Archivo

Archivo para la categoría ‘Sin categoría’

EXPOSICIÓN DOS CENTROS ESCOLARES DE CAMBADOS

Miércoles, 18 de mayo de 2011 Sin comentarios

Coordinados por Candea os centros escolares de Cambados animáronse a traballar co alumnado  sobre Asorey. Con parte deses traballos feitos ao longo do curso fíxose unha exposición que está percorrendo os centros escolares de Cambados. Poñemos hoxe aquí un enlace para ver a  presentación cos paneis que compoñen a exposición e o calendario coa relación de datas da exposición:

Presentación da  exposición de centros escolares de Cambados en homenaxe a Asorey

DATAS DA EXPOSICIÓN ITINERANTE

datas
I.E.S. FRANCISCO ASOREY 2-6 maio
I.E.S. RAMÓN CABANILLAS 9-13 maio
c.e.i.p. VILARIÑO 16-20 maio
c.e.i.p. CORVILLÓN 23-27 maio
c.e.i.p. antonio magariños 30 maio-3 xuño
c.e.i.p. CASTRELO 6-10-xuño
E.E.I. A PASTORA 13-17 xuño
c.e.i.p. SAN TOMÉ setembro
Categories: Sin categoría Tags:

OUTRO TRABALLO DO DPTO DE PLÁSTICA

Lunes, 17 de enero de 2011 Sin comentarios

asorey pixelado

O noso compañeiro do Dpto de plástica, Luis López vai desenvolver co seu alumnado o seguinte proxecto sobre Asorey. Partindo dunha foto pixelada mediante o ordenador do retrato de Asorey feito por Pacheco, van elaborar un panel no que cada píxel é substituído por un anaco dun corcho pintado, traballo laborioso pero que pode quedar moi ben. Publicaremos o resultado cando estea feito.

Deixámosvos aquí o enlace ao blog de plástica de Luis

EMPEZAMOS UN NOVO BLOG

Sábado, 30 de octubre de 2010 Sin comentarios

Asorey por PachecoO 2 de xullo de 2011 cumpriranse 50 anos da morte do gran escultor galego Francisco Asorey. A Asociación de ensinantes do Salnés “Candea” está promovendo entre os centros educativos (de momento só de Cambados) o traballo nas aulas sobre a figura deste gran artista. Este blog quere contribuír a iso.

Categories: Sin categoría Tags: