Do que foi o entroido 2019…
Adrián Blanco: este entroido estiven moi contento. Xoguei co meu irmán e cos meus veciños mirando a televisión e coa tablet. Tamén fun a velo desfile en Santiago. O mércores, ademais, fun a unha festa de hípica que houbo no colexio.
Jorge Nogueiras: neste entroido estiven na casa xogando e divertíndome. Tamén fun á cabalgata.
Alejandro Pardo: por fin chegou o entroido! Este ano quíxenme disfrazar de romano e miña irmá de Minnie Mouse. Fomos velo desfile a Negreira e pasámolo xenial! Había moitas carrozas e xente disfrazada. O que máis me sorprendeu foi un gorila que había enorme. Acabamos o día vendo o partido do Barcelona-Madrid. No que gañou o Barça 1-0.
Yago Castaño: este ano pasei fóra o entroido. Fun a Tenerife 5 días. Alí estiven algúns días na praia, na cancha de fútbol e no Siam Park.
Hugo González: neste entroido fun a Urban Planet e xoguei á play na casa.
Adrián Villar: cando chegou o día do entroido no colexio tiña moitas ansias por xogar. As tres primeiras horas foron de traballo. Logo, fomos á leite onde nos deron chocolate, churros e orellas. Despois foi o recreo e cando volvemos, xa nos puxemos os traxes e fixemos a actuación. A continuación, comemos, vestímonos cos disfraces que tiñamos, fixemos un taller de máscaras e fomos ao karaoke.
Tsadiku Pose: o primeiro día de entroido fun a Madrid coa miña nai. Fun no tren e detrás nosa había unha señora “rosmona” que non paraba de dicir “¿no callaréis?”. O tren iba con retraso e chegamos ás 10. Fomos ao hotel, que era moi chulo, e logo a un restaurante onde comín unha ensalada con tomate e aceite. Logo xa volvimos ao hotel a durmir.
Aarón Blanco: este entroido paseino moi ben na miña casa. Estiven xogando co meu irmán e cos meus amigos. Xogando coa tablet e mirando a televisión. Tamén fun velo desfile ao centro de Santiago. O mércores fun a unha festa de hípica que había no colexio.
Sara Prego: o venres era entroido, e como todos os anos en Sta Apolonia, o celebramos despois de comer. Vestímonos cos disfraces que tiña cada un. Aínda que algúns non se disfrazaron. Estivemos no gimnasio de dentro e había karaoke. Pasámolo xenial!
O sábado fun a Noia a celebrar un pouco o entroido cos meus avós e miña bisavoa. E o domingo quedeime na casa aburrida, igual ca luns, martes e mércores porque estaba chovendo moito.
María Nogueiras: este ano o entroido o celebramos no colexio coma todos os anos. Pola mañá fixemos un pequeño musical representando a muralla verde e pola tarde fomos disfrazados e fixemos unhas máscaras e tamén tivemos un karaoke.
Zaira Villaverde: no cole, pola mañá disfrazámonos cada un do que nos tocaba e pola tarde cada un do que quixera. Fomos ao gimnasio de dentro a xogar e cantar. Paseino moi ben!
Antía Montero: neste entroido estivemos facendo unhas máscaras e sacando fotos. Logo, fomos ao baile co karaoke.