0

Isabel Zendal, sacrificio sen esperar gloria

Posted by salial on 8 febrero, 2017 in ciencias, Investigación, Proxecto Documental |
11 De febreiro día Mundial da Muller e da Nena na Ciencia

Isabel Zendal, recoñecida como a primeira enfermeira en misión internacional pola OMS

Isabel Zendal e a expedición da viruela

Isabel Zendal Gómez naceu en Ordes, A Coruña, na década dos 70 do S. XVIII, nunha familia moi humilde. Ao morrer súa nai de viruela, ela marcha servir á Coruña con só 13 anos. Aos 20 anos, comeza a traballar no Hospital da Caridade de A Coruña, primeiro como axudante e despois como rectora.

En 1803, Francisco Xavier Balmis, médico encargado de dirixir a expedición da viruela, pídelle a Isabel que reúna a 22 nenos para que viaxen á América portando no seu corpo a vacina da enfermidade.

A viruela é unha enfermidade infecciosa, que os españois contaxiaron á poboación americana provocando unha grande epidemia nos territorios de Ultramar.  O rei Carlos IV impulsou esta expedición co fin de distribuír de forma gratuíta a primeira vacina da historia. Consistía en provocar a enfermidade en grado leve,

Monumento en homenaxe aos nenos da expedición

Monumento en homenaxe aos nenos da expedición

inoculando o pus  dun enfermo a través da pel. Deste xeito o enfermo tiña moitas posibilidades de superar a enfermidade, quedando logo inmunizado.  

Na Casa do Home, en A Coruña, hai expostos varios documentos que recordan os nomes dos 22 nenos que participaron nesta a expedición da viruela -18 galegos e catro madrileños- nos seus brazos viaxou o remedio contra a viruela grazas ao descubrimento realizado poucos anos antes polo médico inglés Edward Jenner.

Isabel Zendal, debería ser unha heroína recoñecida xa que colaborou na distribución da primeira vacina da historia polo mundo enteiro e de xeito gratuito.

Isabel é a protagonista da novela “A flor de piel” de Javier Moro e de “Ángles Custodios” de Almudena Arteaga. Esta última novela foi levada ao cine co título “22 Anxos”.  

Fontes consultadas
  1. Enfermería,tv– documental
  2. Isabel Zendal, la primera enfermera de la Historia en Misión Internacional. Travelling Assistant.
  3. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/salud/2016/11/25/gallega-isabel-zendal-primera-enfermera-labor-internacional/0003_201611G25P33991.htm
  4. http://www.abc.es/espana/galicia/abci-isabel-zendal-unica-mujer-expedicion-viruela-revive-coruna-201612251159_noticia.html

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.