0

O aceite de palma

PDI: Investigando, tolos pola ciencia!
Desenvolvemento sostible.

Irene

Estamos a abusar do consumo do aceite de palma?
Moitos produtos á venta no supermercado contéñeno, e ningunha das autoridades sanitarias o prohibiron.

É un aceite de orixe vexetal que se obtén do froito da palma aceiteira. O froito desta palmeira é lixeiramente vermello (mesocarpio) e o aceite crú deste froito é unha fonte rica en vitamina E.

Outras vantaxes son: a súa produción é barata, non ten olor, ten textura untuosa e un efecto de conservante natural e de resistencia térmica.
É posible atopalo en alimentación (galletas, doces, cereais de almorzo,  chocolates, precociñados, margarina, gominolas…), cosmética (xabóns, cremas…) ou combustibles (biodiésel).

O malo é que ten graxas saturadas que están relacionadas co risco de padecer enfermidades no sistema circulatorio e por iso non podemos abusar del xa que nos pode producir colesterol.

Coas plantacións da palma aceiteira, estanse queimando os bosques tropicais, provocando a deforestación masiva o que aumenta o dióxido de carbono na atmosfera e o Efecto Invernadoiro. Tamén se está destruíndo o hábitat natural de moitos animais, o máis afectado é o Orangután, que está ao borde da extinción.

Nas nosas mans está o consumo responsable deste aceite para evitar os problemas ambientais, a destrución de hábitats naturais e os efectos negativos na nosa saúde.

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.