Arte do Renacemento

Na próspera cidade italiana de Florencia, no s. XV, estaba a agromar unha nova forma de facer arte centrada na recuperación das formas da antigüidade clásica; no Home (e non en Deus como na Idade Media); de temática tanto relixiosa, mitolóxica ou histórica e onde salientaban a armonía, equilibrio e serenidade nas composicións. No século XVI o centro creativo trasladaríase a Roma.

https://es.slideshare.net/galvarezsilvar/pintura-y-escultura-renacentista

 

https://es.slideshare.net/galvarezsilvar/arquitectura-renacentista-122587605

 

 

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

O reparto do mundo

Ante as noticias de que a Castilla chegara ás Indias por occidente, Portugal reclamou o reparto entre ambas coroas de rutas e áreas comerciais exclusivas para cada unha delas. Recurriron á mediación do papa Alexandre VI, polo que chegaron ao acordo en 1494 -na cidade de Tordesillas- de establecer un meridiano ubicado 370 leguas ao Oeste de Cabo Verde, de xeito que desa liña a poñente sería a zona exclusiva castelá e dela cara levante sería a área exclusiva de portuguesa.Resultado de imagen de tratado de tordesillas

 

Unha vez comprobadas que as terras descubertas por Colón non eran as Indias senón un novo continente a comezos do século XV, quedaba por trazar esa liña fronteiriza no outro hemisferio. Xa que logo, o rei Carlos I apoiou a expedición de Fernando de Magallanes en 1519 con este fin que, tres anos máis tarde sería rematada por Juan Sebastián Elcano completando a primeira volta o mundo: a globalización non fixo máis que comezar.

Resultado de imagen de primera vuelta al mundo

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

O descubrimento de América

Os Reis Católicos acceden a escoitar a proposta de Colón para chegaren ás Indias por occidente, de xeito que en abril de 1492 chegan a un acordo ou capitulacións asinado no campamento de Santa Fe, ás portas da cidade de Granada que conquistaran a comezos dese ano. (No seguinte vídeo podes ver a reconstrucción destas capitulacións na serie de TVE Isabel, dirixida por J. Frades en 2012.)

O doce de outubro de 1492 chegou Colón coas súas tres naves á illa Guanahaní, nas actuais Bahamas, que chamaron San Salvador. Posteriormente, Colón emprendería tres viaxes máis.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

A carreira das Indias

A rivalidade comercial entre Portugal e a Coroa de Castela por chegaren ás Indias para facerse coas especias e outras valiosas mercancías, levou a emprender unha carreira similar á que cinco centos anos máis tarde emprenderían Estados Unidos e a Unión Soviética coa carreira espacial.

Despois de que os turcos interrumpiran o comercio con oriente tras a conquista de Bizancio en 1453 (ou Constantinopla, a actual Estambul), Portugal axiña emprendeu a exploración dunha ruta marítima á India rodeando África. A Coroa de Castela, competindo co país veciño, apoiou a proposta dun navegante de incerto orixe, Cristóbal Colón. Este tiña como proxecto chegaren á India por occidente, adentrándose no Océano.

A crenza medieval de que a Terra era chá coma unha moeda estaba moi extendida, inda que nos círculos eruditos sabíase da teoría da esfericidade da Terra formulada polo grego Eratóstenes no século III A.C.. Apoiándose nesta teoría, o cosmógrafo italián Toscanelli debuxou un mapa 1474 no que se amosaba a posible ruta das Indias polo Oeste.

Resultado de imagen de toscanelli

Isto animou a Colón a emprende-la viaxe pois, asemade, Toscanelli estimaba en 29.000 kms. a circunferencia da Terra cando en realidade é de 40.000 kilómetros.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

GLOBALIZATION

Globalization is the process of increasing interdependence of the world’s economies and societies.

  •    The collapse of the economic communist bloc in 1989 opened up economic relations between the former communist countries and others. Former communist states like URSS or China adopted the capitalist system and, now, with few exceptions (Cuba and North Korea), all countries now form a single global market.
  •   New information and communication technologies (ICT) -for instance, computers, internet, mobiles- make it possible organize global production, and to move capital from one place to another in seconds.
  •   Cheaper and improved transport facilitates the flow of goods and people.
  •   Liberalization economic policies are implemented by governments (deregulation of financial markets and elimination of custom duties).

http://www.worldwatch.org/brain/images/pubs/vs/vsow/2005_world_trade.jpg

So, these factors impelled a huge expansion of international trade.

Large multinational companies may distribute phases of production among different locations to save money. This practice is called outsourcing.

Some international economic institutions and organizations influence the global economy:

World Bank (WB) founded in 1944, try to reduce and improve the standard of living in the world providing low-interest loans to developing countries, and give donations to create or improve infrastructure.

International Monetary Fund (IMF), founded in 1944, promotes international monetary cooperation. IMF encourages countries to adopt economic policies which maintain stability and preven crises.

World Trade Organization (WTO), founded in 1995, ensures that international trade is free and fair.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

A Comisión Europea, Polonia e a división de poderes.

A Comisión Europea ven de abrir un expedente a Polonia polas reformas introducidas polo seu goberno no Tribunal Constitucional, pola cal nomearía aos seus membros, ademáis de controlar os medios de comunicación.

As democracias contemporáneas baséanse en tres rasgos principais: soberanía popular experesada a través das eleccións; o estado de dereito, que consiste en que todos os cidadáns están sometidos por igual ás leis, onde unha delas -a constitución- establece os principios esenciais que deben seguir as demáis; e a división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial) que non poden solaparse. Centrémonos nesto último.

O poder lexislativo consiste na elaboración de leis e reside no parlamento (as Cortes e mailo Senado no caso de España). O poder executivo consiste en aplicar as medidas consideradas oportunas polo goberno (onde reside este poder) para os cidadáns, e manter a orde pública por medio das forzas de seguridade do estado. O poder xudicial (detentado polos tribunais de xustiza), en terceiro lugar, consiste en evitar as ilegalidades á hora de aplicar as normas asegurando, xa que logo, o imperio da lei.

Pola contra, se estivesen concentrados nunha persoa ou nunha soa institución, as leis decretaríanse segundo os seus intereses e sin control ningún, tendo un poder absoluto sobre o estado.

Tampouco deben solaparse entre eles. É dicir, non deben superpoñerse pois pervertiríase o necesario equilibrio. No caso de Polonia, en fin, se o goberno pode nomear as xuices do Tribunal Constitucional, de xeito que sexan afíns aos seus intereses, poderá aplicar políticas que vulneren a legalidade ou os dereitos dos cidadáns. Por tal motivo, a Comisión Europea

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

China ends one-child policy

A month ago, last October, the Chinese government announced the end of the one-child policy allowing couples to have two children. In 1979, Chinese leader Deng Xiaoping imposed that policy in order to ensure that “the fruits of economic growth are not devoured by population growth.”

Couples couldn’t have more than one child and huge fines (159000 yuans, 23433 euros) and forced abortions were the usual punishments for the parents who had more than one child. One of the major reasons is the growing ageing population could jeopardize the sustainability of the government expenses.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Natalidade e tamaño das familias

O paso de unha poboación de ter taxas de natalidade e mortalidade elevadas (ao redor do 40 por mil) a te-las baixas (ao redor do 10 por mil), é o que se coñece como transición demográfica, proceso secular no caso de España e Galicia pero que noutros lugares do mundo todavía están iniciando.


Un xeito de comprendermos a transición é indagando no tamaño das familias dos nosos maiores para compara-las coas nosas. Se nós temos agora ún ou dous irmáns como moito, de media, e os nosos avós tiñan moitísimos irmáns, quere dicir que a natalidade de hoxe en día (arredor dos 10 nacementos por cada mil habitantes) é baixa en comparación aos tempos dos avós (arredor do 22 por mil). Ademáis, algún deses irmáns que tiñan os pais dos nosos pais, morría sen chegar a novo ou a adulto. A día de hoxe as condicións hixiénicas e sanitarias melloraron polo que xa non é necesario ter tantos fillos para que cheguen á idade adulta. Ademáis hai setenta anos a poboación era básicamente rural, e os nenos axudaban nas tarefas do campo antes que ir á escola; hoxe, a poboación -na súa maioría- vive nas cidades, e nelas o papel dos nenos queda centrada na aprendizaxe de xeito que son básicamente consumidores.  Estas serían algunhas das razóns que explican o descenso secular da natalidade; hai que engadirlle a incorporación da muller ao traballo e a despenalización dos anticonceptivos en 1978 que levarían á caída en picado da natalidade desde os anos 1980 ata o mínimo de 1997 en que se iguala á mortalidade, que xa viña sendo baixa desde a década de 1950.

Publicado en arteixo, demografía, familia, Sin categoría, transición demográfica | Deja un comentario

Oligopsonios e prezos

Nunha economía de libre mercado síguese o principio de libre concurrencia, é dicir, onde oferentes e compradores non teñen capacidade de influir nos prezos. Cando os compradores son moitos e tamén o son os vendedores, dánse as circunstancias idóneas para a existencia da libre competencia e que os prezos se fixen en función das cantidades do produto que se desexa mercar ou vender.

 

 

Nos oligopsonios, mercados caracterizados por unha gran cantidade de vendedores pero con poucos compradores, é onde se fai realidade o lema da anterior imaxe. Eis o caso do mercado coma o lácteo onde os vendedores (gandeiros) son moitos e os compradores -as compañías lácteas- son poucas. A Comisión Nacional da Competencia vén de sancionar a 11 empresas con máis de 88 millóns de euros por pactar baixos prezos de compra de leite aos gandeiros.

Imagen de una explotación de vacas lecheras. EFE/Cedida por Capisa.

 

 

 

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Your own cities

The city is the natural environment of civilised man, wrote Robert Ezra Park (1864-1944) an American sociologist. Although less than half the world population lives in urban settlement, cities are growing rapidly so it support that sentence.

 

 

 

Five hundred years ago, Thomas More (Tomás Moro) imagined an ideal city called Utopia.

So, last two days you have imagined your own city as well. You can see the leading utopias (Horncity or Green City for example) with their ideal  sites and urban equipment you have outlined in the next presentation.


Publicado en Sin categoría | Deja un comentario