0

Recuncho poético: poemas de árbore

Posted by estudante on 21 marzo, 2017 in Árbore, Competencia lingüística, Creación literaria, Poesía, Proxecto Documental |
Proxecto documental: Investigando, tolos pola ciencia - Día da árbore
 OBXECTIVOS- coñecer as árbores que rodean a escola, desenvolver a creatividade, adquirir vocabulario, traballar o xénero lírico.
 ACTIVIDADES - Traballo en equipo. Escollede unha árbore do patio e investigade sobre ela. Tedes que escribir unha ficha descritiva e compoñer un poema.

GRUPO 2 – Vidal, José Eligio, Pablo e Lúa

O Pradairo

O pradairo do noso patio,
É alto como o colexio
Crece moi rápido
E dende a ventá o vexo.

O noso pradairo
é fácil de recoñecer
Ten o tronco branco
ti o podes ver.

Ten moitas flores preciosas
todas florecen no mes de abril
se as contas pasan dos dez mil
imposible contalas todas.

Os seus froitos son avións
caendo en verán do ceo azul
Gárdoos todos no meu baúl
entre os coches e os camións.

FICHA DESCRITIVA DO PRADAIRO

Acer pseudoplatanus

Falso plátano polas súas follas semellantes ás da devandita árbore.

Orixinario do centro e do sur de Europa

Árbore anxiosperma caducifólea.

Follas simples, opostas de  7-16 cm., palmeadas, máis anchas ca longas, beiras dentadas e pecíolos longos.

 

 

Flores hermafroditas ou unisexuais con pétalos pequenos de cor amarela verdosa, en acios de 6-12 cm. (inflorescencias colgantes)

 

 

 

Froitos secos con ás (sámora dobre) agrupados en acios.

A madeira desta especie é doada de traballar e tornear.

Fontes consultadas: O pradairo-Adela Leiro

Etiquetas: ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2020 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.