Elena García e os robots camiñantes
Sofía
3º premio no I Concurso de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Elena García naceu en Valladolid en 1971. Fixo a súa carreira doctoral sobre a estabilidade de robots camiñantes. Hoxe, é a investigadora principal e a fundadora de Marsi Bionics.
Grazas a ela, unha nena de 6 anos con tetraplexía puido volver a camiñar coa axuda do ‘‘exoesqueleto Atlas 2020”, un modelo máis tecnolóxico que inclúe maior eficacia e modernidade.
Este primeiro exoesqueleto biónico, está deseñado só para nenos/as e parece unha especie de peto mecánico duns 9 quilos de peso. Leva uns motores a altura das articulacións, é dicir, na cadeira, no xeonllo e no nocello e moitos sensores e sensores que interpretan o que o neno/a quere facer. Xa para rematar conta cunha batería dunhas 2 horas de autonomía.
O principal beneficio é que permite camiñar a rapaces sen mobilidade nas pernas e axuda a que estes pequenos/as non perdan tanta masa muscular.
Fontes consultadas: Lorena Sánchez. 10 científicas españolas de alto nivel ¡Cambia las cifras! Homínidas las mujeres ya no son materia oscura. Quo
ELENA MARTÍNEZ VELASCO, 8 JUN 2016– Investigadores españoles crean el primer exoesqueleto para niños con atrofia muscular espinal. El País
Concurso ciencia – Convoca Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñería Informática e a Escola Enxeñería Aeronáutica e do Espazo en colaboración coa unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.