0

Segue o rastro dos teus ancestros con Rebecca L. Cann

Posted by estudante on 9 febrero, 2017 in ciencias, Concursos, Investigación, Proxecto Documental |
Princesa non, mellor científica. Faro de Vigo

Fotografía Faro de Vigo

José Vidal


2º premio no I Concurso de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Rebecca L. Cann naceu en 1951, en Burlington, EEUU, segue viva na actualidade e reside en Honolulu, Hawai, onde é profesora no Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Universidade de Haway en Manoa.

Nos anos 80, Cann xunto cos científicos Stoneking e Willson, embarcáronse nun proxecto baseado no estudo do ADN mitocondrial (ADNmt) para seguir o rastro dos nosos ancestros.

Unha característica a ter en conta das mitocondrias, é que só se herdan por vía materna, o que significa que a descendencia só será portador do ADNmt da nai. Tras analizar os xenes de distintas mulleres, estableceron unha relación de parentesco que lles permitiu afirmar que todos temos un ancestro común: unha muller que viviu fai uns 200 000 anos en África.

Os resultados desta investigación foron presentados na súa tese de doutorado en 1982 e publicados na revista Nature, en 1987 e asinados por todos os coautores da investigación orixinal co título “ADN mitocondrial e evolución humana.”

Esta nai teórica de todos os seres humanos, pasou a chamarse popularmente EVA MITOCONDRIAL, é dicir, que se debuxaramos a nosa árbore xenealóxica, todos/as compartiriamos un antepasado común.

Os achados desta investigadora, son asumidos polos expertos como correctos.

Fontes contultadas: Rebecca Cann, al rescate de la “Eva mitocondrial” en el túnel del tiempo. http://mujeresconciencia.com/

Concurso ciencia – Convoca Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñería Informática e a Escola Enxeñería Aeronáutica e do Espazo en colaboración coa unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2017 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.