Archive for Outubro, 2009

Benvida!

Venres, Outubro 30th, 2009

Ola, somos de 1ºB e estamos moi contentos de ter o noso blog. Aínda non hai moito, so artigos para darvos a benvida, pero, pouco a pouco iremos tendo máis e máis cousas:experimentos, preguntas, cousas sobre o proxecto interdisciplinar…Bueno, benvidos a todos e esperamos que vos guste o noso blog.

Que é un xiroscopio?

Venres, Outubro 30th, 2009

Un xiroscopio é un aparello que ten un disco xiratorio cunha gran resistencia á variación do seu eixo de xiro, o que o fai moi útil para medir e manter a orientación baseado no principio da conservación do momento angular

O xiroscopio foi inventado no 1852 polo físico Foucault. En esencia, consiste nun rotor co eixe pendente dun soporte formado por dous círculos articulados entre si e o rotor por suspensións de Cardán. O principio do xiroscopio deriva do feito de que un sistema en rotación e mecanicamente illado conserva o mesmo momento cinético, de xeito que o seu eixo de rotación mantén unha dirección fixa con respecto a unha referencia galileana. Unha vez se ten posto en funcionamento o eixe queda fixo respecto ó da terra describindo un cono de revolución. Tamén pode servir como referencia angular e como estabilizador.

Xiroscopio

Venres, Outubro 30th, 2009

Un xiroscopio é un aparello que ten un disco xiratorio con moita resistencia á variación do seu eixe de xiro.Serve para medir e orientarse.

O xiroscopio foi inventado no ano 1852 por Foucault.

Este é un xiroscopio:

Saúdos de 1ºA

Martes, Outubro 27th, 2009

Hola, que tal? Somos os alumnos de 1ºA. Benvidos ao blog de 1ºda ESO.

PROXECTO INTERDISCIPLINAR: Plantas medicinais no Camiño Santiago

Venres, Outubro 23rd, 2009

Como enfocamos o noso estudo das plantas medicinais? Imos a centrarnos no coñecemento de diferentes plantas medicinais e no uso que os peregrinos lle daban a esas plantas principalmente durante a Idade Media pero que segue sendo válido ata a actualidade.

 

Plantas medicinais

 A utilización das plantas como método de curación foi usado pola humanidade desde que esta apareceu sobre a terra. A maioría das veces o seu descubrimento foi pola necesidade de descubrir novos alimentos comprobando que efectivamente eran comestibles, ou venenosos ou que producían determinados efectos (sudoración, eliminación da dor….) e outras, froito da casualidade.

 Sabías que o primeiro texto escrito sobre o uso de plantas medicinais ten uns 4000 anos de antigüidade e apareceu nunha tabliña de arxila na cultura Sumeria?

  Tamén os exipcios eran uns expertos na utilización destas plantas aínda que seguramente o seu uso é anterior en China.

   A tradición de Mesopotamia e Exipto é recollida por  Grecia e Roma.

O primeiro escrito científico na época clásica é De Materia Médica, escrita por Dioscórides (40-90 d. C.). Dioscórides era médico e botánico e a súa obra acadou unha gran difusión sendo o principal manual de farmacopea durante a Idade Media. Nela describeu unhas 600 plantas medicinais, incluindo a mandrágora.