PDI: Escola de Pintores

0

Escola de Pintores

Comezamos este curso poñendo en marcha un novo  proxecto 

ESCOLA DE PINTORES.

Con el pretendemos achegarnos ao mundo da ARTE,
A arte é unha boa estratexia para a educación porque  potencia o pensamento crítico, reflexivo e creativo.Estimula  a sensibilidade e a capacidade  para imaxinar, buscar e inventar e crear.
Segundo  o manifesto “20 razóns polas que a arte é boa para os nenos” do Museo de Arte para nen@s  MOCHA (Museum of Children’s Arts- Oakland, California, USA), a arte estimula o cerebro, fomenta a autoestima, favorece a coordinación e a expresión, ensina a pensar e a resolver problemas. A arte é valiosa por sí mesma e, a través dos seus traballos, os rapaces/as aprenden a valorarse a sí mesmos e a mundo que os rodea.

BLOGUESQUÍO – O Blog da Biblioteca Escolar do CEIP Saco e Arce


1ª Tarefa:

1º Escribe a túa descrición e a continuación debuxa como te ves a tí mesm@

2º Que pintor/a  poderíamos escoller como nome da nosa aula? Por que?

3º Colocar o nome na porta da aula. Deseño e realización do rótulo

4º Informarse sobre o pintor/a, que sabemos e que queremos saber.

RETRATOS E  AUTORRETRATOS

antiaTeño 11 anos e vivo nun pobo no Concello de Toén, coa miña nai e os meus avós. Son filla única, pero gustaríame moito ter un irmán para poder pasar o meu tempo libre xogando e coidando del como boa irmá maior. Estudo no colexio de Toén e vou en 6º de Primaria.
O que máis destaca da miña face é o meu pelo longo de cor castaño. Teño os ollos de cor marrón verdoso, un nariz pequeno e unha boca pequena, ademáis son baixa e delgada e gústame moito vestir de xeito informal.
Cando teño que falar cara o público son moi tímida, pero cos meus compañeiros son moi extrovertida. As miñas afeccións son xogar ao fútbol, ao baloncesto, ao badminton, escoitar música… e moitas cousas máis.
No meu tempo libre gústame ir en bicicleta polo meu pobo para facer carreiras cos meus amig@s e xogar as agachadas. Non me gusta moito cantar nin bailar porque non se me dá moi ben.
A verdade é que non estou moi decidida sobre o que quero estudar nun futuro, pero aínda falta moito tempo para esa decisión.

braisOla!, teño 11 anos, vivo en Toén co meu pai e coa miña nai. Estudo 6º de primaria no colexio de Toén.

Son medianamente alto e delgado, teño o pelo castaño e curto, os ollos marróns e grandes, un nariz pequeno e uns beizos carnosos. Son moi extrovertido e algo graciosillo, eu creo que son un neno con sorte, teño que probar a botar a lotería.
Gústame xogar a moitos deportes, como o baloncesto o fútbol o bádminton.
Cando fai bo tempo gústame andar en bici por pistas de terra co meu pai. A que non sabedes o que nos ocorreu? Que… Case nos perdemos!!! Por culpa do GPS que non funcionaba ben. Se vos digo a verdade pasei algo de medo.

Cando fai mal tempo e non podo saír, fago debuxos de paisaxes e retratos de persoas e animais. Gústame axudarlle á miña nai a facer biscoitos tartas…, ata doces de fondant en 3d.
Cando sexa maior quero ser inxenieiro de pontes e carreteiras.

alexOla!, teño 11 anos, estou a cursar 6º curso e para o ano irei para secundaria. Nacin en Ourense pero vivo en Moreiras, un pobo de Toén, cos meus pais e co meu irman pequeno que é un pouco trasno, pero ainda así eu quéroo moito.
Son alto, nin n moi gordo nin fraco. Teño os ollos grandes e azuis, uns beizos carnosos e o nariz grande. O meu pelo é castaño claro, curto e gústame levar tupé.
Son moi cómico e amable, tamén son cariñoso ainda que ás veces póñome de malos fumos, pero no fondo son una boa persoa.
No meu tempo libre gústame xogar ao fútbol, tocar o violín e debuxar, debuxo moito e moi ben. Encántame contar chistes e facer rir á xente.
Gústanche os animais? Eu teño un can e tres gatos, dúas femias e un macho. Sempre ando a xogar co eles e encántame pasar un bo rato tranquilo disfrutando da natureza.

lorenaOla!,  teño 11 anos e vivo en Ourense en Galicia. Teño unha irmá maior, e a verdade é que aínda que non me gusta que me dea ordes, é moi divertida e pasámolo xenial xuntas. O que máis nos gusta é xogar co noso can e sacalo a pasear.
Son bastante alta, se me deran unha moeda por cada vez que me din que aparento un ano máis… Non sei que faría con tantas moedas! Non son nin moi fraca nin moi gorda. Teño o pelo castaño e longo, pero non moito; teño os ollos moi grandes e de cor mel, cando me da o sol no verán, dinme que os teño verdosos, ainda que eu nunca me vin os ollos verdes a verdade! Levo gafas porque teño miopía aínda que non me fai moita graza iso de levar gafas.
Son unha nena alegre e un pouco tímida e cando estou diante de alguén falando ou espoñendo algún traballo na clase póñome moi, moi nerviosa, non podo soportalo!
Gústame moito xogar ao baloncesto,ainda que me gusta máis o voleibol, tamén me gusta moito a música e o meu cantante favorito é Ramón Melendi.

cristianOla, teño 12 anos e vivo na Valenzá.
Son un neno de estatura mediana, moreno, de ollos marróns, gústame levar o pelo curto e crecho. Na meixela dereita teño uns lunares que me difenrenzan do Adrián o meu irmán xemelgo, este rasgo tamén axuda aos profes e compañeir@s a diferenciarnos. Levo gafas azuis porque teño miopia e non vexo nin un pemento de lonxe.
Gústame comer moito, por iso estou un pouco gordecho!, o meu prato preferido son as patacas fritidas.
Este ano por primeira vez apunteime nun deporte, o rugby, gústame moito participar nos partidos, correr e pasar a pelota.

antonOla, teño 10 anos e vivo en Moreiras cos meus pais e co meu irmán Duarte que ten ano e medio e asegúrovos que fala chino porque non hai quen lle entenda nin unha palabra.
Teño o pelo rizo longo e castaño e os ollos grandes e marróns. Son de estatura media, medirei uns 143 cm máis ou menos e son delgado.
Son falador e non son tímido, aínda que ás veces cústame facer novos amig@s.
A miña comida favorita é a sopa e tamén as espinacas igualiño que Popeye e non me gusta nada a brecol e as fabas.

Gústame a música, toco a batería e o piano, son un verdadeiro rockeiro e o meu grupo preferido é Metálica. Andar en bici co meu pai é outra das miñas afeccións.

A min de maior gustarÍame vivir nos Ánxeles, ter unha gran mansion na colina dunha montaña, un helicóptero, unha moto e un barco, por soñar esperto… que non quede!

rafaOla!, teño 11 anos e nacín en Ourense. Vivo coa miña nai e co meu irmán pequeno que ás veces, acábame  coa paciencia.

Son alto e nin moi gordo nin moi fraco. Teño uns ollos grandes e de cor marrón claro. O meu pelo é de cor negro pero coa luz vese marrón.
Son tímido pero cos meus amigos falo moito. Gústame facer rir aos demais, pero o que non me gusta é que me insulten ou estar aburrido. As miñas afeccións preferidas son: o padel, o fútbol e andar en bici. Xogo ao padel co meu tío, xogo ao fútbol no colexio e tamén nun equipo e ando en bicicleta no meu tempo libre só ou cos amigos.
Encántanme os animais, quería ter un can pero a miña nai non está pola labor, así que temos un gato. É de cor branca e encántalle xogar.

adriTeño 12 anos, curso 6º de primaria e vivo na Valenzá.
A miña estatura é mediana, son moreno, de ollos marróns e levo o pelo curto e crecho. Ao lonxe non vexo ben por iso levo gafas xa que teño miopia. Estou gordiño,porque me gusta comer moito.
Teño un irmán xemelgo chamado Cristian, somos case idénticos, eu teño dous remuíños nos cogote e moita xente recoñéceme por este rasgo.

Ás veces o meu irmán métese comigo e eu enfádome moito, pero a auga nunca chega ao río e ao final sempre estamos xuntos. Cristian é o meu mellor amigo.

hugoOla,teño dez anos. Nacín en Ourense e agora vivo en Toén cos meus pais e coa miña irmá pequena. A miña casa non ten xardín, parece pequena pero cando a ves por dentro é moi grande. Tamén vive con nós a nosa cadela Sasha.
Eu son alto e estou delgado, teño os ollos verdes claros e grandes, o meu pelo é castaño, a miña pel é  morena. Non son nada tímido, gústame facer amigos e falar con toda a xente.

Encántame o fútbol, o meu equipo favorito é o Real Madrid; tamén o baloncesto, son da Selección Española e este ano tamén me afeccionei ao rugbi.

damianOla, teño 10 anos e levo varios anos vivindo en Ourense cos meus pais e co meu irmán.
Teño varias afeccións pero o fútbol é a miña paixón, tamén me gusta xogar ao voleibol e ao voleipraia.
Son de pel morena, o meu pelo é escuro e moi longo, teño os ollos de cor verde-río e mido 1,44 m.
Teño un carácter moi amable e son moi charlatán. Meus pais e os meus avós din de min que son moi listo.

clara

Ola, teño dez anos e vivo en Moreiras co meu irmán, meus pais e coa miña cadela.
Son alta, delgada, o meu pelo é castaño claro e longo, os meus ollos son marróns e uso lentes.

Son moi timida e o que máis me gusta é ler libros de aventuras e de acción.
Os meus deportes favoritos son o bádminton e o baloncesto.

GALERÍA DE AUTORRETRATOS

ELIXIMOS PINTOR

O pintor escollido é…. Domenikos Theotokopoulos, O GRECO.

Somos a Aula O Greco, este ano conmémorase o IV Centenario da súa morte, así que toca homenaxealo.

Imos a descubrir datos de interese sobre o pintor, a súa formación pictórica, a súas obras máis coñecidas, falar sobre elas.

Coñeceremos os acontecementos máis relevantes desta época histórica: A Idade Moderna.

Comezamos rotulando a porta da nosa aula.

 

 

 

 

 

BIOGRAFÍA de O Greco

DamiánHervella

DoménikosTheotokópoulos, coñecido como o Greco, foi un pintor que naceu na illa de Creta no 1541 e morreu en Toledo no 1614.

Na súa obra abundan os retratos e os cadros relixiosos. Recibiu influencias dos mestres italianos e derivou a un estilo persoal caracterizado polas figuras alongadas e delgadas.

En Creta estudou pintura convertíndose nun pintor de iconos seguindo a tradición bizantina.

En 1567, cando tiña 26 anos, trasladouse a Venecia e alí continuou a sua formación no maior centro artístico de Italia. Alí estudou a obra dos grandes mestres renacentistas da época: Tiziano, Tintoretto, Veronese e outros.

No 1570 trasladouse a Roma e abriu o seu propio taller. Nesta cidade non recibiu ningún encargo importante, pero seguiu estudando e pintando.

No 1577 viaxa a Toledo, despois de pasar por Madrid. Por entonces, Toledo era unha importante cidade europea. O Greco viviu neste lugar a súa mellor época. Encargáronlle traballos na igrexa de Santo Domingo o Antigo que lle deron moito recoñecemento: “A Asunción da Virxe”, “A Trinidade” e “O expolio”.

No 1578 naceu o seu único fillo, Jorge Manuel. A nai era Jerónima de las Cuevas, coa que non se cheou a casar e que se cre foi retratada no cadro “A dama de armiño”.

No 1586 obtivo o encargo de “O enterro do conde de Orgaz”, para a igrexa de Santo Tomé en Toledo. É hoxe a súa obra máis coñecida. Este cadro mostra xa o seu característico alongamento das figuras.

Cara o final da súa vida coñeceu un gran aumento de encargos de cadros, que se mantivo ata a súa morte.

En agosto de 1612, o Greco e o seu fillo acordaron coas monxas de santo Domingo o Antigo contar cunha capela para o enterramento familiar. O artista pintou “A Adoración dos pastores”. 

O 7 de abril de 1614 faleceu con 73 anos, sendo enterrado en Santo Domingo o Antigo.

Doménikos Theotokópoulos

Hugo Cruz

Naceu en Candía no ano 1541, e morreu en Toledo no ano 1614.

Coñecido como O Greco (o griego), foi un pintor do final do Renacemento que desenrolou un estilo moi persoal.

O pintor formouse en Venecia e despois encamiñouse a Roma. Alí tivo un conflicto no palacio do Cardenal Alexandro Farnesio. Sin ter el culpa foi expulsado polo ciumes do mordomo do cardenal.

Finalmente trasladouse a Toledo no ano 1571, onde conseguiu os seus primeiros encargos importates.

O 12 de marzo do ano 1586 encargaronlle realizar unha obra denominada “O entierro do Conde de Orgaz”, hoxe a súa obra máis coñecida. O cadro realizado para a igrexia de Santo Tomé en Toledo, todavía se encontra no seu lugar, mostra o sepelio dun nobre toledano en 1323, que segundo as lendas foi enterrado polos santos Esteban e Agustín.

A mín persoalmente unha das obras que máis me gusta e “A Anunciación”, que realizou no ano 1603 para a igrexa do Hospital Caridad de Illescas en Toledo.

BIOGRAFÍA de O GRECO

Rafa Sousa

O Greco foi un pintor famoso do Renacemento.

Doménikos Theotokópoulos naceu nunha illa de Grecia chamada Creta. Alí foi onde aprendeu a pintar e de aí o seu sobrenome.

En 1567, trasladouse a Venecia para formarse como pintor, e aprender as obras dos seus pintores favoritos: Tiziano, Tintoretto, Paolo Veronese e Jacopo Bassano.

Logo, pasou a vivir en Roma e empezou a estudiar manierismo que é un arte inventada en honor a Rafael e a Miguel Ángel.

Cando acabou de estudiar, viaxou a España e pintou para o rei en Madrid. Pero ao rei non lle gustaron as súas pinturas porque eran moi alongadas así que ao non sentirse apreciado, marchou a Toledo.

En Toledo viviría o resto dos seus días, producindo as súas obras máis importantes.

O GRECO

Brais Pazos

Onde naceu, onde estudiou e onde expresou os seus sentimentos a través das súas obras de arte?

Domenikos Theotokópoulos conocido como o Greco foi un pintor do Renacemento. Naceu en Creta, donde viviu asta os 26 anos, alí era un mestre de iconos no estilo posbizantino que segue vixente na illa.

Despois de 28 anos na illa de Creta, foise a Italia, primeiro estivo en Venecia e logo en Roma. Alí transformouse nun pintor renacentista.

En 1577 foise a Toledo  onde traballou e viviu o resto da súa vida.

As súas obras mais importantes.

  • Cabaleiro coa man no peito pintado en (1584).
  • O enterro do conde de Orgaz pintado en (1586).
  • Coroación da Virxen pintado en (1591) .
  • Vista de Toledo  pintado en (1610).
  • Laoconte pintado en (1608

O GRECO

Antía Delgado

A SÚA VIDA

Doménicos Theotokópoulus naceu en 1541 en Candía, na illa de Creta. Coñecido como “O Greco”, foi un pintor do final do Renacemento.

CRETA

Estudou pintura na súa illa natal converténdouse nun pintor de iconos

VENECIA

Debeu trasladarse a Venecia arredor de 1567. Venecia, naquel tempo, era o maior centro artístico de Italia.

ROMA

As reformas da doctrina e das prácticas católicas iniciadas no Concilio de Trento empezaban a condicionar o arte relixioso. Aquí pintará durante 10 anos.

EN ESPAÑA

Chegada a Toledo e primeiras obras maestras.

En 1576 abandonou a cidade romana e estuvo primeiro en Madrid e logo chegou a Toledo en xullo de 1577.  Foi nesta cidade onde viviu producindo as súas obras de madurez. Toledo era a capital relixiosa de España e unha das cidades máis grandes de Europa.

En 1578 naceu o seu único fillo, Jorge Manuel. A nai era Jerónima de la Cuevas, coa que non se chegou a casar. Crese que foi retratada no cadro A dama de Armiño.

ÚLTIMO PERÍODO

Dende 1596 prodúzoxe un gran aumento de encargos que se mantivo ata a súa morte. A última década do século XVI foi un período crucial na súa arte pois en él desarrollouse o seu estilo tardío.

RETRATOS

Dende os seus comezos en Italia, o Greco foi un gran retratista.

Os seus mellores retratos, seguen estes criterios: A composición  e estilo están aprendidos de Tiziano, a colocación da figura, normalmente de medio corpo e os fondos neutros.

O GRECO VIDA E OBRA

Lorena Seara

VIDA:

Doménikos Theotokópulos tamén coñecido como o Greco (“O Grego”), naceu en 1541 en Candía e morreu en 1614 en Toledo.

Estudou pintura na súa illa natal, converténdose en pintor de iconas.

Trasladouse a Venecia en 1567, para estudar e aprender das obras de Tiziano, Tintoretto, Paolo Varonese e Jacopo Bassono.

Cando o Greco se instalou en Roma os pintores romanos da década de 1550 estableceran un novo estilo chamado “ manierismo”, basado nas obras de Rafael e Miguel Ángel.

En 1576 viaxou a Madrid e en 1577 chegou a Toledo.

OBRAS:

“ El entierro del conde de Orgaz”

É a obra máis coñecida do Greco, está pintada en 1586. Parece que eran retratos de persoas que vivían en Toledo. O neno sinalando o milagre ao espectador crese que era o fillo do pintor, Jorge Manuel.

“La dama de Armiño”

En 1578 naceu o seu único fillo, Jorge Manuel. A nai era Jerónima de las Cuevas, coa que non se chegou a casar e que se cre  que foi retratada neste cadro.

“El Retablo Mayor de Santo Domingo el Antiguo”

En 1576, en Santo Domingo el Antiguo construíuse unha nova igrexa cos bienes da Dña. María Silvia, xa morta, destinada a ser o seu lugar de enterramento.

              “El espolio”

Está retratado entre 1577 e 1579, na catedral de Toledo. O motivo do cadro é o momento inicial da paixón no que Xesús é despoxado das súas roupas.

“ El retablo de doña María  de Aragón”

En 1596 o Greco recibiu o encargo do retablo da igrexa do Colexio Seminario da Encarnación de Madrid.

“La anunciación”

En 1603 recibiu o encargo de realizar todos os elementos decorativos da Capilla maior da igrexa do Hospital da caridad de Toledo, que incluía retablos, esculturas e catro pinturas.

RETRATOS:

-“El caballero de la mano en el pecho” (1580)

-“Retrato de un caballero anciano” (1587-1600)

Exposición Fotografica de Outono

Entroido 2015

Reescribimos unha canción titulada Escola de pintores adaptándoa a base musical “Viñemos dende Flandes”

Podédela escoitar no desfile de Entroido:

embedded by Embedded Video

O noso disfrace non podía ser outro que de Cabaleiros coa man no peito:

embedded by Embedded Video

Día do Libro

Preséntámosche esta curiosa galería de arte, na que nos permitimos o pracer de falsifificar algúns cadros excepcionais engadíndolles algún detalliño que tivese que ver con esta celebración. Fixádevos e descubride as diferenzas cos cadros orixinais.

Menina de Picasso

A infanta le de Hugo

O Cabaleiro coa man no peito do Greco

O Cabaleiro co libro na man de Rafa

A Venus do espello de Velázquez

A Venus do libro de Antía

A última cea de Leonardo Da Vinci

Reunión de lectoras de Braais

A duquesa de Alba de Goya

A duquesa le de Lorena

Querubines de Rafael

Lectura en Familia de Damián

O bico de Klimt

Ler xuntos namora

O almorzo dos remeiros de Renoir

Mercadiño de libros de Alex

Versión Libros

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Copyright © 2011-2019 O Souto dos Laretas All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.