EDUCACIÓN VIARIA

EDUCACIÓN VIARIA

Como continuación da clase teórico- práctica do curso pasado sobre educación viaria; o alumnado de 6º o día 16 de febreiro tíñamos previsto ir ao Castro. Coa axuda da Policía Local íamos aprender e practicar moitas cousas como usuarios das bicicletas.

AHHH!!  ESTA CHOIVA…!!!

Loxicamente non puidemos ir, pero veu ao colexio a Policía que viñera en 5º e tivemos un obradoiro. Nel recordamos moitas cousas de como cruzar, pero tamén aprendemos outras que temos que ter en conta cando imos coa bicicleta: baixar dela se imos polo paso de peóns, casco axeitado e abrochado, facernos visibles, indicar os xiros co brazo…

Para rematar a Policía falounos do problema da vespa velutina (asiática): se avistamos un niño delas temos que CHAMAR ao 112.

Non foi o mesmo que ir ao Castro, andando nunha bicicleta de verdade;  pero aprendemos: COMO TEMOS QUE ANDAR  E POR ONDE COA BICI.

                    SEXAMOS CICLISTAS RESPONSABLES!!!

MODELO DE PULMÓN

COMO  FUNCIONAN  OS  PULMÓNS

O alumnado de 6º fixeron un experimento para saber como funcionan os pulmóns. Escoitade o seguinte vídeo e aprenderedes como facelo.

 

PERIGOS EN INTERNET

PERIGOS  EN  INTERNET

O pasado 26 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º tivemos un obradoiro no colexio, impartido por unha  muller policía.
Falounos de moitas cousas perigosas coa internet  e comentounos casos problemáticos reais: algúns en Vigo e outros noutras partes de España.
Dende logo, ten que quedarnos claro que os perigos coa internet son moitos.  Aínda que non nos guste, os nosos pais deben supervisar o que facemos e coñecer as nosas contraseñas. Moito coidado coas fotos que subamos ou comentarios, pois poden afectarnos á nosa futura vida laboral.
Debemos facer cada cousa ao seu tempo; somos menores, non podemos facer cousas de maiores.
VIVAMOS A VIDA DE NENOS!!!!, xa nos chegará o tempo de vivir como adultos.

 

MULLERES GALEGAS

ALGUNHAS MULLERES GALEGAS

Na clase de 6º fixemos un traballo de investigación sobre algunhas mulleres galegas. Invitámosvos a velo

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA

 

Durante o mes de novembro, o alumnado de 6º tivemos catro charlas sobre este tema.

Unha monitora do  concello de Vigo, fíxonos reflexionar. No primeiro día vimos que son as drogas. Non pensedes que só son os “porros” ou a “heroína”, son todo o que nos crea unha adicción, incluídos a bebida, o tabaco, o xogo e mesmo o móbil.

O segundo día traballamos sobre o tabaco; démonos conta que moitos non estamos no mellor ambiente cando os nosos pais ou familiares fuman. Parece ser que a idade de empezar a fumar en España é aos 12- 13 anos. Nós temos que saber dicir que NON para non caer nesa droga, que fai tanto dano.

No terceiro xoves a cousa ía do alcohol e a bebida, drogas que están ao alcance de calquera e coas que convivimos sen decatarnos, pois na nosa sociedade aínda non está tan mal visto. Pero segue sendo droga e se se empeza a idades temperás afecta ao normal desenvolvemento da persoa.

Na última sesión fixemos un xogo: ante un inminente naufraxio tiñamos que coller só tres cousas para sobrevivir nunha illa. Aí vimos a complicación de pórnos de acordo, pero quedounos claro que temos que explicarnos, escoitar aos demais e non nos alterar…

Isto temos que aplícalo na vida diaria:  DROGAS, NON AS PRECISO!!!

     

   

   

   

 

 

XADREZ EN 6º

XADREZ  EN  6º

O alumnado de 6º, unha vez á semana practicamos este xogo para beneficiarnos das súas ventaxas:

  • 1- Eleva o noso cociente intelectual.
  • 2 -Exercita ambos hemisferios cerebrais.
  • 3 – Potencia a memoria.
  • 4 – Mellora a creatividade.
  • 5 – Facilita a concentración.
  • 6 – Axudanos a resolver problemas.
  • 7 – Incrementa a capacidade lectora.
  • 8- Ensinanos a planificar e facer previsións.

Como dixo Robert Jamen Fisher (campeón mundial entre 1972 e 1975):

“O xadrez non é como a vida, é a mesma vida”.

CANTO NOS DIVERTIMOS!!!

DÍA DO PEÓN

DÍA DO PEÓN

O DÍA 10 DE NOVEMBRO O PROFESOR JOSÉ MANUEL MÍLLARA DEUNOS UN OBRADOIRO SOBRE O PEÓN. APRENDEMOS ÁS SÚAS PARTES, A SÚA EVOLUCIÓN AO LONGO DA HISTORIA, ALGÚNS REFRÁNS E, SOBRE TODO, APRENDEMOS A BAILALO.  LOGO NO RECREO PRACTICAMOS O QUE APRENDEMOS NA CHARLA.  AQUÍ TEDES UN RESUME CON FOTOS DESE DÍA.

 

 

FACENDO MÁMOAS

FACENDO MÁMOAS

Coas ensinanzas e a colaboración de Eva Fernández Deza (nai de Xana de 2º), aprendemos a facer mámoas que eran as lápidas funerarias dos nosos antergos. As fixemos no xardín do noso patio cuberto e alí están para que poidades velas. 

SAÍDA AO MONTE

SAÍDA AO MONTE

O día 27 de outubro o alumnado de 4º, 5º e 6º tivemos a gran sorte de facer unha saída polos montes Vixiador e Madroa. 

Visitando as mámoas aprendemos cousas sobre os nosos antergos. Camiñando polo monte descubrimos árbores autóctonas como o carballo e o castiñeiro.

Facendo unha ruta botánica polo monte da Madroa buscamos datos de plantas e animais.

Encantounos esta saída e aprendemos MOITÍSIMO!!!

foto blog

NOVAS TECNOLOXÍAS

PLAN DIRECTOR: NOVAS TECNOLOXÍAS

Tivemos un Obradoiro no colexio sobre internet. Unha policía explicounos os
problemas nos que nos podemos meter, e mesmo aos nosos pais, se non temos
coidado e utilizamos de xeito inadecuado esta ferramenta.
Falounos do ciberacoso, ciberbulling, do grooming, do sexting … Quedounos
claro que todo o coidado é pouco, non debemos subir fotos nin datos nosos,
tampouco fotos doutros sen permiso, os amigos facelos reais para que non nos
engañen e dende logo, ante calquera dúbida ou sospeita, acudir a un adulto.
Tampouco debemos facer caso aos retos e “parvadas” que poñen na rede.
TODO O COIDADIÑO É POUCO!!!

IMG_003522222 IMG_00302