About mariaro

Posts by mariaro:

0

TRELLERMA: O MEU POBO

Posted by mariaro on 19 junio, 2013 in Alternativa, Cidadanía, Concellos, Investigación |

Non se ama o que non se coñece

Trellerma é un pequeno pobo situado ao sur do Concello de Toén. Conta con diversos monumentos moi antigos, que seguidamente vos explicarei con máis detalle.

A capela de San Antonio. Unha sinxela ermita de reducidas dimensións, ten moitos anos, pero aínda hoxe se celebran alí moitas das misas na honra a San Antonio de Padua.

A fonte

Dende hai moitísimos anos, as señoras do pobo veñen a este lugar para lavar a roupa.

A ponte do río

Aínda que vos pareza estraño, por Trellerma discorre un pequeno regato. Enriba del, hai unha ponte de madeira, construída hai moitísimo tempo. Cantos bos ratos ao seu carón!

A escola vella

Os máis maiores do pobo estudaron aquí cando eran cativos coma nós, e aínda non se construira o noso cole.

Palco de música da Alameda de Trellerma

Durante as festas do pobo, que transcorren a segunda semana de setembro, a banda de música toca enriba deste palco.

E ata aquí os monumentos do meu pobo, Trellerma. Se algún día queredes vir de visita turística, recibireivos cos brazos abertos! 😉

Etiquetas: , ,

0

O noso cole, a orixe

Posted by mariaro on 11 junio, 2013 in As nosas raíces, Cidadanía, Investigación |

O pasado venres, os alumnos de 6º e a nosa profe, Sali, estivemos investigando sobre o noso cole. Buscamos información nun libro de actas mooooooi antigo, e quedamos abraiados ao descubrir a verdadeira historia do noso cole. Averiguamos que: – Inaugurouse no curso 81- 82, co nome de Colexio Público de Toén, sendo directora Mª Carmen […]

Etiquetas: , ,

0

Vidal Bolaño, protagoniza o día das Letras Galegas

Posted by mariaro on 16 mayo, 2013 in As nosas raíces, Conmemoracións, Investigación |

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela no ano 1950 e morreu nesta mesma cidade no ano 2002. Foi  autor, dramaturgo e autor galego de grande relevancia para as nosas letras. Traballou como empregado de banca, pero a súa paixón sempre foi o teatro. En 1974 fundou o Grupo Antroido e con el, acudiu […]

Etiquetas: ,

0

AS TABAS

XOGOS TRADICIONAIS O xoves Lito, Vero e Silvia visitaron o noso cole para xogar con nós ás tabas, un xogo popular moi coñecido en Galicia. AS TABAS Tamén chamadas astrágalos, pero, se os metes na boca, has tragalos! Materiais: Para xogar empréganse cinco ósos dos nocellos de calquera animal herbívoro (ovellas, cabalos, vacas…) Tamén se […]

Etiquetas: , , ,

0

A PORCA

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS A porca é un xogo popular galego, que foi pasando de xeración en xeración ata nós, os rapaces e rapazas do CEIP Saco e Arce de Toén. Dende que Lito, Vero e Silvia viñeron ao cole a ensinarnos como xogar, non paramos! Xogamos na clase de Ed. física e en tódolos recreos que […]

Etiquetas: , , ,

0

ROPITS: MADE IN JAPAN

Posted by mariaro on 26 abril, 2013 in Concursos, Obradoiro Prensa, Prensa-Escuela |

NOTICIA CONCURSO MELLOR PERIODISTA INFANTIL categoría B A empresa xaponesa Hitachi deseñou un prototipo dun vehículo eléctrico destinado principalmente ás persoas da terceira idade ou con problemas de movilidade. Tras introducir unhas coordenadas, o vehículo leva ao/á ocupante ao seu destino. A este prototipo chamáronlle ROPITS. Para detectar baches ou espazos emprega mapas tridimensionais. No […]

Etiquetas:

0

Aprendices de xornalista

Posted by mariaro on 26 abril, 2013 in Obradoiro Prensa |

ALUMN@S DO COLEXO DE TOÉN APRENDEN OS SEGREDOS DO XORNALISMO CO PROGRAMA PRENSA-ESCUELA. Un xornalista no centro. MIGUEL ASCÓN, Redactor da Voz de Galicia na Edición de Ourense fálanos do seu traballo. Toén, 22 de abril de 2013 María Rodríguez, Estela Araújo e Yesica Ribeiro Os alumnos e alumnas do CEIP Saco e Arce de […]

Etiquetas: ,

0

O DÍA DA TERRA

Posted by mariaro on 23 abril, 2013 in Cidadanía, Conmemoracións, Creación literaria, Desenrolo sostible, Ecoloxía |

 A terra é un planeta que se atopa nos Sistema Solar, como está moi enferma, nós témola que coidar. Papeis e residuos tiramos no monte. Miles e millóns deles non hai quen os conte! Con todo isto producimos o cambio climático, unha catástrofe universal; dígoche eu que imos acabar mal! Pero temos unha solución: coidar […]

Etiquetas:

0

A MIÑA SOBREIRA

Posted by mariaro on 13 abril, 2013 in ciencias, Conmemoracións, Creación literaria, Investigación, webquest |

Obradoiro Literario Miña sobreira frondosa dasme vida e dasme sombra  es cariñosa e falangueira entre as árbores, a primeira. Se a nós non nos gusta que ensucien o noso fogar a ti tampouco che agrada                 que o teu o queiran queimar     Vou coidarte cada día e […]

Etiquetas: , , , ,

0

O CEIP Saco e Arce recibe a visita dun axente forestal

Posted by mariaro on 25 marzo, 2013 in Conmemoracións, Desenrolo sostible, Ecoloxía |

Coma todos os anos,   e coincidindo co día da árbore, recibimos a Santos, un axente forestal que percorre os centros educativos dando charlas medioambientais, e orientacións prácticas para realizar plantacións de árbores autóctonas, algunhas en perigo de extinción, como é o caso do cancereixo. Comezou a súa exposición mostrándonos unhas aterradoras imaxes de diversos […]

Etiquetas: , ,

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.