Archivo

Entradas Etiquetadas ‘dpto de plástica’

CARTEL OFICIAL DO IES ASOREY PARA O 2011

jueves, 30 de diciembre de 2010 Sin comentarios

Pero no IES Asorey non só traballa o departamento de tecnoloxía, o noso gruñón pero entrañable compañeiro do departamento de plástica,  Xosé Gago,  fixo este bonito cartel baseándose na célebre foto do fotógrafo Pacheco e que nos vai servir para as conmemoracións do ano próximo no noso centro.

cartel asorey

O propio autor, que xa deseñara o logo do IES Asorey fai anos, explicounos que as cores laranxa e verde (cores do instituto) simbolizan a disparidade do pensamento. O fondo en textura de pedra fai referencia ao seu traballo. A imaxe estática e tratada de Asorey, representa unha pintada sobre a pedra e quere aportar calma ao cartel. O deseño en bloques actualiza a imaxe e distorsionaa. Finalmente o anagrama do Centro, posto coma un selo, quere dinamizar o cartel, coa posicion inclinada, no inicio do percorrido visual.

Categories: IES ASOREY Tags: