BOMBEIROS

OBRADOIRO COS BOMBEIROS

O mércores 28 de febreiro dous bombeiros viñeron impartir un obradoiro na aula de 6º . Esta iniciativa é dende o Concello de Vigo, co programa “Vigo educa en seguridade”.

Déronnos un folleto e estiveron explicándonolo. Primeiro falamos das tarefas nas que interveñen os bombeiros como: control e extinción de incendios, salvamentos, en inundacións, control de plagas (ex. abella velutina), asistencia cidadán, prevención de riscos… Despois xa nos centramos no tema da seguridade e máis concretamente no lume.

Falamos sobre os sistemas de protección contra incendios: extintor, boca de incendio equipada, columna seca, detector de incendios, pulsador de incendios e a función das portas pechadas dado o caso.

Vimos un video explicativo. Quedounos clara esta palabra PAS (PROTEXER, ALERTAR E SOCORRER) en caso de lume.

Os nenos ou adolescentes temos que ter coidado e non manexar aparellos de adultos.

Debemos chamar ao 112 ou ao 080.

Dixéronnos que imos ir AO PARQUE DE BOMBEIROS!!!!!

Deja un comentario

Your email address will not be published.