O piñeiro
Nome Científico: Pinus Pinaster. Nome común: piñeiro. Familia: Árbore conífera da familia das Pinaceae. Orixe: Mediterráneo Occidental. Situación da miña árbore: en Toén, na finca ao lado da miña casa. Altura: 16’5 m. Grosor: 1,5 m. Diámetro: (se aplicamos a fórmula da lonxitude da circunferencia) L= D. 3’14=> D= 1’5m: 3’14= 0 ’47 m de diámetro. Follas: […]
Palabra de árbore. A abelaira
RECUNCHO CIENTÍFICO Nome común: Corylus abelaira Familia: Betulaceae Orixen: Asia, Grecia. Florecemento: A principios da primavera. Fructificación: Outono Froito: a abelá Altura: Pode medir entre dous e cinco metros de altura. Usos: Madeira e os seus froitos son moi apreciados. Situación da miña árbore: está no pobo de Buxán na parroquia de Bande. O seu grosor: 51cm A […]
POEMA PARA O DÍA DA ÁRBORE
A LARANXEIRA Miña árbore, que es apreciada, por darme sombra, e máis laranxas. As árbores para min, son unhas heroes, reducen a contaminación, dannos flores e alegres cores. Cos incendios vemos, que acabamos coa natureza, poucas quedan sen queimar, iso é unha gran tristeza! A fotografía que enviaches é unha sobreira e ti escribes sobre […]
Carballo Americano
RECUNCHO LITERARIO – PALABRA DE ÁRBORE Carballo querido do meu corazón, o cuco séntase nas túas polas e ti poste contento coa súa canción. Alí no pobo, cómodo e sen ruído Nas túas polas, aos paxaros, Gústalles facer o seu niño. Tiñas que facer unha foto coa túa árbore. Queda pendiente a subida […]
O Carballo
Recuncho Literario Frías as noites, as noites de abril treme o carballo non pode durmir. As súas folliñas, verdes e douradas, mécense co vento mécense caladas. Os paxaros cazan para os seus poliños non hai quen os cale a todos no […]
A figueira
Recuncho literario – Palabra de árbore – De pé, no medio da horta, tras o seu sono esperta, a solitaria figueira ao chegar a primavera. Os xílgaros e os merlos agardan impacientes, pousados nas súas polas a que medren as súas follas. Énchese o aire de calor e a figueira recupera a súa cor, ao seu […]
A figueira
PALABRA DE ÁRBORE. RECUNCHO CIENTÍFICO A figueira é unha árbore caducifólea, froiteira, de pequena estatura e crecemento lento. Medra espontáneamente en terreos rochosos e incluso en vellos muros de cachotes, onde poucas plantas atopan profundidade. Nome científico: Ficus carica Localización da miña árbore: Na horta da nosa casa, en Mugares As súas follas son palmeadas cun […]
A MIÑA SOBREIRA
Obradoiro Literario Miña sobreira frondosa dasme vida e dasme sombra es cariñosa e falangueira entre as árbores, a primeira. Se a nós non nos gusta que ensucien o noso fogar a ti tampouco che agrada que o teu o queiran queimar Vou coidarte cada día e […]
Palabra de árbore – Poema
Creación Literaria O Carballo Eu teño moitos carballos Que me regalan agasallos, Como son as follas e o amor que eles transmiten co seu cálido verdor. Tamén nos dan a súa leña Para quentarnos e cociñar, Ademais do lapis e o papel Que serven para debuxar
O carballo
RECUNCHO CIENTÍFICO Palabra de árbore Nome científico: Quercus robur, da familia fagaceae. Árbore caducifólea con follas simples e alternas de 3 a 5 lóbulos redondeados a cada lado do nervio principal. Como se cría: Nos bosques, parques e xardíns, só require solos profundos e frescos. un bosque de carballos, chámase carballeira Froitos:As landras están insertadas […]