About malvarezcastro

Posts by malvarezcastro:

0

Monumentos de Mugares.

Posted by malvarezcastro on 11 junio, 2013 in As nosas raíces, Cidadanía, Concellos, Investigación |

NON SE AMA O QUE NON SE COÑECE

 

A igrexa de Santa María de Mugares é un monumento do século XVI. A súa fachada ten estilo plateresco, con dúas torres a ámbolos dous lados. No interior destacan as pinturas ao fresco do pintor manierista Banga. Ao seu carón está a casa parroquial, onde vivía o cura ata fai moi pouco tempo.

Hai tamén na parroquia:

     

fonteA Fonte do Tellado, de estilo románico, está cuberta e ten unha imaxe da virxen co neno. Ao lado desta fonte hai tamen un lavadeiro que usaban as mulleres para lavar. Tamén era lugar de reunión e cotilleo.

 

 

cruceiro

O noso Cruceiro  foi desprazado do seu lugar orixinal e agora atópase no lugar chamado O Cruceiro.

 

 

 

Unha capelaque era  a antiga igrexa do pobo. 

Hai moitos canastros na cima do pobo,  pero por desgracia están en ruinas.

 

Tamén hai un palomar circular cun tellado de tella.

Etiquetas: , , ,

0

Os meus xogos tradicionais favoritos

Posted by malvarezcastro on 9 mayo, 2013 in + E mellor Actividade Física, Tempo de lecer, Xogos populares |

Xogos tradicionais galegos Os meus xogos favoritos son os zancos e o peón Os zancos é un xogo de habilidade e equilibrio. Precísanse uns zancos que son dous paus dereitos, cun taco ancho de madeira na parte de abaixo onde se colocan os pés. O tamaño do zanco varía sengundo a estatura do xogador. Antigamente […]

Etiquetas: , , ,

0

Tocar a gaita nun piso xa é posible sen medo as denuncias por exceso de “ruído”

Posted by malvarezcastro on 26 abril, 2013 in Concursos, Obradoiro Prensa, Prensa-Escuela |

X Concurso Prensa-Escuela infantil 2013, Mellor Periodista Infantil Modalidade B  Javier Ramiro, un músico vigués, ven de presentar na Escola de Gaitas da Real Banda de  Ourense  a Insogaita, un novo accesorio para as gaitas, que reduce nun 70 % o son emitido por este instrumento tradicional.  Este gaiteiro, agora no paro, ideou unha especie de bolsa […]

Etiquetas:

0

A figueira

Posted by malvarezcastro on 16 abril, 2013 in Conmemoracións, Creación literaria, webquest |

Recuncho literario – Palabra de árbore – De pé, no medio da horta, tras o seu sono esperta, a solitaria figueira ao chegar a primavera. Os xílgaros e os merlos agardan impacientes, pousados nas súas polas a que medren as súas follas. Énchese o aire de calor e a figueira recupera a súa cor, ao seu […]

Etiquetas: , ,

0

Recuncho Medioambiental

Posted by malvarezcastro on 16 abril, 2013 in Cidadanía, ciencias, Desenrolo sostible, Ecoloxía, Investigación, webquest |

– Palabra de árbore- Das árbores obtemos moitos beneficios: Producen osíxeno, imprescindible para a vida no planeta. Purifican o aire. Protexen o chan da erosión. Axudan a aforrar enerxía. Proporciónannos leña para quentarnos no inverno. Proporcionan sombra e bonitos paisaxes. Reducen o ruído. Protexen aos animais que habitan ou dependen dela. Para concluir as árbores, […]

Etiquetas: , , ,

0

A figueira

Posted by malvarezcastro on 16 abril, 2013 in ciencias, Ecoloxía, Investigación, webquest |

PALABRA DE ÁRBORE. RECUNCHO CIENTÍFICO A figueira é unha árbore caducifólea,  froiteira, de pequena estatura e crecemento lento. Medra espontáneamente en terreos rochosos e incluso en vellos muros de cachotes, onde poucas plantas atopan profundidade. Nome científico: Ficus carica Localización da miña árbore: Na horta da nosa casa, en Mugares As súas follas son palmeadas cun […]

Etiquetas: , ,

0

O Castiñeiro

Posted by malvarezcastro on 9 abril, 2013 in ciencias, Conmemoracións, Ecoloxía, Investigación, webquest |

O Castiñeiro común, Castanea Sativa, é unha árbore moi común nos montes de Galicia. Aos bosques de castiñeiros chámanselle Soutos. A súa madeira é de gran  calidade e emprégase na fabricación de mobles e trabes.  É unha árbore de folla caduca. As follas miden entre 10 e 25 cm. Son lanceoladas, aserradas e alternas, coa beira […]

Etiquetas: , , , ,

0

Día Internacional da Muller contra a violencia de xénero

Posted by malvarezcastro on 9 marzo, 2013 in Obradoiro Prensa |

“El día Internacional de la Mujer contra la violencia de género” 08/03/13 – El Correo Gallego A primeira celebración do Día Internacional da Muller celebrouse o 19 de marzo de 1911 en Austria, Alemania, Suecia, e Dinamarca e neste acto participaron máis dun millón de mulleres. Ademais do  dereito ao voto e a ocupar cargos […]

Etiquetas: , , , , ,

1

Reescribindo “O neno can”

Posted by malvarezcastro on 4 febrero, 2013 in Cidadanía, Creación literaria, Novas tecnoloxías, Obradoiro Prensa, Valores |

“Temos dereito a desenvolver hábitos saudables, sen drogas, a recibir coidados médicos, e a vivir nun lugar sen contaminación e agradables. Debemos alimentos axeitadamente, coidar da propia hixiene, facer exercicio e desenvolver hábitos ecolóxicos”. Esta é a noticia que escribimos do relato titulado O NENO CAN. Vivindo na máis extrema pobreza-  por David Martínez e  María […]

Etiquetas: , , , , , , ,

0

City of Ember

Posted by malvarezcastro on 23 diciembre, 2012 in Cidadanía, Ecoloxía |

Onte, en cidadanía, estivemos a ver a película City of Ember. A  poboación vive baixo terra, debido a que o planeta se fixera un lugar inhabitable a causa da contaminación. Os científicos que  construíron a cidade,  contaban que uns 200 anos, serían  suficientes para que o exterior se recuperase, así que deixan as provisións e instrucións para […]

Etiquetas: , , ,

Copyright © 2011-2020 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.