Archivo para Maio, 2019

UN BO AMIGO PARA MIN…

Venres, Maio 10th, 2019

1) un bo amigo para min debe aceptar as miñas ideas, non molestarme, non pegar e non gritar.

 

2) para min un bo amigo é unha persoa que non faga trampas, que non me faga dano, non me fale a berros, nin me pegue nin insulte. Tampouco que fale das cousas que me queden ben ou mal. Debo poder contarlle tamén as miñas cousas boas e malas e que nunca llas conte aos demais. Un amigo é unha persoa na que se pode confiar. Ademais, un bo amigo queda comigo cando máis o necesito.

 

3) para min un bo amigo debe ter confianza en sí mesmo, ten que ser amable, un pouco gracioso, bo compañeiro, que me axude cos problemas que teña eu, que non conte os meus segredos aos demais, que non sexa mentiroso, que non gaste demasiadas bromas e non xuzgue aos demais. Polo contrario, para min un mal amigo é aquel que gaste moitas bromas, que sexa mentiroso, conte os meus segredos aos demais, insulte aos demais, que pegue e xuzgue aos demais.

 

4)  un amigo debe querer xogar comigo aos xogos que me gusten, debo poder contarlle segredos e que sexa máis ou menos da mesma idade ca min.

 

5) un bo amigo para min debe axudarme cando teño problemas, debe tratarme ben, non mentirme, gardar os meus segredos e que non nos enfademos por tonterías.

 

6) para min un bo amigo sería aquel que non me mentise, que non me fixese dano ao falar das cousas e sobre todo, que non conte cousas secretas que eu non quero que as saiba ninguén. Que cando se enfade non as pague comigo e non me berre senón é necesario. Que esté comigo “nas boas e nas malas” e que esté comigo cando máis o necesite. Ademais, non me debe pegar, nin dicirme se algo me queda ben ou mal.

 

7) un bo amigo debe cumplir o seguinte: que me trate ben e non me insulte. Temos que levarnos ben, non pode dicir mentiras, non debe falar mal de min, que non conte os meus segredos, non se enfade por tonterías, que me faga agasallos e non me revise a mochila.

 

8) para min un bo amigo é o que se porta ben comigo, o que me axuda a facer cousas que non entendo e cando estou triste axuda a calmarme.

 

9) para min un bo amigo ten que ser gracioso, con bo corazón, bo compañeiro, simpático, sincero e que, por exemplo, cando me caia ao chan, non me deixe tirado solo e me veña axudar. A min non me gustaría un amigo que se crea “o rei do mambo” e que mande moito.

 

 

10) é aquel ao que lle poida contar secretos, confiar nel e sexa boa persoa. Non se enfade sempre e comparta os meus gustos polos deportes.

 

11) para min un bo amigo ten que ser amable, bo compañeiro, gracioso, que me axude a resolver un problema cando o teña, que me pida cousas se as necesita e sobre todo, que non me minta e sexa sinceiro. Que non se enfade fácilmente e que non se enforce en facer nada. Non me gustaría ter un amigo maleducado, que me insulte ou me pegue, que sexa vago e que cando lle pida axuda, non me axude.

 

12) para min un bo amigo é unha persoa fiel, que me axude e non se ría de min cando me fago dano. Que me apoie e me sexa fácil falar con el/ela e tamén ten que ser divertido/a e gracioso/a. Non debe ser moi pijo/a, nin mandón/na, que me faga quedar quedar ben, non me utilice e non fale de min ás miñas espaldas. Que sexa un pouco cotilla, pero coa boca pechada e que saiba defenderse por sí mesmo/a. Eu creo que non é difícil encontrar, xa que a maioría da xente ten moitas destas cousas, aínda que non todas. Pero pode pasar.

 

13) un bo amigo para min é aquela persona que me axude se teño un problema ou se teño deberes, que sexa bo comigo, que non me pegue e que se porte ben. Non me gustaría ter un amigo que se porte mal, que sexa maleducado ou que me insulte.

 

14) para min un bo amigo é unha persoa que sempre está ao meu lado e me axuda pase o que pase. Tamén debe xogar comigo.

 

15) unha persoa para que para min sexa un bo amigo ten que ser unha persoa fiable e amable. Teño que poder contarlle os meus segredos sen correlo risco de que me traizoe e os conte aos demais. Ten que axudarme cando o precise (igual que eu a el), facerme algún favor e defenderte antes os problemas nos que teña eu razón. Debe arriscar por min algunhas cousas e preocuparse tamén por min. Facernos pasar momentos divertidísimos e estar cando eu o precise.

 

Alumnado de Valores Cívicos e Sociais

Ed. Primaria