0

Freixendo

Posted by estudante on 10 junio, 2017 in As nosas raíces, Concellos, Investigación |
Traballo de investigación: E ti de onde es?

Jose Vidal – 6º de EP

FREIXENDO é un fitotopónimo que fai refencia aos freixos.

Xentilicio: freixendés/esa

ALONGOS podería ser un orónimo, fai referencia a que se extende ao longo do río.

Xentilicio: alongués/esa

Situación xeográfica
Freixendo é moi pequeno, por iso non é un pobo, senón unha aldea. Pertencemos á parroquia de Alongos no concello de Toén.

O Río Miño atravesa a aldea e na súa beira crecen Freixos, de aí o nome da aldea.

Poboación

En Alongos están censadas 299 persoas e en Freixendo somos uns 35 veciños aprox. e 19 casas (hai algunha que pasa deshabitada todo o ano).

Actividade económica:
É moi popular cultivar vide, xa que a uva é da denominación de orixe do Ribeiro.
Personaxe destacado de Alongos:
Juan Antonio Saco e Arce. O cole leva o seu nome. Foi crego e poeta,  autor da primeira Gramática da lingua galega.
Patrimonio de Alongos:
casa de Saco e Arce
casa da Corredoira: É unha casa señorial que ten numerosos escudos
Festas do pobo
O san Roque do 16 ao 19 de agosto
Ocio
-Pesca, bicicleta, sendeirismo.
-A Área recreativa de Alongos conta con parque saudable, parque infantil e un campo de fútbol e paseo fluvial  que está en bastante mal estado por falta de mantemento.

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.