A Comisión Europea, Polonia e a división de poderes.

A Comisión Europea ven de abrir un expedente a Polonia polas reformas introducidas polo seu goberno no Tribunal Constitucional, pola cal nomearía aos seus membros, ademáis de controlar os medios de comunicación.

As democracias contemporáneas baséanse en tres rasgos principais: soberanía popular experesada a través das eleccións; o estado de dereito, que consiste en que todos os cidadáns están sometidos por igual ás leis, onde unha delas -a constitución- establece os principios esenciais que deben seguir as demáis; e a división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial) que non poden solaparse. Centrémonos nesto último.

O poder lexislativo consiste na elaboración de leis e reside no parlamento (as Cortes e mailo Senado no caso de España). O poder executivo consiste en aplicar as medidas consideradas oportunas polo goberno (onde reside este poder) para os cidadáns, e manter a orde pública por medio das forzas de seguridade do estado. O poder xudicial (detentado polos tribunais de xustiza), en terceiro lugar, consiste en evitar as ilegalidades á hora de aplicar as normas asegurando, xa que logo, o imperio da lei.

Pola contra, se estivesen concentrados nunha persoa ou nunha soa institución, as leis decretaríanse segundo os seus intereses e sin control ningún, tendo un poder absoluto sobre o estado.

Tampouco deben solaparse entre eles. É dicir, non deben superpoñerse pois pervertiríase o necesario equilibrio. No caso de Polonia, en fin, se o goberno pode nomear as xuices do Tribunal Constitucional, de xeito que sexan afíns aos seus intereses, poderá aplicar políticas que vulneren a legalidade ou os dereitos dos cidadáns. Por tal motivo, a Comisión Europea

Acerca de gasilvar

Son profesor de Xeografía (3º da ESO) e de Economía (en Bacharelato) no Dpto. de Xeografía e Historia do IES Manuel Murguía de Arteixo.
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *