Archivo para Decembro, 2018

EN PLENA CLASE!!!

Domingo, Decembro 16th, 2018

 

Vídeo grabado durante o penúltimo día de clase!

Aquí se vos pode ver traballando e axudándovos os uns aos outros en perfecta armonía.

Moi bo trimestre, rapaces!

Con esta publicación, pechamos o primeiro trimestre do curso 2018-19. Á volta, máis e mellor!

Bo Nadal a todos e todas!!

 

Profe Silvia

Día Mundial contra o Cancro de Mama

Sábado, Decembro 15th, 2018

 

O cancro de mama é unha das principais causas da morte entre as mulleres de todo o mundo. 

As células das mamas multiplícanse sen control e convírtense nun tumor maligno. Hai algúns síntomas para detectalo: venas que se observan fácilmente na mama, inchazón ou presenza de nódulos na rexión da axila, etc…

 Para asegurarse de que non o teñas, este ou outros cancros, existen exames de detección, que detectan o cancro antes de que a persoa teña síntomas. 

Quen pode ter cancro de mama? 

Calquera pode ter cancro de mama, pero están máis en mas risco as persoas maiores de 50 anos, con antecedentes familiares de cancro de mama, obesidade,  estilo de vida sedentario, fumadores, consumidores de bebidas alcólicas en exceso, etc…

Dado que o cancro de mama en homes é pouco frecuente, son poucos os casos que poden investigarse sobre el. Ademais, tamén se demostrou que as mulleres brancas teñen máis posibilidades de contraelo que as mulleres negras. 

Polo alto número de casos de cancro de mama, cada ano, o dezanove de outubro celébrase o Día Mundial Contra o Cáncer de Mama para concienciar á xente sobre a importancia da prevención desde temprana idade.                                                                       

Feito por: Noa e Antía

O FRASCO DA VIDA

Sábado, Decembro 15th, 2018

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Neste trimestre vimos un vídeo sobre no que alguén falaba dun “frasco da vida”.  Nel, un mestre explica que só temos unha vida para vivir desta maneira: 

Primeiro, o profesor sacou un frasco e meteulle nel pelotas de golf, o segundo que lle botou foron pedriñas pequeniñas, o seguinte que fixo foi botarlle terra, e por último botoulle unha botella de cervexa. Finalmente, díxolle aos alumn@s que ese frasco representaba a súa vida.

As pelotas de golf eran as cousas máis importantes: a familia, os amigos, a saúde e as nosas paixóns; as pedriñas eran as outras cousiñas importantes pero non tanto coma as primeiras: un coche, un traballo, unha casa… e despois explicoulle que si metían as pedras antes que as pelotas gastarían todas as enerxías nas cousas pequenas sen demasiada importancia e non lles quedaría tempo para as cousas realmente importantes.

Por iso,  primeiro debían ocuparse das pelotas de golf antes ca da terra porque son as cousas máis pequenas sen tanta importancia.

Entón, un alumno preguntoulle que representaba a cervexa e o mestre contestoulle que a cervexa representaba  o tempo que sempre debía haber entre todas as outras ocupacións para estar cos amigos e tomar algo.

 

Aarón Blanco Muras

 

O FÍO DA VERDADE

Sábado, Decembro 15th, 2018

 

O fío da verdade 

O fío da verdade é un xogo onde lle vas pasando un fío de la ao compañeiro que queiras e lle dis o que non che gusta del ou que che gusta del. Tes que suxeitar ben o fío, senón pódese desmoronar todo o enredo. 

Ao final, non sabes a quen lle dixeches o que che gustaba del e o non. Tan só se pode ver que ao rematar todos estamos sostendo parte dese enredo.  

 

Zaira Villaverde Lueiro