0

Isabel Torres, unha científica pioneira nun mundo de homes

Posted by estudante on 7 febrero, 2017 in ciencias, Concursos, Investigación, Proxecto Documental |
Estefanía

Redacción "A muller e a nena na ciencia"

Isabel Torres naceu en Conca en 1905 e estudou farmacia. En 1930 ocupou unha praza na Casa da Saúde, en Valdecilla (Santander), empezou traballando sen salario e sendo a única muller entre 70 médicos.

O seu traballo consistía en analizar o valor nutritivo dos alimentos que se servían aos pacientes co fin de elaborar e controlar as dietas.

En 1933 trasladouse a Madrid para traballar investigando sobre as vitaminas. Seguiu a súa investigación en Alemaña, onde se especializou en Fisioloxía do músculo e metabolismo intermedio dos hidratos de carbono.

En 1936 empezou a traballar sobre a estrutura da Vitamina K. En 1939 tivo que deixar a investigación e volver a traballar como farmacéutica.

Desafortunadamente as súas investigacións non recibiron o recoñecemento merecido.

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2020 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.