O paso de unha poboación de ter taxas de natalidade e mortalidade elevadas (ao redor do 40 por mil) a te-las baixas (ao redor do 10 por mil), é o que se coñece como transición demográfica, proceso secular no caso de España e Galicia pero que noutros lugares do mundo todavía están iniciando.
Un xeito de comprendermos a transición é indagando no tamaño das familias dos nosos maiores para compara-las coas nosas. Se nós temos agora ún ou dous irmáns como moito, de media, e os nosos avós tiñan moitísimos irmáns, quere dicir que a natalidade de hoxe en día (arredor dos 10 nacementos por cada mil habitantes) é baixa en comparación aos tempos dos avós (arredor do 22 por mil). Ademáis, algún deses irmáns que tiñan os pais dos nosos pais, morría sen chegar a novo ou a adulto. A día de hoxe as condicións hixiénicas e sanitarias melloraron polo que xa non é necesario ter tantos fillos para que cheguen á idade adulta. Ademáis hai setenta anos a poboación era básicamente rural, e os nenos axudaban nas tarefas do campo antes que ir á escola; hoxe, a poboación -na súa maioría- vive nas cidades, e nelas o papel dos nenos queda centrada na aprendizaxe de xeito que son básicamente consumidores. Estas serían algunhas das razóns que explican o descenso secular da natalidade; hai que engadirlle a incorporación da muller ao traballo e a despenalización dos anticonceptivos en 1978 que levarían á caída en picado da natalidade desde os anos 1980 ata o mínimo de 1997 en que se iguala á mortalidade, que xa viña sendo baixa desde a década de 1950.