0

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Posted by salial on 3 febrero, 2017 in ciencias, Concursos, Investigación, Proxecto Documental, Redactamos |
Investigando, tolos pola ciencia
11 DE FEBREIRO. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Con tal motivo a Universidade de Vigo, convoca o I Concurso escolar de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Fai un ano a ONU decidiu propor o día 11 de febreiro como día Internacional da muller e a nena na ciencia para promover o incremento da participación das mulleres na ciencia. Con tal motivo a Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñería Informática e a Escola Enxeñería Aeronáutica e do Espazo en colaboración coa unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, convoca un concurso de redacción e debuxo.

TEMÁTICA
Visión do alumnado do papel das mulleres na ciencia. 

OBXECTIVOS:
1. Contribuír a potenciar a igualdade de xénero na educación
2. Promover o coñecemento por parte do alumnado do papel das mulleres na ciencia e na enxeñaría e as súas achegas ao desenvolvemento humano ao longo da historia.
3. Establecer un certame que axude a que se visualice o papel das mulleres na ciencia e na enxeñaría e que reflicta como son vistas pola sociedade.
4. Chamar a atención do alumnado sobre a ciencia, a enxeñaría e a súa contorna.

TAREFA:

Poderedes elixir entre as seguinte modalidades

_ Debuxo: Técnica libre con calquera material (lapis de cores, rotuladores, recortes para collage…). Presentarase en DIN A4.
_ Redacción: Manuscritos que se presentarán en folios brancos DIN A4 escritos por unha soa cara e cunha extensión máxima de 2 folios
– Os traballos presentados gardarán relación coas unidades temáticas estudadas de Ciencias da Natureza: Os Seres vivos, As funcións vitais, As dietas saudables.

Recursos para consultar:

  • http://www.quo.es/ciencia/seleccion-espanola-de-ciencia/maria-blasco-hemos-conseguido-retrasar-las-enfermedades
  • http://www.quo.es/ciencia/seleccion-espanola-de-ciencia/margarita-salas-tratamos-de-alargar-la-vida-sin-enfermedades
  • https://scientiablog.com/2016/02/12/descubriendo-cientificas/
  • http://www.hertechnohobby.deusto.es/decoteic/ingenieras-inventoras-y-cientificas/
  • http://hominidas.blogs.quo.es/2016/02/11/ninas-que-cambiaron-el-mundo-con-ciencia/
    http://www.vix.com/es/btg/curiosidades/2009/07/05/las-10-mujeres-cientificas-mas-importantes-de-la-historia
    https://es.wikipedia.org/wiki/Hipatia

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2017 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.