Está por chegar a carreira solidaria Save the Children…

Posted by profesilvia on 15 noviembre, 2019 in GRUPO 2 |

 

 

Save the Children

 

Save de Children é a organizadora dunha carreira solidaria que se leva facendo anos e anos no noso colexio. Nós participamos na carreira e facemos varias voltas. Se chove o facemos no polideportivo e en cada volta dannos unha pegatinas. Os pais se veñen nos poden ver. Os pais poden dar o diñeiro que queiran. Ese diñeiro que dan os pais vai para países pobres ou nos que hai guerra para axudar aos máis pequenos que o necesiten.

 

Historia 

Save the Children Fundation, comunmente coñecido como Save the Children ou Save the Children International é unha organización non gubernamental internacional que ten como finalidade traballar polos dereitos da infancia.

 

Presidente: Eglantyne Jebb.

Fundación: 15 de abril de 1919, Londres, Reino Unido.

Oficinas centrais: Londres, Reino Unido.

Tipo: organización non gubernamental (ONG)

Acrónomo: STC

Fundadoras: Eglantyne Jebb, Dorothy Buxton.

 

Save de Children surxiu fai máis de 90 anos coma unha resposta humanitaria despois da Primeira Guerra Mundial; cando a fundadora Eglantyne Jebb buscou un equipo de expertos para traballar a favor dos nenos e nenas afectados polo conflicto. Por esa razón, especialízanse nas respostas humanitarias, centrando a súa atención nas necessidades especiais da infancia.

 

En 1919 creouse a Unión Internacional Save the Children coa súa primeira sede en Xenebra e ampliouse despois a súa presencia por todo mundo. En 1923, Eglantyne Jebb redacta a primeira Declaración  dos Dereitos do Neno, antecedente histórico da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Nena, a mesma que foi adoptada polos países membros da Organización das Nacións Unidas a nivel mundial.

 

GRUPO 2 (MATÍAS ESTÉVEZ, UXÍA MANEIRO E ALEJANDRO PARDO)

 

Copyright © 2012-2019 ReviSta Apolonia All rights reserved.
This site is using the Desk Mess Mirrored theme, v2.5, from BuyNowShop.com.