Archivo

Archivo para diciembre, 2010

CARTEL OFICIAL DO IES ASOREY PARA O 2011

jueves, 30 de diciembre de 2010 Sin comentarios

Pero no IES Asorey non só traballa o departamento de tecnoloxía, o noso gruñón pero entrañable compañeiro do departamento de plástica,  Xosé Gago,  fixo este bonito cartel baseándose na célebre foto do fotógrafo Pacheco e que nos vai servir para as conmemoracións do ano próximo no noso centro.

cartel asorey

O propio autor, que xa deseñara o logo do IES Asorey fai anos, explicounos que as cores laranxa e verde (cores do instituto) simbolizan a disparidade do pensamento. O fondo en textura de pedra fai referencia ao seu traballo. A imaxe estática e tratada de Asorey, representa unha pintada sobre a pedra e quere aportar calma ao cartel. O deseño en bloques actualiza a imaxe e distorsionaa. Finalmente o anagrama do Centro, posto coma un selo, quere dinamizar o cartel, coa posicion inclinada, no inicio do percorrido visual.

Categories: IES ASOREY Tags:

Proxecto ¿Verdadeiro ou Falso?

jueves, 30 de diciembre de 2010 Sin comentarios

NOVA COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA E DE SUSANA OUBIÑA.

Os alumnos de 2º ESO construíron, como 2º proxecto do primeiro trimestre, un xogo de electricidade que consiste en conseguir que unha bombilla se encenda se se acerta a pregunta que se fai no xogo. Decidimos chamalo: ¿Verdadeiro ou falso?

Os temas que trataron foron moi diversos: idiomas, ciencias naturais, astrofísica, tecnoloxía e por suposto, Asorey.

O circuíto eléctrico non presenta grandes misterios e é o seguinte:

  • Mostramos, con fotografías, os proxectos relacionados con Asorey. Neles, @s alumn@s combinaron a asimilación de conceptos de electricidade (mediante a práctica) co aprendizaxe da vida e obras do insigne escultor.

Vida de AsoreyObras de Asorey

Categories: IES ASOREY Tags: