About hugohervella

Posts by hugohervella:

0

O coidado do medio e os inimigos das árbores.

Posted by hugohervella on 19 marzo, 2016 in Conmemoracións, Desenrolo sostible, Ecoloxía |
Semana escolar da árbore e da auga

O coidado do medio natural:

Os bosques son o fogar de moitos seres vivos, pero tamén son os pulmóns da terra. Debemos coidalos e protexelos porque o noso benestar depende en gran medida da saúde dos bosques. Que podemos facer?

No cole plantamos varias árbores cada ano.

No cole plantamos varias árbores cada ano.

Ter especial coidado en non contaminar os bosques, prohibido botar lixo.

Os incendios son grandes inimigos dos nosos bosques, cando vexas un incencio chama ao 085 (Incendios forestais da Xunta de Galicia)

A tala indiscriminada tamén é un atentado contra os bosques e contra o medio natural xa que nos afecta a todos, ademais as árbores favorecen o ciclo da auga.

É importante repoboar con especies autóctonas coma os carballos e as sobreiras, estas últimas teñen unha cortiza que as protexe do lume.

Os inimigos das árbores:

Moitos incendios son provocados. Acacia- Planta invasora procedente de Australia E unha avespa de orixe asiático.
  • O lume.
  • As especies invasoras como a mimosa, as avespas asiáticas (que atacan as as abellas e as avespas para alimentarse.
  • Enfermidades coma o cancro do castiñeiro.
  • Plagas como algúns vermes, p.e. a procesionaria do piñeiro.
  • O lixo, por exemplo un chisqueiro tarda en desaparecer mil anos ao igual que as pilas.

Etiquetas: , ,

0

Tira cómica

Posted by hugohervella on 11 marzo, 2016 in Banda Deseñada, Conmemoracións, Obradoiro Prensa, Proxecto Documental |

Día da Muller & Semana da Prensa

Etiquetas: , ,

0

O traballo periodístico

Posted by hugohervella on 7 marzo, 2016 in Banda Deseñada, Conmemoracións, Obradoiro Prensa, Prensa-Escuela, Proxecto Documental |

SEMANA DA PRENSA & Día Internacional da Muller 1ª Reunión do equipo de traballo: Escoller ao redactor/a xefe. Coñecer as seccións do xornal. Decidir que traballo periodístico vai presentar cada un. A profe dinos cales son as funcións do Redactor/a Xefe: Ten que ocuparse de que haxa contidos variados, orixinais, que sexan verídicos… Pode aportar suxerencias, […]

Etiquetas: ,

0

PRESENTACIÓN CASTREXOS

Posted by hugohervella on 17 febrero, 2016 in Banda Deseñada, Barbanzóns, Castrexos, Proxecto Documental, Sin categoría |

Proxecto: Vivamos como barbanzóns. Presentación de diapositivas usando a aplicación “Presentacións de Google” sobre os castrexos

Etiquetas: ,

0

Bo entendemento entre castrexos

Posted by hugohervella on 29 enero, 2016 in Barbanzóns, Castrexos, Paz, Proxecto Documental, webquest |

Barbanzóns e toenienses asinan a paz  tras un longo enfrontamento. As dúas tribos non queren pelexar máis. Salgadinha e Con acordan non facer máis guerras. “Foi unha  guerra moi dura e moi longa, destruíuse un anaco do castro de Toenius e en Baroña houbo moitos feridos” afirmaba o xefe barbanzón. Hoxe en día, estase reconstruíndo […]

Etiquetas: , , ,

0

Banza

Posted by hugohervella on 8 enero, 2016 in Banda Deseñada, Barbanzóns, webquest |

O meu Barbanzón favorito é Banza porque é divertido e é un oso, un dos meus animais preferidos. Todos o tratan coma un máis da familia.

Etiquetas: , , ,

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.