A carreira das Indias

A rivalidade comercial entre Portugal e a Coroa de Castela por chegaren ás Indias para facerse coas especias e outras valiosas mercancías, levou a emprender unha carreira similar á que cinco centos anos máis tarde emprenderían Estados Unidos e a Unión Soviética coa carreira espacial.

Despois de que os turcos interrumpiran o comercio con oriente tras a conquista de Bizancio en 1453 (ou Constantinopla, a actual Estambul), Portugal axiña emprendeu a exploración dunha ruta marítima á India rodeando África. A Coroa de Castela, competindo co país veciño, apoiou a proposta dun navegante de incerto orixe, Cristóbal Colón. Este tiña como proxecto chegaren á India por occidente, adentrándose no Océano.

A crenza medieval de que a Terra era chá coma unha moeda estaba moi extendida, inda que nos círculos eruditos sabíase da teoría da esfericidade da Terra formulada polo grego Eratóstenes no século III A.C.. Apoiándose nesta teoría, o cosmógrafo italián Toscanelli debuxou un mapa 1474 no que se amosaba a posible ruta das Indias polo Oeste.

Resultado de imagen de toscanelli

Isto animou a Colón a emprende-la viaxe pois, asemade, Toscanelli estimaba en 29.000 kms. a circunferencia da Terra cando en realidade é de 40.000 kilómetros.

Acerca de gasilvar

Son profesor de Xeografía (3º da ESO) e de Economía (en Bacharelato) no Dpto. de Xeografía e Historia do IES Manuel Murguía de Arteixo.
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *