Category: INTERESANTE

VOZ NATURA

S E M E N T A N D O No proxecto de VOZ NATURA participamos todo o alumnado do colexio. O alumnado de 5º plantou en macetas: calceolarias, xeranios, menta chocolate, macela, ouregos e tomiño. E no horto plantou: berenxenas, calabacín e espinacas.O alumnado de 6º nas macetas plantou: ruda, mímulo, herbaboa, tomiño, melisa …

Continue reading

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA   Durante o mes de novembro, o alumnado de 6º tivemos catro charlas sobre este tema. Unha monitora do  concello de Vigo, fíxonos reflexionar. No primeiro día vimos que son as drogas. Non pensedes que só son os “porros” ou a “heroína”, son todo o que nos crea unha adicción, …

Continue reading

FACENDO MÁMOAS

FACENDO MÁMOAS Coas ensinanzas e a colaboración de Eva Fernández Deza (nai de Xana de 2º), aprendemos a facer mámoas que eran as lápidas funerarias dos nosos antergos. As fixemos no xardín do noso patio cuberto e alí están para que poidades velas. 

NOVAS TECNOLOXÍAS

PLAN DIRECTOR: NOVAS TECNOLOXÍAS Tivemos un Obradoiro no colexio sobre internet. Unha policía explicounos os problemas nos que nos podemos meter, e mesmo aos nosos pais, se non temos coidado e utilizamos de xeito inadecuado esta ferramenta. Falounos do ciberacoso, ciberbulling, do grooming, do sexting … Quedounos claro que todo o coidado é pouco, non debemos …

Continue reading

DE VOLTA

XA ESTAMOS DE VOLTA!!! Ola a todos de novo: despois do descanso das ben merecidas vacacións volvemos con máis ansia e desexo de aprender novas cousas. Aquí vos deixo un enlace para axudarvos a programar as vosas tarefas diarias e poder obter os mellores resultados nos vosos estudios.  

VERÁN

VERÁN Xa chegou o tempo do descanso despois do traballo do curso. Aqui vos deixamos estes enlaces para que sigades aprendendo e repasando. Disfrutade das vacacións a tope e non esquezades o que xa sabedes!!!!

BO NADAL

Con esta felicitación que fixemos os de 5º queremos empezar o noso blog e desexarlle a todos os que o lean unhas felices festas coa familia e os amigos. Sede bos para que Papá Noel e os Reis Magos vos traian moitos  agasallos.

¡Hola mundo!

Esta es una entrada de prueba, puedes editarla o eliminarla, !empieza a bloggear!