VISITA AO CONCELLO

VISITA AO CONCELLO

O 14 de novembro, xunto cos compañeiros de 5º curso, visitamos o Concello de Vigo e algunhas das súas instalacións.

NATURNOVA

No mes de outubro visitamos o centro NATURNOVA xunto co alumnado de 3º e 4º.  Aprendemos moitas cousas sobre o universo, o noso planeta e os seus recursos.

No seguinte enlace tedes información deste centro interactivo: NATURNOVA

FESTIVAL NADAL 2018

FESTIVAL NADAL 2018 

Como se fai cada ano no festival de Nadal, o alumnado de 6º foi o encargado de presentar as diferentes actuacións de todos os cursos. E ao final eles tamén cantaron e bailaron o “WAKA WAKA NAVIDEÑO”. No seguinte vídeo podedes ver o ben que presentaron e un anaco da súa actuación.

 

OBRADOIRO SOBRE DROGAS

OBRADOIRO SOBRE DROGAS

O alumnado de 6º tivo a oportunidade de ter unha obradoiro sobre drogas. Durante 4 días Andrea falounos sobre:

  • As drogas e os seus efectos

  • O tabaco e os seus efectos

  • O alcohol e os seus efectos

  • A asertividade

Gustounos moito aprender o perigoso que pode chegar a ser o consumo de sustancias que nos poden perxudicar moito.

 

CHARLA DA AXENCIA TRIBUTARIA

PARA QUE SERVEN OS IMPOSTOS?

No mes de outubro, o alumnado de 5º e 6º,  tivemos unha charla impartida por un traballador da Axencia Tributaria chamado Guillermo. El  ensinarounos que son os impostos, quenes os pagan, para que serven e como facer un bo uso deles.

 

VOZ NATURA

S E M E N T A N D O

No proxecto de VOZ NATURA participamos todo o alumnado do colexio.

O alumnado de 5º plantou en macetas: calceolarias, xeranios, menta chocolate, macela, ouregos e tomiño.

E no horto plantou: berenxenas, calabacín e espinacas.O alumnado de 6º nas macetas plantou: ruda, mímulo, herbaboa, tomiño, melisa e salvia.

E no horto plantaron cabazas, millo, xirasoles e cebolas.

 

 

OBRADOIRO DE IGUALDADE

OBRADOIRO DE IGUALDADE

BOMBEIROS

OBRADOIRO COS BOMBEIROS

O mércores 28 de febreiro dous bombeiros viñeron impartir un obradoiro na aula de 6º . Esta iniciativa é dende o Concello de Vigo, co programa “Vigo educa en seguridade”.

Déronnos un folleto e estiveron explicándonolo. Primeiro falamos das tarefas nas que interveñen os bombeiros como: control e extinción de incendios, salvamentos, en inundacións, control de plagas (ex. abella velutina), asistencia cidadán, prevención de riscos… Despois xa nos centramos no tema da seguridade e máis concretamente no lume.

Falamos sobre os sistemas de protección contra incendios: extintor, boca de incendio equipada, columna seca, detector de incendios, pulsador de incendios e a función das portas pechadas dado o caso.

Vimos un video explicativo. Quedounos clara esta palabra PAS (PROTEXER, ALERTAR E SOCORRER) en caso de lume.

Os nenos ou adolescentes temos que ter coidado e non manexar aparellos de adultos.

Debemos chamar ao 112 ou ao 080.

Dixéronnos que imos ir AO PARQUE DE BOMBEIROS!!!!!

VISITA AO IES A GUÍA

VISITA AO IES A GUÍA

O xoves 22 de febreiro o alumnado de 6º visitou as instalacións do IES A Guía, onde empezarán ESO o vindeiro curso. Clicando na imaxe podedes ver un resumo de como foi a xornada.

EDUCACIÓN VIARIA

EDUCACIÓN VIARIA

Como continuación da clase teórico- práctica do curso pasado sobre educación viaria; o alumnado de 6º o día 16 de febreiro tíñamos previsto ir ao Castro. Coa axuda da Policía Local íamos aprender e practicar moitas cousas como usuarios das bicicletas.

AHHH!!  ESTA CHOIVA…!!!

Loxicamente non puidemos ir, pero veu ao colexio a Policía que viñera en 5º e tivemos un obradoiro. Nel recordamos moitas cousas de como cruzar, pero tamén aprendemos outras que temos que ter en conta cando imos coa bicicleta: baixar dela se imos polo paso de peóns, casco axeitado e abrochado, facernos visibles, indicar os xiros co brazo…

Para rematar a Policía falounos do problema da vespa velutina (asiática): se avistamos un niño delas temos que CHAMAR ao 112.

Non foi o mesmo que ir ao Castro, andando nunha bicicleta de verdade;  pero aprendemos: COMO TEMOS QUE ANDAR  E POR ONDE COA BICI.

                    SEXAMOS CICLISTAS RESPONSABLES!!!