0

Mugares

Posted by estudante on 11 junio, 2017 in As nosas raíces, Concellos, Investigación |
Proxecto de investigación: E ti de onde es?

Sofía, Julio e Estefanía – 6º EP

Situación xeográfica e poboación

Mugares está ao norte da provincia de Ourense a 6 Km da cidade.

Limita con :
-Moreiras
-Toén
-O Moreiro
-Alongos
-Piñor
-Fondón

Ten 331 habitantes e apréciase un grande envellecemento da poboación.

Actividade económica

Actualmente conta cunha importante industria de extracción de granito, de aí que a maioría das vivendas estean construídas en granito.

Consta de distintos barrios, chamados:

A Capela, O Cruceiro, O Gorgullón, A Zorreira, Os Valiños, O Outeiro, As Queimadas…

Lugares de interese:

 

  • A igrexa de Sta María de Mugares é unha igrexa de estilo renacentista, con fachada plateresca, porta de arco de medio punto e 2 torres. No seu interior consérvanse pinturas-murais do pintor de Banga do século XVI.
  • A capela
  • O palomar
  • Os canastros e a Fonte.
  • Xacementos arqueolóxicos de Louredo, entre as parroquias de Mugares e Alongos, onde se atoparon útiles de pedra do Paleolítico e do Neolítico. Posteriormente foi un asentamento castrexo

Festas populares:
O Entroido ten dous disfraces típicos:

-As “Señoritas” visten unha saia longa e unha camisa branca, con flores de papel cosidas na saia. Levan un pano ben colorido, sombreiro e unha cesta de flores.

-Os “Labardeiros” visten con pantalón e camisa branca, con flores de papel cosidas ao pantalón. Levan un cinto de campás, un gorro alto con flores e unha rede tapando a cara. Na man levan a labarda, instrumento típico,  para mallar o trigo.

A Pascuilla,  Domingo despois da Pascua.

Etiquetas:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.