Economía: necesidades e recursos

Satisfacer necesidades humanas con recursos escasos vén sendo o obxecto da Economía. Alimentación, vestido ou aloxamento son algunhas das necesidades máis básicas e, xa que logo, universais, no senso de que en calqueira latitude do planeta calqueira persoa ou grupo humán precisa cubrir. Mais o xeito en que se cubren ou se lles da solución varían dunha cultura a outra inda que nos últimos tempos adoita ser moi homoxéneo por causa da industrialización.

Necesidades humanas e recursos escasos constitúen, en calqueira caso, as dúas pinzas das que pende calqueira problema económico. Nun planeta onde a poboación crece moi rápidamente e onde os recursos seguen a ser os mesmos que hai douscentos ou cinco centos anos, prantéxanse moitos problemas.  O primeiro deles é se os recursos materiais permitirán manter ese crecemento da poboación. Por unha banda, non tódo-los habitantes do mundo teñen o mesmo nivel de consumo, senón que hai grandes diferencias por áreas xeográficas. Mais se por mor da globalización as pautas de consumo dos países ricos chegan a todo o planeta, o colapso estaría próximo.

No seguinte gráfico faise unha proxección das tendencias no crecemento da poboación, da produción de alimentos, da produción industrial, da polución e dos recursos naturais. Espérase que o crecemento da poboación decaiga antes de mediar o século XXI, despois de que a produción de alimentos comece diminuír ao tempo que a produción industrial. Todo isto sería resultado da cada vez menor cantidade de recursos.

World Population Vs. Resources Model

Acerca de gasilvar

Son profesor de Xeografía (3º da ESO) e de Economía (en Bacharelato) no Dpto. de Xeografía e Historia do IES Manuel Murguía de Arteixo.
Esta entrada fue publicada en demografía, economy. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *