1

O FRASCO DA VIDA

 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Neste trimestre vimos un vídeo sobre no que alguén falaba dun “frasco da vida”.  Nel, un mestre explica que só temos unha vida para vivir desta maneira: 

Primeiro, o profesor sacou un frasco e meteulle nel pelotas de golf, o segundo que lle botou foron pedriñas pequeniñas, o seguinte que fixo foi botarlle terra, e por último botoulle unha botella de cervexa. Finalmente, díxolle aos alumn@s que ese frasco representaba a súa vida.

As pelotas de golf eran as cousas máis importantes: a familia, os amigos, a saúde e as nosas paixóns; as pedriñas eran as outras cousiñas importantes pero non tanto coma as primeiras: un coche, un traballo, unha casa… e despois explicoulle que si metían as pedras antes que as pelotas gastarían todas as enerxías nas cousas pequenas sen demasiada importancia e non lles quedaría tempo para as cousas realmente importantes.

Por iso,  primeiro debían ocuparse das pelotas de golf antes ca da terra porque son as cousas máis pequenas sen tanta importancia.

Entón, un alumno preguntoulle que representaba a cervexa e o mestre contestoulle que a cervexa representaba  o tempo que sempre debía haber entre todas as outras ocupacións para estar cos amigos e tomar algo.

 

Aarón Blanco Muras

 

1 Comment

Comments are closed. Would you like to contact the author directly?

Copyright © 2012-2019 ReviSta Apolonia All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.