QUEN SOMOS?

sábado, 30 de octubre de 2010 Dejar un comentario Ir a comentarios

candeaOs que publicamos este blog somos da Asociación de ensinantes do Salnés “Candea” e estamos promovendo entre os ensinantes de Cambados o traballo nas aulas sobre a obra do gran escultor cambadés Francisco Asorey do que o ano próximo se cumpren 50 anos do pasamento.

O que pretendemos con este blog é crear unha canle de comunicación entre os Centros educativos implicados na experiencia. Tamén servirá para dar a coñecer as actividades que se están levando adiante nos diferentes centros; e igualmente dado que prensa-escuela e a Voz de Galicia poñen á nosa disposición esta ferramenta de traballo, utilizala para difundir a experiencia (e  invitar á colaborar) á comunidade de blogs de centros educativos que participan en prensa-escuela.

  1. Sin comentarios aún.
  1. Sin trackbacks aún.