O Souto dos Laretas http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas Caderno Dixital do CEIP Saco e Arce de TOÉN Sun, 03 Dec 2017 14:23:26 +0000 es-ES hourly 1 Despedida http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/07/01/despedida/ http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/07/01/despedida/#respond Sat, 01 Jul 2017 20:33:48 +0000 http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/?p=6629 Esta será a última entrada que publique no Blog. Clausúrase o Souto dos Laretas, digo adeus aos Laretas, sigo o meu camiño, pero un cachiño do meu corazón queda aquí, gravado en cada letra, en cada vídeo, en cada imaxe. Nel tamén colaboraron profes que xa marcharon coma Pepe e mestres que ainda están: María, Iván e por suposto Carmen.  Non teño palabras para agradecervos que vos deixarades a pel  para que este proxecto fose adiante, para darme ideas ou mellorar as que tiña. Grazas aos pais/nais que enviástedes comentarios de ánimo e parabéns. Foi un pracer e ata sempre! Sali

Xeración dos Laretas 2017

Fotos da despedida

Despedida musical dos alumnos/as: Dicímosche adeus con música!

Dicimos adeus cantando. from Efren Esquio on Vimeo.

Comida con anteriores xeracións de Laretas

grupo eso

Cos compañeiros/asmestres

Grazas amigos, non me pechedes a porta, porque penso volver de visita  en busca de consello, axuda, e para compartir experiencias e novos proxectos.

]]>
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/07/01/despedida/feed/ 0
Trellerma http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/13/trellerma/ http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/13/trellerma/#respond Tue, 13 Jun 2017 14:52:24 +0000 http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/?p=6614 Proxecto de investigación: E ti de onde es?

Ainhoa

Trellerma é unha aldea da parroquia de Trelle, no concello ourensán de Toén.Ten unha poboación de 69 habitantes, 33 homes e 36 mulleres, segundo o INE

O Xentilicio de Trelle é Trellense e o de Trellerma é Trellermés/esa

LUGARES DE INTERESE

  1. O Castro de Trelle: está situado a uns 600 m de altitude, ten 2 recintos en forma de terrazas ovaladas, superpostas e concéntricas que rematan en dous terrapléns.
  2. Eirexa de Nosa Señora dos Anxos: dunha nave de planta rectangular con muros de sillería.
  3. Capela de San Antonio de Padua

FESTAS

2º domingo de setembro: San Antón de Trellerma.

2 de agosto: Festa da Nosa Señora dos Anxos de Trelle.

]]>
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/13/trellerma/feed/ 0
Moreiras http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/12/moreiras-2/ http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/12/moreiras-2/#respond Mon, 12 Jun 2017 09:09:08 +0000 http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/?p=6587 Traballo de Investigación: E ti de onde es?

Lúa, Icía – 6º EP

Moreiras– derivado do latín mora, froito da moreira.

O Xentilicio é moreirense.

Moreiras ten 804 habitantes e é o principal núcleo de poboación do concello. Limita con Barbadás, e os pobos de Trelle, Toén e Mugares.

LUGARES DE INTERESE:

  • A Igrexa de San Pedro de Moreiras conserva restos románicos e foi rematada no siglo XVIII, conta cunha magnífica fachada barroca e un interesante cruceiro. No interior destaca o retablo gótico.
  • O hospital psiquiátrico de Moreiras, abriu as súas portas en 1959. Só eran homes e cerrou no 2012, hoxe está abandoado e destrozado debido a actos de vandalismo.
  • Xacementos arqueolóxicos: A Piteira e O Loureiro (Moreiras) correspondentes ao Paleolítico.
  • Na casa da cultura está a biblioteca, celébranse as festas e ensaia a Rondalla.

CULTURA:

Numerosos veciños e veciñas forman parte da rondalla de Moreiras.

FESTAS:
3 de febreiro: San Brais.

29 de xuño: San Pedro de Moreiras.

]]>
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/12/moreiras-2/feed/ 0
Toén http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/12/toen-2/ http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/12/toen-2/#respond Mon, 12 Jun 2017 08:53:31 +0000 http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/?p=6583 Traballo de investigación: E ti de onde es?

Irene, Pablo e José Eligio

Topónimo: Toén

Xentilicio: toenés/toenesa

Toén

Localización xeográfica:
É a capital municipal do Concello de Toén na provincia de Ourense, conta cuns 432 habitantes e dista 8 km da cidade de Ourense.

Actividade económica:
Hai algúns cultivos de invernadoiros e explotacións en granxas de galiñas e polos, carpintarías e pequenas empresas de construcción.
Clima:
Hai unha forte oscilación térmica, cun verán cálido, un inverno frío, bastante néboa e pouca choiva.
Lugares de interese:
-Igrexa de Santa María de Toén
-Capela de Toén
-Diversidade de paisaxes
-Centro médico cunha construción moi modernista.
Cultura:
Temos unha escola que se chama CEIP Saco e Arce. Saco e Arce son os apelidos de Juan Antonio Saco e Arce, que naceu en Alongos (Toén) o 8 de marzo de 1835 e faleceu en Ourense o 14 de setembro de 1881. Foi un escritor e lingüista, autor da primeira gramática da lingua galega.
Tamén hai dous centros máis que se chaman:
-Centro de día para a 3ª idade
-Escola infantil (A galiña azul)
Festas:
San Antón, 1º fin de semana de setembro

Fontes consultadas: Galicia pueblo a pueblo. Xunta de Galicia. La Voz de Galicia

]]>
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/12/toen-2/feed/ 0
Mugares http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/11/mugares/ http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/11/mugares/#respond Sun, 11 Jun 2017 20:04:49 +0000 http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/?p=6585 Proxecto de investigación: E ti de onde es?

Sofía, Julio e Estefanía – 6º EP

Situación xeográfica e poboación

Mugares está ao norte da provincia de Ourense a 6 Km da cidade.

Limita con :
-Moreiras
-Toén
-O Moreiro
-Alongos
-Piñor
-Fondón

Ten 331 habitantes e apréciase un grande envellecemento da poboación.

Actividade económica

Actualmente conta cunha importante industria de extracción de granito, de aí que a maioría das vivendas estean construídas en granito.

Consta de distintos barrios, chamados:

A Capela, O Cruceiro, O Gorgullón, A Zorreira, Os Valiños, O Outeiro, As Queimadas…

Lugares de interese:

 

  • A igrexa de Sta María de Mugares é unha igrexa de estilo renacentista, con fachada plateresca, porta de arco de medio punto e 2 torres. No seu interior consérvanse pinturas-murais do pintor de Banga do século XVI.
  • A capela
  • O palomar
  • Os canastros e a Fonte.
  • Xacementos arqueolóxicos de Louredo, entre as parroquias de Mugares e Alongos, onde se atoparon útiles de pedra do Paleolítico e do Neolítico. Posteriormente foi un asentamento castrexo

Festas populares:
O Entroido ten dous disfraces típicos:

-As “Señoritas” visten unha saia longa e unha camisa branca, con flores de papel cosidas na saia. Levan un pano ben colorido, sombreiro e unha cesta de flores.

-Os “Labardeiros” visten con pantalón e camisa branca, con flores de papel cosidas ao pantalón. Levan un cinto de campás, un gorro alto con flores e unha rede tapando a cara. Na man levan a labarda, instrumento típico,  para mallar o trigo.

A Pascuilla,  Domingo despois da Pascua.

]]>
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/11/mugares/feed/ 0
Freixendo http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/10/freixendo/ http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/10/freixendo/#respond Sat, 10 Jun 2017 16:02:33 +0000 http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/?p=6578 Traballo de investigación: E ti de onde es?

Jose Vidal – 6º de EP

FREIXENDO é un fitotopónimo que fai refencia aos freixos.

Xentilicio: freixendés/esa

ALONGOS podería ser un orónimo, fai referencia a que se extende ao longo do río.

Xentilicio: alongués/esa

Situación xeográfica
Freixendo é moi pequeno, por iso non é un pobo, senón unha aldea. Pertencemos á parroquia de Alongos no concello de Toén.

O Río Miño atravesa a aldea e na súa beira crecen Freixos, de aí o nome da aldea.

Poboación

En Alongos están censadas 299 persoas e en Freixendo somos uns 35 veciños aprox. e 19 casas (hai algunha que pasa deshabitada todo o ano).

Actividade económica:
É moi popular cultivar vide, xa que a uva é da denominación de orixe do Ribeiro.
Personaxe destacado de Alongos:
Juan Antonio Saco e Arce. O cole leva o seu nome. Foi crego e poeta,  autor da primeira Gramática da lingua galega.
Patrimonio de Alongos:
casa de Saco e Arce
casa da Corredoira: É unha casa señorial que ten numerosos escudos
Festas do pobo
O san Roque do 16 ao 19 de agosto
Ocio
-Pesca, bicicleta, sendeirismo.
-A Área recreativa de Alongos conta con parque saudable, parque infantil e un campo de fútbol e paseo fluvial  que está en bastante mal estado por falta de mantemento.

]]>
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/10/freixendo/feed/ 0
Cataventos 2017 http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/03/cataventos-2017/ http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/03/cataventos-2017/#respond Sat, 03 Jun 2017 11:13:51 +0000 http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/?p=6557

Portada-> Lúa de 6º curso. Temática: Importancia das mulleres na ciencia

Contraportada ->  Candela, Gabriel , Joel e Sofía, alumnos/as de 5º e 6º. Temática:  robótica e tecnoloxía.

Con artigos que detallan numerosas experiencias e investigacións relativas á astronomía, á química, á física, á arqueoloxía, á zooloxía, á robótica e ao desenvolvemento sostible que son as ramas da ciencia que representa cada clase.

]]>
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/03/cataventos-2017/feed/ 0
E ti, de onde es? http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/01/e-ti-de-onde-es/ http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/01/e-ti-de-onde-es/#respond Thu, 01 Jun 2017 14:37:31 +0000 http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/?p=6568 img001

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN

Describe o teu pobo: localización, habitantes, monumentos, festas, tradicións…

Investiga o significado do topónimo da túa localidade e sinala se fai referencia a algún dos termos da táboa que se achega.

Saberías dicir cal é o xentilicio da túa aldea/pobo? 

 

FLORA

Fitotopónimos

FAUNA

Zootopónimos

 

RELEVO

Orónimos

 

AUGA

Hidrotopónimos

RELIXIÓN

Haxiónimos

 

ASENTAMENTO HUMANO

 

 

Para facer o traballo, debedes:

-Formar equipos de traballo por lugar de procedencia

-Distribuír o traballo. Cada membro do equipo asumirá responsabilidades concretas: documentación, redacción, imaxes, pasalo ao ordenador.

-Buscar información a través de diversas fontes: biblioteca, xornais, internet, consultar co concello, testemuñas orais…

-Seleccionar e decidir cales serán os contidos que incluiredes, con información clara e ordenada

-O texto escribirédelo en galego, empregando Documentos de Google e compartirédelo co grupo e comigo.

-Data tope de entrega o luns 12 de xuño.

Fontes para consultar:

http://www.toen.es/

http://www.linguagalega.org/unidades/deondees/index.html

]]>
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/06/01/e-ti-de-onde-es/feed/ 0
A Galiña azul http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/05/18/a-galina-azul/ http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/05/18/a-galina-azul/#respond Thu, 18 May 2017 20:20:34 +0000 http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/?p=6544 “A galiña azul” é un conto de Carlos Casares cunha clara mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza. Nós representámola no Festival das Letras Galegas.

A galiña azul (documento en pdf)

Fontes consultadas: Seminario Galán

]]>
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/05/18/a-galina-azul/feed/ 0
O aceite de palma http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/05/11/o-aceite-de-palma-2/ http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/05/11/o-aceite-de-palma-2/#respond Thu, 11 May 2017 15:58:58 +0000 http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/?p=6534 PDI: Investigando, tolos pola ciencia! Desenvolvemento sostible.

Irene

Estamos a abusar do consumo do aceite de palma?
Moitos produtos á venta no supermercado contéñeno, e ningunha das autoridades sanitarias o prohibiron.

É un aceite de orixe vexetal que se obtén do froito da palma aceiteira. O froito desta palmeira é lixeiramente vermello (mesocarpio) e o aceite crú deste froito é unha fonte rica en vitamina E.

Outras vantaxes son: a súa produción é barata, non ten olor, ten textura untuosa e un efecto de conservante natural e de resistencia térmica.
É posible atopalo en alimentación (galletas, doces, cereais de almorzo,  chocolates, precociñados, margarina, gominolas…), cosmética (xabóns, cremas…) ou combustibles (biodiésel).

O malo é que ten graxas saturadas que están relacionadas co risco de padecer enfermidades no sistema circulatorio e por iso non podemos abusar del xa que nos pode producir colesterol.

Coas plantacións da palma aceiteira, estanse queimando os bosques tropicais, provocando a deforestación masiva o que aumenta o dióxido de carbono na atmosfera e o Efecto Invernadoiro. Tamén se está destruíndo o hábitat natural de moitos animais, o máis afectado é o Orangután, que está ao borde da extinción.

Nas nosas mans está o consumo responsable deste aceite para evitar os problemas ambientais, a destrución de hábitats naturais e os efectos negativos na nosa saúde.

]]>
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/2017/05/11/o-aceite-de-palma-2/feed/ 0