Economía: necesidades e recursos

Satisfacer necesidades humanas con recursos escasos vén sendo o obxecto da Economía. Alimentación, vestido ou aloxamento son algunhas das necesidades máis básicas e, xa que logo, universais, no senso de que en calqueira latitude do planeta calqueira persoa ou grupo humán precisa cubrir. Mais o xeito en que se cubren ou se lles da solución varían dunha cultura a outra inda que nos últimos tempos adoita ser moi homoxéneo por causa da industrialización.

Necesidades humanas e recursos escasos constitúen, en calqueira caso, as dúas pinzas das que pende calqueira problema económico. Nun planeta onde a poboación crece moi rápidamente e onde os recursos seguen a ser os mesmos que hai douscentos ou cinco centos anos, prantéxanse moitos problemas.  O primeiro deles é se os recursos materiais permitirán manter ese crecemento da poboación. Por unha banda, non tódo-los habitantes do mundo teñen o mesmo nivel de consumo, senón que hai grandes diferencias por áreas xeográficas. Mais se por mor da globalización as pautas de consumo dos países ricos chegan a todo o planeta, o colapso estaría próximo.

No seguinte gráfico faise unha proxección das tendencias no crecemento da poboación, da produción de alimentos, da produción industrial, da polución e dos recursos naturais. Espérase que o crecemento da poboación decaiga antes de mediar o século XXI, despois de que a produción de alimentos comece diminuír ao tempo que a produción industrial. Todo isto sería resultado da cada vez menor cantidade de recursos.

World Population Vs. Resources Model

Publicado en demografía, economy | Deja un comentario

Equipamento urbano: un xogo

A poboación dunha cidade vai conformando o trazado e estrutura da urbe co fin de satisface-las súas necesidades (escolas, industrias, parques, centros de día, etc.). Os cambios na poboación, os orzamentos de cada concello e mai-la configuración da cidade condicionan este trazado e os equipamentos que cubriran esas necesidades. Por exemplo, nunha poboación onde predominen os novos sobre os vellos precisará duns servizos que non serán tan perentorios coma os dunha vila onde predomine a xente maior.

Na web do Instituto Nacional de Estadística podedes atopa-lo seguinte xogo, IneCity, onde podedes comprobar como cambian as preferencias da poboación segundo o predominio dos distintos grupos de idade xogando a ser alcaldes.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Arteixo: poboamento, compras e xerarquía urbá

Arteixo é un concello de 30857  habitantes, segundo o Padrón municipal de 2014. Segundo o criterio do Intituto Nacional de Estadística, é unha cidade pois ten máis de dez mil habitantes; e, inda que a poboación se espalle por 13 parroquias, o núcleo principal do concello rebasa os 12000 habitantes. Certo que, comparado coa máis próxima, A Coruña, non o pareza pero o é. Unha cidade pequena, pero cidade. Ou, como dicimos en galego, unha vila.

 

arteixo

A súa proximidade á cidade de A Coruña e a ubicación nel do polígono industrial de Sabón, fixo que Arteixo  experimentase un abraiante crecemento no espazo de trinta anos que multiplicou por dous a súa poboación: pasou dos pouco máis de 15.000 habitantes en 1981 aos 30.000 que ten hoxe en día. Estes rápidos cambios podemos rastrexalos no tipo de residencia -en piso, en casa independente ou en chalé- no que viven os alumnos de 3º de Arteixo. Interrogados por onde viven eles e os seus pais e onde viven os seus avós (unha xeración atrás), comprobamos que na xeración dos maiores vivíase principalmente en casas mentres que agora, na xeración dos fillos, vívese en pisos.



O poboamento segue unha orde xerarquizada segundo o tamaño e as funcións que cumplen as distintas áreas. Grazas ás vías de comunicación, as funcións industriais, comerciais, ou residenciais que hai medio século se podían ato par nunha soa cidade, agora abranguen a outros concellos e áreas que vanse especializando de tal modo que pasan a constituir unha área metropolitana, como a de A Coruña e á que pertence Arteixo.

Un indicador da dependencia entre os núcleos menores e o núcleo central vén sendo os desplazamentos entre eles. Os movementos pendulares entre as zonas residenciais e as zonas laborais son os máis representativos. Outra proba desta dependencia son os desprazamentos por compras ou por lecer. En calqueira área residencial pódense atopar comercios de alimentación, é dicir, os que cubren as necesidades diarias e máis básicas. Pero outros artigos tamén importantes -roupa ou calzado por exemplo- non sempre se atopan nas zonas residenciais, senón que recúrrese a establecementos noutros núcleos urbáns. Así pois, os núcleos menores dependen da metrópole para certos servizos (comercio, lecer) que non se atopan neles. Na seguinte presentación podedes ver o lugar das compras dos alumnos de 3ºB nas dúas primeiras diapositivas. Na terceira, veredes un debuxo onde se representan as relacións de dependencia. Na cuarta, o mapa da área metropolitana de A Coruña. Na quinta, o modelo teórico do lugar central ao redor do cal se xerarquizan os núcleos de poboación, elaborado por Christaller e, na sexta diapositiva, o modelo urbán español, case a plasmación literal dese modelo.

 

Publicado en arteixo, cidade, compras, xerarquía urbana | Deja un comentario

Concurso de fotografía e xeografía

A Asociación de Geógrafos Españoles (AGE) convoca o concurso Explica Geografía con tus fotos, onde por medio de fotografías feitas por vós queden reflexadas algún aspecto da xeografía. No enlace anterior podedes atopa-las bases do concurso, no que hai tres premios de 125 euros cada ún e que ten como prazo de entrega das fotografías as 14 horas do día 31 de marzo. ¡Animádevos!

 

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Transición demográfica e tamaño das familias

O paso de unha poboación de ter altas taxas de natalidade e mortalidade a te-las baixas, é o que se coñece como transición demográfica, proceso secular no caso de España e Galicia pero que noutros lugares do mundo todavía están iniciando.

Un xeito de comprendermos a transición é indagando no tamaño das familias dos nosos maiores para compara-las coas nosas. Se nós temos agora ún ou dous irmáns como moito, de media, e os nosos avós tiñan moitísimos irmáns, quere dicir que a natalidade de hoxe en día é baixa en comparación aos tempos dos avós. Ademáis, algún deses irmáns que tiñan os pais dos nosos pais, morría sen chegar a novo ou a adulto. A día de hoxe as condicións hixiénicas e sanitarias melloraron polo que xa non é necesario ter tantos fillos para que cheguen á idade adulta. Ademáis hai setenta anos a poboación era básicamente rural, e os nenos comezaban a axudar nas tarefas do campo antes de ir á escola; hoxe, a poboación -na súa maioría- vive nas cidades, e nelas o papel dos nenos queda centrada na aprendizaxe.

Na seguinte presentación podedes comprobar isto vendo o tamaño das familias no grupo de 3º da ESO, o que tiñan na xeración dos pais e na xeración dos avós. Por último, na derradeira diapositiva, aparece o lugar de nacemento das tres xeracións (dentro ou fóra de España); si ben a xeración onde máis nacidos noutro estado é a dos pais, seguida pola dos fillos, iso quere dicir que a xeración dos avós é a que máis emigrou.

 

 

Publicado en arteixo, demografía, emigración, familia, transición demográfica | Deja un comentario

Pirámides de poboación

Unha pirámide de poboación amosa a estrutura (ou composición) por sexo e idade dunha poboación nun momento de terminado. Na seguinte presentación vemos en primeiro lugar a de Sudán, de base moi ancha debido aos numerosos nacementos e que, por causa da elevada mortalidade infantil estreitase axiña de xeito que poucos chegan á vellez.

Na segunda, a de Venezuela, a mortalidade infantil xa non é tan relevante como na anterior polo que a base ancha prolóngase durante varios quinquenios, inda que os decesos comezan a facerse notar a partires dos vinte anos de idade.

Na de pirámide de España de hoxendía, as persoas por riba dos 70 anos son tan numerosas, ou máis, que as que teñen ata quince anos, o que indica unha longa esperanza de vida. Corresponde esta figura -é como unha pirámide sobre unha peana-, a unha poboación madura, tirando a velliña, onde os nacementos levan caendo desde hai 35 anos ata o mínimo histórico de 1999. A partir de aí foi recuperándose algo a natalidade ao par que a prosperidade económica ata dar un maximo en 2008. A crise económica púsolle fin a esa leve recuperación dos nacementos, que volven a ser moi baixos. A pirámide de Galicia é moi similar á española.

Remata a presentación coa poboación dos Emiratos Árabes Unidos onde cómpre destacar a sobrerrepresentación de homes novos, debido á inmigración producida pola necesidade de traballar na construción de cidades como Dubai.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Visita a Inditex

Este luns 20 de outubro, os alumnos de 2º de bacharelato fixeron unha visita a Inditex, con sede central en Arteixo. A visita explicaba todo o proceso creativo das prendas de roupa  desde o deseño e plasmación da idea da prenda no papel, ata o seu envío xa confeccionada a calqueira dos milleiros de tendas Zara, marca matriz do grupo, espalladas polo mundo.

 IMGP4604

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Productividade laboral

Que os alemáns viven só para traballar é un coñecido tópico sobre os habitantes do país xermano. Mais se realmente así fora, pasarían o día traballando e, xa que logo, traballarían máis ca nós. Non embargantes, os datos veñen confirmar o contrario: “os españois traballan casi 300 horas máis ao ano que alemáns e holandeses”, titulou nun artigo “La Voz de Galicia” de 14/10/2014.  O que sí é certo é que son máis produtivos, é decir, que aproveitan mellor o tempo que pasan traballando. No seguinte gráfico aparece refrexado o producto obtido (e medido en dólares estadounidenses) por hora traballada en 19 países, no período 2000-2013 (datos de The Conference Board).

 Un mellor aproveitamento do tempo traballado faría máis produtivas ás empresas e, quizáis, conseguiríase a redución da xornada laboral.

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Continental drift

Once upon a time an Earth’s planet where only a continent existed: Pangaea…

… And the land began to break up and to move away until the present continents appeared. We can not explain why do volcanoes erupt or the earthquakes all over the world and the earth’s relief without the continental drift’s theory. Look at the following video to know more about this.

 

 

 

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

European Union

From the UE’s web, we have the next information:

“Size and population

The EU covers over 4 million km² and has 503 million inhabitants — the world’s third largest population after China and India. The EU joins 28 countries. By surface area, France is the biggest EU country and Malta the smallest. “

 

“Institutional set-up:

  • the EU’s broad priorities are set by the European Council, which brings together national and EU-level leaders
  • directly elected MEPs represent European citizens in the European Parliament
  • the interests of the EU as a whole are promoted by the European Commission, whose members are appointed by national governments
  • governments defend their own country’s national interests in the Council of the European Union.

Setting the agenda

The European Council sets the EU’s overall political direction – but has no powers to pass laws. Led by its President – currently Herman Van Rompuy – and comprising national heads of state or government and the President of the Commission, it meets for a few days at a time at least every 6 months.

Law-making

There are 3 main institutions involved in EU legislation:

  • the European Parliament, which represents the EU’s citizens and is directly elected by them;
  • the Council of the European Union, which represents the governments of the individual member countries. The Presidency of the Council is shared by the member states on a rotating basis.
  • the European Commission, which represents the interests of the Union as a whole.”

Between the last 22 and 25 may it was held european parliament elections with the following results:

Spain only has 54 seats from 751 seats of the European Parliament. You can see the spanish results. The leading difference with 2009 is the sudden appearance of new groups like Podemos, founded four months ago, that has become the fourth group in Spain, and the decline of traditional political parties like PP and PSOE.

 

 

 

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario