 6º de primaria do CEIP Saco e Arce de Toén, puxemos en marcha este

EPSON scanner image

ximnasio co obxectivo de transformar a enerxia producida polo movemento da auga da piscina e da enerxía mecánica de pedalear nas bicicletas, en enerxía eléctrica.

Grazas a uns acumuladores, recárganse unhas baterías que abastecen de electricidade os fogares de Moreiras.

Un dos casos máis recentes é o de Sara unha veciña de Toén, que traballaba para unha empresa na cal fixeron recortes e foi despedida. Por desgraza non deu atopado un traballo a tempo e cortáronlle a luz por falta de pago. Grazas a este “ximnasio produtor de Enerxía renovable”, esta veciña pode ter luz e auga. O diñeiro que se aforra é doado a ONG Toén pola igualdade e xa se está pensado en instalar este tipo de ximnasio por todo o mundo.

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2020 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.