Archivo para Outubro, 2019

Quero falar da….

Martes, Outubro 29th, 2019

NOVA TEMPADA DO FORNITE!!

Nesta nova tempada hai moitas cousas novas, por exemplo: as novas lanchas acuáticas. Xa que antes non se podía nadar , porque se tocabas a auga morrías, agora podes nadar e para recuperar saúde comes peixes.

 

Hugo González

Quero falar de …

Sábado, Outubro 26th, 2019

Este verán fun de viaxe a Londres. Vin unha parte do Parlamento, porque agora o Big Beng está tapado en obras, pero van a rematalas dentro de 2 anos.

Montei no London Eye, dende alí vimos as vistas que tiñamos ao redor; fomos ver a Tower Bridge, á praza de Trafalgar, alí descansabamos despois dos paseos que facíamos ao largo do día.

Vimos dous barrios: Camdem e Chinatown.

Tamén visitamos a Abadía de Webmister, que é unha catedral na que hai tumbas de persoas moi importantes na antigüedade.

Fomos ao Museo Británico, é un museo no que hai cousas de todo o mundo e tamén vimos o Museo de Historia Natural, alí hai moitos minerais e cousas da natureza.

 

María Nogueiras

Quero falar de …

Sábado, Outubro 26th, 2019

Si queredes ir de vacacións, aconséllovos  ir ao Dinoparque de Lourinha, en Portugal.

É un parque enorme no que hai que ir dando un paseo de 8 km no que vas vendo moitas distintas maquetas enormes de dinosaurios e diante da maqueta aparece un cartel no que pón moitísima información sobre o dinosaurio. Como por exemplo: como se chamaba, que tamaño tiña, onde vivía, que comía… non solo había dinosaurios, senón que tamén había monstruos mariños.

A parte das maquetas, había un museo.

Ao final do camiño, había tamén unha tenda de souvenirs.

Era un lugar xenial e moi educativo para os nenos.

 

Aarón Blanco

Quero falar de …

Sábado, Outubro 26th, 2019

 

O Bichón maltés

O Bichón Maltés é una raza de can de tamaño pequeno/mediano que xurdiu no mar Mediterráneo Central.

Son moi xoguetóns e moi cariñosos.

Tsadiku Pose

Quero falar de …

Sábado, Outubro 26th, 2019

 

Gústame o fútbol porque é un deporte de equipo, hai que darlle patadas a un balón e é entretido.

Empecei a practicalo no parque cuns nenos que se lle foi o balón e eu paseillo e como creía que iba gustarme, entón pedinlle xogar.

Dende aquel momento empecei a xogar ao fútbol e gústame moito, despois vía os partidos co meu pai e o meu avó tamén. Creo que ver os partidos é divertido porque hai moita tensión por saber que equipo gana ou que equipo perde, agora vexo tódolos partidos posibles e xogo todo o tempo.

 

Candela Martínez

Quero falar de …

Sábado, Outubro 26th, 2019

Gústame moito montar a cabalo e sobre todo os cabalos altos e negros como Night, que o temos na hípica e Raben de unha serie de Netflix que se chama “A rienda suelta”.

Cando estou subida no cabalo me sento moi relaxada e tamén como si estivera na auga, porque tamén me gusta moito bucear.

Na hípica xa montei a Berto, Bandolera e a Dum-Dum.

Aos cabalos para poder montalo tes que poñerlle a silla, cabezada, limparle os cascos e cepillarlles a crin, o dorso,  a grupa e o maslo.

 

Sara Prego

Quero falar de …

Sábado, Outubro 26th, 2019

ONDE ME GUSTARIA IR?

A París, porque é un sitio de moita cultura e se poden aprender moitas cousas.

E aprender un pouco do seu idioma, o francés. Uns dos monumentos máis importantes que teñen alí é a Torre Eiffel; das súas costumes, que seguro que son moi sofisticadas e intentaría facer un montón de amigos. Quero ir tamén para visitar a: primos, tíos e amigos alí, etc.

Visitaría os seus colexios para ver cal me gusta máis ou menos.

París,  tamén é(Adrián Villar Martinez) coñecida como a cidade do amor. 

Encantaríame ir ao centro da cidade e as súas comidas típicas.

Aparte ir a algunha festa como:Festa Nacional, Asunción, Todos os Santos e Armisticio.

 

(Adrián Villar Martinez)

Quero falar de …

Sábado, Outubro 26th, 2019

Ola, hoxe estívome rondando a cabeza un pensamento peculiar: Os tipos de profesores. Non é un tema do que se fale en exceso.

As persoas, no seu día a día non se soen dar conta da importancia que ten unha persoa que é mestra/e. E, dentro diso, os tipos que hai:

 Eu penso que hai montóns e montóns, cada un coa súa personalidade e maneira de ver o mundo que nos rodea. Hainos aburridos, modernos, divertidos, algúns que se quedaron no siglo “pasao”, outros que non se saben nin eles o que teñen que ensinar e outros que o teñen todo moi claro e explícanche o tema de 200 formas diferentes para que o entendas.

 Aínda que, non son só os profesores, os alumnos tamén importan na vida dun mestre. Eles, uns dos que máis. No que deberían pararse a pensar moitas mestras/es é que, tamén hai moitos tipos de alumnos. Por exemplo: 

Cando saen dunha clase botando fume polas orellas e chegan a outra clase na que os alumnos están máis felices que ninguén. Todos os nenos saúdan e comezas a clase reñindo coma se a túa propia vida dependera do enfado que tivera naquel momento.

GRACIAS!

 

Ánxela Estévez

 

 

 

Quero falar de …

Sábado, Outubro 26th, 2019

A DIVERSIÓN DE MARTINA

A diversión de Martina son uns contos que escribe unha adolescente. Sacou seis libros, o sexto libro o sacou este ano.

O primeiro libro chámase Un desastre de cumpleanos.

Eu, que mos lein todos, recoméndovos lelos!

 

Hasta a próxima!

 

Uxía Maneiro

Quero falar de …

Sábado, Outubro 26th, 2019

 

A min gustaríame  gañar o concurso das letras. Para a semana que vén vamos a facer un concurso de letras e quen teña mellor letra gana unha viaxe a Port Aventura. Hai tres categorías, a primeira é para 1º e 2º de primaria, a segunda categoria é para 3º e 4º de primaria e a terceira categoría é para 5º e 6º de primaria.

 

Jorge Nogueiras