Sobre nós

5

CURSO 2016-2017

Os rapaces e rapazas de 6º  colaboramos actualizando o blog cos nosos traballos, actividades sobre os miniproxectos que nos propoñen, á vez que compartimos información de interese para o desenrolo das clases.

CURSO 2015-2016

Durante o curso 2015-2016 seremos os de 4º curso, os que publiquemos os nosos traballos no Souto dos Laretas.  Estamos seguros de que imos aprender moito, aproveitando as vantaxes que nos ofrece Internet, á vez que compartimos experiencias e mostramos as nosas producións.

IMG_20160111_191201

CURSO 2013-2015
P1090828Este é o blog da clase de 5º e 6º do Ceip Saco e Arce de Toén. Mestres e alumn@s traballamos neste caderno dixital de xeito cooperativo, co fin de integrar as competencias básicas na vida real da aula. Trataremos de deseñar tarefas e actividades que permiten a consecución de mellores niveis de competencia, convertindo o blog nun lugar de participación a través de procesos de investigación e innovación.

O nome do blog é moi significativo:

SOUTO: Lugar poboado de árbores, carballos e castiñeiros. Terreo montañoso.

LARETAS: falangueiros, que falan en exceso

O grupo de 5º e 6º somos falangueiros e vivimos en Toén, O colexo está nun alto rodeado de bosque autóctono.

O mellor blog do curso 11-12

 1º premio ao mellor Blog do curso curso 2011-2012 (programa Prensa-Escola)

O Souto dos Laretas, foi galardoado con este recoñecemento por “a alta calidade dos traballos, polas 93 entradas moi traballadas e de gran calidade, que mostran unha grande variedade de fontes e de temáticas das noticias analizadas”. e tamén por “un excelente criterio á hora de empregar imaxe e outros elementos gráficos” e enfatizan “a boa factura da súa maquetación”

       

 

Galería de imaxes, recollida de premio e viaxe.

 

Para ler máis

 

 

5 Comments

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.