Alternativadivertida

4

Este espazo será o escaparate dos traballos que realizamos na área de Atención educativa, a alternativa que se imparte no noso centro chámase

Obradoiro de Prensa, da comunicación e das Artes.

Curso 2014-2015

IMG-20141206-WA0000

Concurso da ConstituciónSAM_3555
6.12.14
Hoxe é o 36º aniversario da nosa constitución.
E nós,  os da clase de sexto estamos tamén de celebración porque Brais Pazos é un dos premiados da 31ª Edición do Concurso da Constitución organizado pola Subdelegación do Goberno de Ourense.
Parabéns Brais!!

 

CELEBRANDO O SAMAÍN

A nós tocounos escribir o esconxuro de Samaín. E como somos moi creativ@s, reescribimos o Esconxuro da Queimada que é un texto arrepiante e terrorífico.. e este foi o resultado final. Queres ler a a versión d@s brux@s de 5º e 6º de EP? … A ver se hai sorte e segue tendo efecto ao pasar Santos.

 

BILLETE AO INSTITUTO

Alumn@s de 6ºP1090752

Este curso é o ano no que @s alumn@s de 6º de Primaria rematamos os nosos estudos no CEIP Saco e Arce de Toén e nos preparamos para comezar unha nova vida na Secundaria, novos amig@s, novos mestres…, pero dispomos dun ano enteiro para concienciarnos deste gran paso.

Diremos adeus aos mestres que nos educaron e ás festas que celebramos con eles durante a etapa de Infantil e de Primaria: O Magosto, O Samaín,  O Entroido e a Festa de Fin de Curso.

♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣

Curso 2012-2013

Edición dun novo nº da revista escolar cataventos:

 

O GALEGO NAS ARTES ESCÉNICAS

Roberto Vidal Bolaño, é o escritor e dramaturgo galego ao que se lle dedica este ano O Día das Letras Galegas. Sempre comprometido coa lingua galega viviu apegado aos escenarios, por todo isto, foi, é e será un referente na historia do Teatro Nacional Galego.

Traballou tamén como director, actor, doblador e guionista aínda que, ser director de cinema era a súa verdadeira paixón.

Dirixiu unha soa película e actuou en varios films e series, por exemplo:  Mareas Vivas, A lingua das bolboretas, Sempre    Xonxa…

Tarefas:

– Tomando a RVB como referente, debatir a presencia do galego no cine, nos medios de comunicación, en internet.

– Podemos escoller unha das películas nas que actuase R. Vidal Bolaño, seleccionar algúns fragmentos e comentalos.

embedded by Embedded Video

“A lingua das bolboretas”  é unha película ambientada nos anos 1935 e 1936 nunha aldea galega. Trata do amor e da admiración que lle ten un rapaz ao seu mestre… Iso sí que é unha novidade! pero tamén trata outros tópicos da época a guerra, as tradicións, as lendas e as nosas costumes.

1.Coñecer o contexto histórico: durante a película escribe frases e ideas, referentes ao contexto histórico no que está ambientad, ao final faremos unha posta en común e comentarémolas.

2. En que escenarios transcorre a película?  En que vila galega foi filmada?

3. Escribe o nome dos personaxes principais e secundadarios con  algún adxectivo que os describa.

4. Cal foi a escena que máis che impactou e por que?

– Deseñar o guión e gravar un corto, un lip dub ou un anuncio no que lle outorguemos á nosa lingua o poder que que ten.  A nosa lingua non está doente…, Vivamos en galego, como galeg@s que somos!

Enlaces de interese onde podes achar información relevante:

Roberto Vidal Bolaño, na RAG

RVB no cine

A súa obra

CRTVG A lingua das Bolboretas

—————————————————

Esta é a biografía que fixemos entre todos de RVB

embedded by Embedded Video

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

http://coledecolores.blogspot.com.es/2011_04_01_archive.htmlDo 11 ao 15 de marzo celebramos a semana da prensa na escola.

Actividades:

Ides a escribir CRÓNICAS dos acontecementos que teñan lugar no centro: exposicións, actividades extraescolares, visitas…

Para iso, 1º tedes que saber que é unha crónica:

– A palabra Crónica provén do grego “chronos” ou o que é o mesmo Tempo. Queda claro que é importante estruturar a noticia seguindo unha secuencia temporal. Unha crónica é un XÉNERO PERIODÍSTICO que presenta información obxectiva duns feitos, seguindo unha secuencia temporal e que ademáis inclúe a opinión persoal do autor/a.

Planifica, escribe e logo revisa a túa crónica. Axústase ao que se che pide? Empregas o vocabulario axeitado, repites palabras, segues unha secuencia temporal, a túa opinión está clara…

—————————————-

A mellor maneira de celebrar o día da árbore é… Plantando ÁRBORES.

Estela Araújo

O 21 de marzo é o día da árbore e coincide coa chegada da primavera. Para conmemorar esta data J. Santos, un técnico forestal, veu ao colexo a darnos unha charla medioambiental e a realizar unha plantación no patio.

Santos, comezou cunha presentación sobre a situación das árbores e dos bosques, sobre todo en Galicia e en Ourense. Falounos do seu valor ecolóxico e recordounos todos os recursos que obtemos delas e do benestar que nos proporcionan:

Xeneran biodiversidade, reducen a contaminación, transforman o CO2 da atmosfera en osíxeno, dannos froitos, madeira, papel, menciñas, biomasa …

A esta charla asistiron todos os nenos do cole, e creo que a mensaxe chegou a moitos deles que manifestaron, que xa adoptaran un bo comportamento medioambiental nas súas casas: separando o lixo, consumindo menos e respectando e coidando as árbores e os bosques do seu redor.

Recordounos que se viamos un incendio chamasemos ao nº 112, que é igual para todos  (agás en Inglaterra que teñen outro nº), que insistiramos as veces que fixera falta. Tamén da importancia de saber orientarnos para non perdernos cando iamos ao monte e para situar calquera incidencia como podía ser un incendio.

Sobre as 12 do mediodía deixou de chover, así que decidimos baixar a plantar algunhas árbores. Este ano plantamos Freixos, érbedos, bidueiros e cancereixos. Santos explicounos moitas cousas moi interesantes, como por exemplo que unha pedra a carón da árbore, proporciónalle humidade durante o verán e que o cancereixo é unha árbore que está en perigo de extinción, os seus froitos son semellantes ás cereixas e son o  alimento de moitas aves.

Ao rematar os traballos de plantación, Santos foi tan xeneroso que nos agasallou cuns regalos chupiguais: unhas camisetas, uns cadernos de campo, lapis para os nenos de infantil, unhas instruccións para que recordemos o importante que é reciclar e unhas árbores para que plantemos na nosa casa ( Freixos, acivros, abeleiras, castiñeiros…)

—————————

UN CONTACONTOS EN TOÉN

•María Rodríguez

Inacio VilariñoHoxe visitou o noso colexio un contacontos chamado Inacio Vilariño. Contounos unha extensa fábula do autor italiano Gianni Rodari, que narraba a historia dun burro que non sabía quen era. Pensaba que era un cantante de ópera, e para comprobalo foi a un concurso na televisión; tamén cavilaba que podía ser un can, pero como non sabía ladrar, descartou esa idea. Ata que se mirou no espello, o burro non se deu conta de que era un animal con orellas grandes, peludo e dentudo.

Inacio ensinounos que en Perú chamábanlle ao burro “piejeno”. Logo, continuou cunha “historia encadeada” que dicía: o demo maldeciu o ferreiro que afiou a navalla que pinchou o pato que bebeu o regato que apagou o lume que queimou o pau que bateu no can que tragou o burro que o Rei Curro os cartos tornou. E finalizou a visita cunha canción, tocando unha mini guitarra e un chifro.

A visita de Inacio pareceume unha experiencia preciosa. Creo que tanto @s máis pequen@s coma nós, @s máis maiores, disfrutamos moitísimo. Paréceme moi importante que un contacontos sepa tocar instrumentos, rematar dicindo que é un comunicador excepcional e por iso  tod@s quedamos coa boca aberta.

 

————————————————————

Os nenos e nenas de Toén disfrutan da visita de Inacio Vilariño

•Estela Araújo

O día 11/03/2013 os nenos e nenas de Tóen disfrutan dunha divertida sesión de contacontos na súa escola.

Este luns, Inacio Vilariño veu contar uns contos ao nen@s do colexio de Ceip Saco e Arce de Toén.

Inacio dedícase a escribir, pero tamén ás artes escénicas. Dirixe a compañía “Fantoches Baj”, coa que ten representado varias obras e xa ten gañados varios premios: no ano 2009 gañou o VII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques para adultos coa súa obra “Auga que non has beber” e ao ano seguinte foi o gañador do VIII Premio Barriga Verde na modalidade infantil con “Fábula Galénica”.

Na súa actuación, Inacio encheu de alegría e satisfación aos nen@s do Ceip Saco e Arce, que non paraban de aplaudir: “ É moi gracioso e creativo, encántame ” dicía una nena de 9 anos” “Ensinounos unha canción moi graciosas e todos aprendemos os xestos” dicía un neno de 11 anos. Outra nena dicía ”Toca moi ben o ukelele”.

Na miña opinión, fai moi ben o seu traballo e o máis importante e que fai rir aos nenos e nenas, só nos queda esperar a súa próxima visita.

———————————————

SESIÓN DE CONTACONTOS NO COLEXIO DE TOÉN

•Lucía Pérez

Ó 11 de marzo do 2013, os alumnos do CEIP Saco e Arce, disfrutamos da visita do contacontos lalinense Inacio Vilariño.

embedded by Embedded Video

Todo o centro disfrutou do relato de diversas historias sobre burros: de onde viñan, como o home os puxera a traballar… algunhas das historias estaban baseadas nas fábulas de Gianni Rodari. A parte de contar contos tamén tocaba o ukelele co que acompañou varias historias.

Aos nenos e ás nenas, gustoulles moito, sobre todo, porque tocaba cancións, acompañábaas con xestos que tod@s fomos aprendendo e facía parbadas.

Gustoume moito, foi moi divertido. A maioría dos contacontos, non cantan cancións nin tocan ningún instrumento, foi grata sorpresa. Encantoume!

——————————————–

INACIO VILARIÑO, UN CONTACONTOS CON MOITA IMAXINACIÓN

•Águeda González

O día 11/03/13 deprazouse ata o noso colexo Inacio Vilariño, ¡un contacontos con moita imaxinación!

pequemúsicaO noso contacontos centrouse nas fábulas de burros de Gianni Rodari. Inacio relatounos contounos a historia dun burro que non era burro, é dicir, tiña unha crise de identidade. Era artista, can… e cando se mirou nun espello e descubriu que tiña unhas grandes orellas, un rabo, unhas pezuñas, a cara chea de pelo…

Eu entendín que a moralexa desta fábula é que por moito que queiras cambiar o teu aspecto, sempre, SEMPRE serás ti e hai que estar ORGULLOSOS!

O seguinte conto é unha cadea de feitos desafortunados, e todo pola culpa dun burro lacazán que lle roubou cartos ao rei…, que se o can non traba o burro, o pau non bate no can, o lume non queima o pau… Non houbo tempo para o aburrimento!

E por se esto era pouco Inacio tamén é músico! Acompaña os seus relatos e cancións cun “ukelele” o que aínda facía máis amenos as súas historias.

Teño que recoñecer que a min gustoume moito. A enerxía e expresividade de Inacio é contaxiosa… Agardámolo outro día!!

———————————————-

OS DEREITOS DA INFANCIA NA PRENSA DIARIA

“O neno Can” é un libro de relatos de Fina Casalderrey e Francisco Castro, que denuncia os abusos que se cometen contra a infancia e  as terribles condicións que soportan nenos e nenas no mundo enteiro.

Xa sei que moitos de vós xa o lestes porque é un libro de lectura recomendada deste trimestre. Eu lino hoxe e conmoveume moito.

Aproveitando que o día 20 de novembro celebramos a XXII aniversario da Convención dos dereitos do neno e que este libro fai referencia a declaración universal dos dereitos da infancia.

TAREFAS:

  1. Terminade de ler o libro.
  2. Quen aparece en todos os relatos, cal cres que é a intención dos autores?
  3. Facede unha presentación sobre os dereitos da infancia.
  4. Buscade na prensa noticias que traten sobre algúns dos dereitos estudados e subir un resume ou comentario. É preciso que indiques a fonte e o día——————————————————–

Noticia reescrita por Estela Araújo

O 40% dos pais españoles descoñece que os seus fillos menores están en redes sociais

ABC.es Medios e redes

http://www.abc.es/medios-redes/20121212/abci-hijos-menores-redes-sociales-201212121417.htmlMoitos dos nenos menores de idade  teñen unha conta aberta en Facebook, Inteco o Fundetec.  Os pais deberían implicarse neste asunto, pero a realidade é que moitos nin sequera saben que os seus fillos menores teñen unha conta.

O estudio ‘¿Confiamos en Internet?” analizou o coñecemento que teñen os pais con fillos menores, sobre a actividade destes nas redes sociais. Entrevistaron a 716 persoas e obtiveron os seguintes datos:

Un 40 % dos pais españois descoñece a presencia dos seus fillos nas redes sociais.

Un 59,6% dos pais recoñece que os seus fillos participan moi activamente nas mesmas.

O 35,8 % dos pais españois non exerce ningún tipo de control sobre a presencia dos seus fillos menores en Internet. Os pais que manifestan exercer algún tipo de control dos usos de navegación dos seus fillos realizan maioritariamente o control presencial e, en segundo término, empregan a restricción na navegación.

O 95,3% dos pais entrevistados manifestan que os seus fillos nunca sufriron ningún tipo de acoso en internet, solo un 4,3% declara habelo padecido.

E por último un 76,20% dos pais afirma que seus fillos navegan menos de 10 horas semanais.

Dereito: Protección da infancia á súa intimidade en Internet.

Os pais teñen dereito e a responsabilidade de orientar aos seus fillos.

——————————————————–

Noticia reescrita por María Domínguez

TITULO: Estudiantes de A Fonsagrada quedaron sen clase pola neve

A predicción de MeteoGalicia anuncia que as baixas temperaturas e os ventos do norte continuarán ata o fin de semana

LUGO / LA VOZ

28 de novembro de 2012 09:16

Cinco estudiantes do IES Fontem Albei, de A Fonsagrada, non puideron acudir a clase por culpa da neve. Os autobuses escolares non puideron facer a ruta escolar.

A neve tamén caeu no alto de e O Cebreiro, onde os termómetros marcaron un grado baixo cero, aínda que a sensación térmica era bastante inferior debido ao vento do norte.

A Garda Civil de Tráfico de Lugo sinalou que non se produciran  incidentes de importancia nas carreteras galegas e que en todas se circulou con normalidade.

Dereito: “O neno debe, en todas as circunstancias, figurar entre os primeiros que reciban protección e socorro.”

————————————————————-

Noticia comentada por Lucía Pérez

Esta noticia incumpre un dereito infantil: en tempos de guerra os nenos non poderán ser recrutados coma soldados.

17-09-2012 La Región

A ONU denuncia que os grupos opositores sirios utilizan a nenos como soldados.

A Alta Comisionada da ONU para os Dereitos Humanos, denunciou hoxe ante o Consello dos Dereitos que os grupos armados da oposición Siria utilizan a nenos coma soldados no conflito.

As informacións indican que tanto as forzas do Goberno como os grupos armados da oposición despregaron francotiradores que disparan contra os civís neste conflito que xa dura 18 meses.

A alta Comisionada , que lamentou que o Goberno de Damasco siga sen colaborar coa comisión de investigación e cos órganos dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas.

As forzas gubernamentais seguen cometendo numerosas violacións dos dereitos, entre as que se inclúen detencións arbitrarias, torturas, violencias sexuais e execucións, entre elas de mulleres e nenos.

——————————————————————-

A FAME PLANEA SOBRE OS MÁIS DÉBILES

Noticia reescrita por Águeda González

Día:23-11-12

<<GaliciaHoxe.com>>

Esta noticia incumpre o dereito de que todos os nen@s teñan dereito a disfrutar dunha boa alimentación e dun fogar seguro.

A miseria asoma aos fogares con menores; o que leva a que un 20% dos nenos galegos pasen fame. No nº 183 de Tempos Novos de agosto di literalmente que “a pobreza e a fame non son xa discutibles.

Por todas partes, xorden iniciativas sobre alternativas para remediar estas tráxicas situacións, polo menos, a grande parte da sociedade máis desfavorecida.

Só algúns datos indicativos, como os que nos da “El Correo Gallego”: “A pobreza infantil aumentou un 10% en España e xa pasa do 26%. A miseria asoma no 13, 7% dos fogares con menores”. En fin, trátase dunha situación que esperamos que no futuro vaia a mellor.

Águeda, estou segura de que o podes facer mellor. Agardo a que a completes.

———————————————————

DEREITO: Dereito ao xogo. Dereito á igualdade

Noticia reescrita por María Rodríguez

UNHA CAMPAÑA POLO XOGUETE UNISEX

El País, 26 de novembro do 2012.

http://mkinternal.blogspot.com.es/2012/11/unha-campana-polo-xoguete-unisex.htmlUnha nena disparando, un neno acunando un bebé de xoguete ou xogando cunha casiña de bonecas. Tres anos despois de haber suscitado unha polémica en Suecia por reforzar os estereotipos de xénero, a compañía Toys’R’Us anunciou unha campaña de neutralidade na presentación do seu catálogo de xoguetes para este Nadal 2012. Iso si, só para a súa franquicia neste país.

O novo folleto foi modificado na versión sueca para evitar acusacións sobre discriminación sexual ou desigualdade. A empresa asegura que recibiu axuda e asesoría do Reklamombudsmannen, o observatorio sueco de autorregulación da publicidade; pero en 2008, un grupo de estudantes da escola Gustavslund, en Växjö, denunciou ao Reklamombudsmannen por reforzar os estereotipos de xénero ao presentar aos nenos en actitudes de acción e ás nenas como princesas e mais nos seus catálogos.

Moitos catálogos de xoguetes para nen@s son obxecto de críticas porque reforzan a idea de que os nenos prefiren os xoguetes de acción mentres que as nenas só queren princesas. En concreto, o comité do Reklamombudsmannen encontrou que, en conxunto, o catálogo de Nadal de Toys’R’Us de 2008 presentaba “unha visión limitada dos xogos infantís e da elección dos xoguetes. Ademais, a exclusión de nenos e nenas en diferentes tipos de xoguetes é, en si mesma, degradante para ambos xéneros”.

——————————————————————

Noticia reescrita por María Alvarez

Sanidade propón a educación implantar unha hora diaria de exercicio físico nos colexios

El Correo Gallego- 28/11/12

Durante a Convención NAOS, a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, recordou que as cifras de obesidade e sobrepeso na idade infantil en España son “dramáticas”, xa que un 45 por cento dos nenos de 6 a 9 anos sofren exceso de peso .

O seu obxectivo será ampliar a actividade física en horario escolar. Na actualidade é de 2 a 3 horas e preténdese ampliala ata 5 horas semanais.

Tamén se está traballando nunha nova regulación da publicidade de alimentos e bebidas dirixidas a nenos e xóvenes co fin de protexer aos menores, garantindo contidos publicitarios seguros e que non induzan a engano nin a comportamentos perigosos para a saúde.

Dereito: A saúde,  a educación.

————————————————

Noticia comentada por Alex Estévez

ATLÁNTICO. Edición dixital
Internet cambia o perfil  dos ludópatas, ahora de 18 a 25 anos.
Mércores, 28 de noviembre de 2012
A Asociación Galega de Adictos ao Xogo de Azar calcula que hai entre 3.000 e 6.000 vigueses adictos ao xogo, internet e  as compras compulsivas.
Entre o  1% e o 2% da poboación a nivel estatal ten un problema de ludopatía, sobre todo polo abuso de máquinas tragaperras e xogos on line.
O perfil do paciente cambiou nos últimos 20 anos. Antes, o ludópata era unha persona casada de 35 a 43 anos, que gastaba ao ano entre 30000 e 40000 euros e afectaba a todas as clases sociais. Actualmente, o perfil pasa a ser  un solteiro  de 18 a 25 anos  cun gasto anual de 6000 euros e que é un estudiante, un parado ou asalariado.
Juan Lamas, que dirixe a asociación afirma que o xogo non é malo pero o problema aparece cando hai unha pérdida de control e o individuo se converte nun adicto.
Resulta curioso que deportistas famosos, que son modelos de esforzo diario,  anuncien na tele xogos on-line ou casas de apostas en Internet.
Esta noticia podería tratar os seguintes dereitos:  Dereito á saúde e propiciar actividades recreativas propias da idade, evitando xogos que poidan perxudicar a saúde.
Está claro que con 18 anos xa non estamos falando de nen@s, xa é un maior de idade. A profe♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣

CON EFRÉN NOS XOGOS OLÍMPICOS

Debido á influencia que provocan os Xogos Olímpicos nas nosas vidas é necesario coñecer máis sobre os que veñen de rematar e sobre a historia dos xogos.

Os Xogos Olímpicos e Paralímpicos reflexan o sacrificio, o traballo individual e en equipo, o espíritu de superación, a busca de solucións, a aceptación dunhas regras,o respecto, o acato á autoridade, e a aprendizaxe de aceptar a derrota, o fracaso…

“Os hábitos bos adquiridos na xuventude son os que marcan a diferencia” Aristóteles.

Infórmate sobre:

  1. Que son os Xogos Olímpicos?
  2. Por que se chaman olímpicos?
  3. Cal é a diferencia entre Xogos Olímpicos e Olimpíadas?
  4. Tipos de xogos olímpicos e variantes.
  5. Que representan os cinco aneis de cores do logo dos Xogos Olímpicos?
  6. Que cidade española foi sede olímpica? En que ano?
  7. Que outras cidades foron sedes dos Xogos Olímpicos?
  8. Cal é a túa categoría olímpica preferida?
  9. Investiga sobre os medallistas españois de London 2012
  10. Todos os xogos teñen o mesmos logos, lemas e mascotas? Investiga e infórmanos.
  11. Inventa un lema para os nosos xogos.
  12. A mascota dos nosos xogos olímpicos: Efrén. Fai o teu propio deseño.
  13. Cales son as actitudes e os valores que deben promoverse no deporte e tamén na vida cotiá para ter éxito?———————————————————-

♦ TRABALLO ÁGUEDA GONZÁLEZ

1 e 2-  Os xogos olímpicos (chamados así por celebrarse na cidade de Olimpia na antigüidade) son eventos deportivos nos que participan atletas de diversas partes do mundo. Comezaron no ano 776 Na antiga Grecia eran dedicados ao deus Zeus. As mulleres non podían participar neles  nin sequera velos, só os cidadáns homes participaban e o seu premio era unha coroa de olivo, o honor e a gloria.

4- Existen dous tipos: os de verán e os de inverno.

Unha curiosidade con respecto a actualidade é que na antiga Grecia tódolos conflitos armados eran suspendidos durante os Xogos, decretábase unha especie de tregua para tódolos participantes.

Os xogos olímpicos, estiveron moitos anos sin celebrarse ata que un home chamado “Pierre De Coubertin” que era un pedagogo historiador é coñecido como o fundador dos xogos olímpicos modernos en 1896. Tamén inventou un lema: “ citius, altius, fortius” (que significa: mais alto, mais rápido, mais forte) .

O significado da antorcha olímpica é: “Que la Antorcha Olímpica siga su curso a través de los tiempos para el bien de la humanidad cada vez más ardiente, animosa y pura.”

A chama olímpica incorpórase un mes antes dos xogos olímpicos.

11 Inventa un lema  para os nosos xogos.

“SE EU PODO, TÍ TAMÉN”

————————–

♦ Presentación de María Rodríguez

Con Efrén nos Xogos Olímpicos. Presentación

—————————————

♦ Debuxo de Estela Araújo

Deseño da mascota:

CON EFRÉN NOS XOGOS OLÍMPICOS.

—————————————

♦ Presentación de María Domínguez

Información sobre os xogos olímpicos.

————————————–

♦ Presentación de Lucía Pérez

OS XOGOS OLÍMPICOS

♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦♦

Xuño 2012

Acabamos de editar o último nº da nosa revista escolar Cataventos na que aparecen publicados varios dos nosos traballos de Alternativa.

Cataventos

————————————

A prensa na aula

Mostra de actividades realizadas coa prensa.

activ_xornal

♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣

Maio 2012

Corto: Solo quiero alegrarte el día

( Realizado para la clase de Audiovisuales de la EASD de Murcia)

SEGUIMOS COA NOSA TAREFA DE APRENDER DO CINE.

ESTA VEZ COMENTAMOS UNHA CURTAMETRAXE. DO QUE SE TRATA, CON ESTE TRABALLO, É DE APRENDER DOS DEMAIS, DE TER A MENTE ABERTA A TODO E DE MIRAR AO REDOR CON ATENCIÓN, PARA APRENDER, PARA INFORMARNOS…PARA COMPRENDER QUE NA VIDA AS COUSAS IMPORTANTES, NON SON COUSAS…!

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Tras mirar esta curtametraxe escribe unha valoración persoal sobre ela.

Comentario: María De Melo Domínguez

Título: Solo quiero alegrarte el día.

• Duración: 4 minutos e 12 segundos.

• Intérpretes: Laura Pellicer Fuentes y Ignacio Muñoz.

• Argumento: Laura Pellicer Fuentes, hija del empresario Joaquín Pellicer tuvo un accidente hace un año y medio y se quedó tetraplégica. Hace unos días su novio, que llevaba desde el accidente sin visitarla la fue a ver vestido de mimo y así durante una temporada y uno de esos días se quitó el maquillaje entonces su novia que ya nunca más había movido un músculo sonrió.

• Valoración personal: A mi me parece que esta historia transmite muchos sentimientos; como la alegría , la esperanza … y por eso me parece preciosa .

————————————————————————–

Comentario: Alex Cid Rey

• Título: “SOLO QUIERO ALEGRARTE EL DÍA”

• Duración: Dura 4 minutos.12 segundos

• Director: José Manuel Fuentes Muñoz.

• Intérpretes: Laura Pellicer e Ignacio Muñoz.

• Argumento: Trata de un señor que trabaja de payaso para que la chica, que tuvo un accidente y está enferma, al verlo se alegre y se anime, ayudándole a superar su enfermedad.

• Valoración personal: Enseña el cariño que Ignacio le tiene a Laura y me pareció un corto muy bonito.

————————————————————————–

Comentario: Alba Rodríguez Pacheco

• Título: “Solo quiero alegrarte el día”

• Duración: 4 minutos

• Director: José Manuel Fuentes Muñoz

• Argumento:

Una chica, después de un accidente, queda tetrapléjica. A lo largo de año y medio después del accidente la chica no muestra signos de mejora. Pero aunque ella no lo sabe su novio, después de ser tratado en el hospital a causa del accidente, todos los días se va a la ventana de su novia a intentar hacerla sonreír. Y lo consigue.

• Valoración personal:

Al principio del corto no se entiende nada pero después lo comprendes todo.

Me ha gustado mucho por el hecho en que se demuestra que el corazón de una persona que te quiere y que intenta por encima de todo que mejores, vale más que mil médicos.

——————————————————–

Comentario: Martico

Solo quiero alegrarte el día

Duración: 4 minutos

Director: José Manuel Fuentes Muñoz

Argumento:

Tras un gravísimo accidente Laura queda tetrapléxica e non pode mover ningún músculo. Seu mozo que desaparecera tralo accidente preséntase cada mañá fronte a súa casa, vestido de mimo para alegrarlle o día.

Un día ela recoñéceo e sorrille. Así comezará a súa recuperación.

Valoración persoal:

A curtametraxe gustoume, porque ensina que a vida sen amigos non ten sentido e que hai que sacrificarse polos demáis. Ademáis que hai que ser responsable ao conducir.

 

♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣

Abril de 2012

Despois de ver a película Héroes Escribide unha reseña sobre ela.

HEROES por Miguel Cruz

 

Xavi e os seus amigos: Cristina, Colo, Roth e Óscar queren competir nunha carreira

para gañar e así conseguir unha cabaña nunha árbore. Constrúen unha carrilana, pero por desgracia aoa probala cae por unha costa e rompe.

Outro equipo chega nas motos e búrlanse deles. Entón os amigos enfádanse e Xavi marcha triste na bicicleta. Ao cruzar a estrada, un camión lévao por diante e Xavi morre. Os amigos quedan tristes pensando que a culpa fora deles e pídense perdón uns aos outros.

Esta película tamén ten unha parte de cando son maiores. Anos despois os amigos, xa adultos encóntranse pero non se recoñecen.

Ao final todos se meten no pantano e entran na cabaña tan desexada.

Esta película encantoume e recoméndovola a tod@s.

_____________________________________________

Heroes por Raida Pinto

O   día    26   vimos unha  pelicula que se titulaba  HEROES     e   trata   sobre    catro    nenos     que   loitan    por    unha  cabana. Quen   gañase unha carreira,  podería  quedar    con  ela

para  sempre. As súas ilusións non chegarán a facerse realidade porque a carrilana de madeira que constrúen estrágaselles cando estaban probándoa.  A pandilla pelexa e un deles marcha e atropéllao un camión. Esto deixaos moi tristes.

Ao cabo duns anos   encóntranse e aínda que a primeira impresión non foi moi boa ao final todo acaba ben.

Foi unha película que me fixo rir e tamén chorar. Recoméndovola porque é moi bonita.

____________________________________________

Heroes por Martín Álvarez

É unha película que trata da amizade e da unión que fai a forza.

 

Vai dunha pandilla de 5 rapaces que participan nunha carreira. O premio para o grupo gañador é unha cabaña. Xavi é o principal protagonista, ademais é o que pasa polo peor xa que ten problemas coa familia. Aínda que é un pouco triste, de lagrimiñas e todo, tamén ten escenas que te fan rir.

Como a película transcorre no pasado e no presente, o maior reto da película é descubrir quen é quen. Custa saber quen son os protagonistas que aparecen no presente. Eu creo que a pelicula esta ben pero fáltalle un pouco de acción.

___________________________________________

Heroes. Alba Rodríguez

Heroes é unha película que conta a historia dunha pandilla de amigos, cando eran adolescentes e agora que xa son adultos. Cada verán participan nunha carreira contra máis grupos para gañar unha cabaña preciosa no monte. Eles non o saben, pero ese ano será o último ano en que compitan pola cabaña, xa que o pobo quedará anegado por un encoro. Cando Xabi, un rapaz do grupo se entera da construcción do encoro, líase nunha disputa cos seus amigos e moi enfadado marcha e sucederalle unha terrible traxedia.

Xa no futuro reúnense todos na cabaña, como unha homenaxe ao seu amigo Xabi, agora situada no medio do pantano.

Gustóume moito a película, demostra que o poder da amizade pode con calquer cousa.. Bueno, gustoume todo… menos o final

___________________________________________

Heroes  por María De Melo

Algunha vez pensaches que pasaría se te atopases cunha persoa que era o teu mellor amigo de pequeno e agora xa nin o coñecías? Normalmente cando che pasa iso tráeche a cabeza moitos recordos de cando erades pequenos, as veces bos… e as veces malos.

Pois disto é do que trata a película Heroes.

Unha pandilla de amigos vai participar nunha carreira para conseguir unha cabaña máxica. Constrúen unha carrilana para poder participar, máis cando a van probar a carrilana perde os freos e cae costa abaixo sen control. Por moito que os rapaces se esforzaron en collela  non conseguiron parala e a carrilana acaba detrozada. Isto desata unha serie de pelexas entre os amigos e o final Xabi, un dos rapaces sae a correr coa bici e ó chegar á estrada atropéllao un camión. Por desgraza non sobrevive e todos quedan moi tristes. Anos despois os amigos reúnense na vella cabaña para remembrar ó seu amigo e pedir con todas as súas forzas que alá onde estea sexa feliz.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣ ♣

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

4 Comments

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.