Próximos eventos no Colegio Sta Apolonia. (Actualizada)

Posted by profekechu on 7 mayo, 2014 in Sin categoría |

Á espera da confirmación oficial, as nosas fontes informan dunha batería de eventos escolares para despedir o curso 13-14, do que restan apenas unhas cantas xornadas lectivas.
Velaí vai o calendario provisional
– Martes 13-05-14: Os alumnos do 3º ciclo de EPO acudirán a un Obradoiro de escrita creativa dentro da Campaña de animación á lectura, na Galería Sargadelos, ás 11:30.
– Sábado 17-05-14: calquer membro da nosa comunidade educativa que o desexe poderá asistir ao partido de baloncesto que disputarán o Obradoiro CAB e o UCAM Murcia CB no Pabellón multiusos do Sar a precios reducidos.
– Luns 19-05-14: Os alumnos de Educación Infantil e Primaria asistirán a un obradoiro sobre o aforro da auga proposto pola Fundación Maphre, no salón de actos do cole, de 11:30 a 12:30.
– Luns 19-05-14: os alumnos de Educación Secundaria e o primeiro curso de BAC realizarán unha camiñata polas beiras do río Sar ata a súa desenbocadura no Ulla practicando Marcha Nórdica e recollendo os resíduos que atopen no camiño, dentro das actividades de desenvolvemento do proxecto Voz Natura.
– Xoves 22 e venres 23-05-14: conferencia e taller acerca do aforro de cartos promovido polo BBVA.
– Luns 26-05-14: Os alumnos de 2º ciclo de educación primaria acudirán a un obradoiro de ilustración dentro da Campaña de animación á lectura na Galería Sargadelos ás 11:30
– Luns 02-06-14: os alumnos de educación infantil e primaria celebrarán as súas olimpiadas escolares nas pistas de atletismo da USC
– Mércores 04-06-14:alumnos, pais e mestres de educación infantil e primaria celebrarán o día mundial do medioambiente percorrendo en bicicleta a distancia que une o cole coa granxa na Marcha CicloturiSTA Apolonia
– Sábado 7-06-14: Festa fin de curso Voz Natura de 11:00 a 19:30 no parque deportivo de Acea da Ama en Culleredo (A Coruña) para toda a comunidade educativa de forma voluntaria.
– Sábado 14-06-14: Excursión de fin de curso. Alumnos e mestres de educación infantil e primaria visitarán a granxa de abellas Apiópolis.
– Mércores 18-06-14: Feirón Sta Apolonia. Alumnos, pais e mestres celebrarán na granxa escola Bergando o feirón de fin de curso
– Xoves 19-06-14: Auzul Apolonia. Excursión ao mar para celebrar o bautismo de mar cos alumnos de infantil e primaria. Despois celebraráse a xornada de convivencia pernoctando na granxa-escola Bergando.

Copyright © 2012-2019 ReviSta Apolonia All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.