Archive for Decembro, 2009

Ventureiro ano 2010

Martes, Decembro 29th, 2009

Non atopamos mellor xeito de felicitaros este solsticio de inverno que recomendar a felicitación de climántica.

http://climantica.org/climanticaFront/gl/entry/20091222

Ventureiro Aninovo a todos/as

Milvia e Nacho

Comezamos o camiño

Martes, Decembro 22nd, 2009

zona iniocial

Glosario

Sábado, Decembro 19th, 2009

 

 

  • Asteroides- grandes formacións de rochas que orbitan no espazo, cando un asteroide impacta contra un planeta chámaselle meteorito.
  • Constelaciónsdebuxos que a imaxinación humana formou agrupando as estrelas do firmamento.
  • Planeta- astros de forma esférica que xiran ao redor do Sol q que “limparon” as inmediacións da súa órbita doutros astros, asteroides, etc., pola atracción gravitatoria.
  • Sol-inmensa esfera de gases incandescente.Cometa- formacións de rochas e xeo( de auga e outras substancias) que teñen una orbita maior ca os demáis astros.
  • Estrelas- “soles” moi afastados; é dicir , enormes esferas de gas illadas no espazo, que producen enerxía no seu interior.
  • Ananas brancas- estrelas “mortas” arrefríadas ao ser medianas ou pequenas.
  • Galaxias- agrupacións de estrelas e nubes de gas e po.
  • Universo- é o conxunto do espazo, materia e enerxía accesible á nosa observación.
  • Lúa- satélite da Terra, foi o primer astro visto polo ser humano
  • Eclipse- fenómeno polo cal un astro queda oculto, total ou parcialmente, de forma temporal por intersección doutro
  • Mareas- variacións periódicas do nivel das augas dos océanos por efecto dos movementos e atraccións da Terra.
  • Translación- movemento dos planetas que grazas a el temos as estacións
  • Rotación- movemento dos plantas que equivale aos días e as noites.
  • atmosdferaAtmosfera- envoltura de gases máis externa e lixeira do planeta.
  • Hidrosfera- está constituída por todas as augas da Terra.
  • Xeosfera- capa solida da Terra , divídese en codia, manto e núcleo.
  • Biosfera- está constituida por todos os seres vivos do planeta.
  • Recursos renovables- son os que se consomen cunha rapidez igual ou inferior á da súa rexeneración.
  • recursosRecuros non renovables- son os que se consomen cunha rapidez maior que a da súa formación.

 

 

Iago Ferrás García PRIMEIRO A

Quecemento global

Sábado, Decembro 19th, 2009

O quentamento global (ás veces, pero incorrectamente, quecemento global) é un incremento no tempo da temperatura media da atmosfera terrestre e dos océanos. A teoría do quentamento global postula que a temperatura se elevou desde finais do século XIX debido á actividade humana, principalmente polas emisións de dióxido de carbono que incrementaron o efecto invernadoiro. A teoría predí, ademais, que as temperaturas continuarán subindo no futuro se continúan as emisións de gases de efecto invernadoiro.

A denominación “quentamento global” xeralmente implica a actividade humana. Unha denominación máis neutral, cambio climático, utilízase normalmente para designar calquera cambio no clima, sen entrar en discusións sobre a súa causa. En cambio para indicar a existencia de influencia humana, ás veces se emprega o termo cambio climático antropoxénico.

Frecuentemente a discusión se centra na temperatura, pero o quentamento global ou calquera tipo de cambio climático implican cambios noutras variables: as precipitacións globais e os seus patróns, a cobertura de nubes e todos os demais elementos do noso sistema atmosférico veránse afectados pola diminución da emisión de radiación infravermella cara ó espazo, debido ós cambios nas concentracións de gases de efecto invernadoiro no ambiente.

O corpo multigobernamental e científico encargado da súa análise global é o IPCC (siglas en inglés do Inter-Governmental Panel on Climate Change ou Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático). Unha das súas liñas de acción máis visibles é o Protocolo de Kyoto, que promove unha redución de emisións contaminantes (principalmente gases de invernadoiro ) por parte dos países industrializados.

Que é o Proxecto Interdisciplinar?

Mércores, Decembro 9th, 2009
milvia

O proxecto interdisciplinar é un traballo de investigación en equipo arredor dun determinado tema.

 

     Neste curso o proxecto interdisciplinar que imos a realizar trata sobre o Camiño de Santiago e dentro da área de Ciencias Naturais  estudaremos as plantas medicinais. Todos os alumnos de 1º da ESO estaredes implicados neste proxecto.

 PARA LEVALO A CABO…..  camino

 

  

                                     … teredes que buscar, seleccionar e compartir a información. Desta forma adquiriredes e melloraredes a competencia en comunicación lingüística,  a competencia dixital, a competencia para aprender a aprender, a competencia en resolución de problemas e a competencia en habilidades sociais e autonomía.

   Dito doutra maneira melloraredes a expresión oral e escrita, a utilización das tecnoloxías da información, a solucionar problemas, a tomar decisións, a escoitar as opinións dos demáis e defender as propias, a analizar o que se sabe e a coñecer as propias capacidades entre outras cousas.

 

   Desexamos que este blogue sexa un reflexo de toda esa aprendizaxe. Así que ánimo e comezamos a traballar.

O cambio climático

Mércores, Decembro 9th, 2009

Nestes días estase a celebrar en Conpenhagen (Dinamarca) a xuntanza de tódolos países para estudar o cambio climático e propoñer accións para evitalo.

 cambio  O presente cambio climático é debido a acción do home ao contaminar dabondo a atmósfera.

Todos podemos tratar de evitar os efectos do cambio climático reducindo as emisións a atmósfera; usando menos a calefacción, menos o coche, máis a bici ou transportes públicos.

Afortunadamente en Galicia nos vindeiros anos notaremos menos os efectos do cambio climático que noutras partes de España, pero ainda así estaría bien prepararse!!!

As choivas do ponte da Constitución. Un climograma

Mércores, Decembro 9th, 2009

Hai que ver como choveu nesta Ponte.

No pluviómetro da miña casa recollín no fin de semana 120 litros!!

No mes de Novembro recollín 352,5 litros mentras que no 2008 138,2 e no 2007 65,9 litros. Como vedes este outono está a ser un dos mais chuviosos do presente século. Incrible!!

O río Sarela enfrente da miña casa desbordouse como consecuencia das choivas…

Tedes mais información ou fotos?

 climograma Poño aquí uns datos para facer un climograma cunha Folla Excel correspondente ao ano 2008 cerca de Santiago na miña casa. Os datos da temperatura son das mínimas/máximas e a precipitación está en litros.

Mes            Temp.       Precipitacion

Xaneiro          6,8/13,5       307,5

Feb.               6,9/16,9       93,2

Marzo            7,7/15,4      120,9

Abril              8,5/18,6      239,9

Mayo             11,7/20,3    175,6

Xuño              14,5/24,8    16,5

Xullo              15,3/26,2    60,2

Agosto           16,0/27,1    21,5

Setembro        12,5/23,1   100,8

Outubro          9,8/19,5     132,7

Nov.                6,8/13,7     138,2

Dec.                5,0/11,8     172,5

Quecemento global

Mércores, Decembro 9th, 2009
embedded by Embedded Video

quecemento

ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS , NOCIVAS PARA A CAPA DE OZONO

Mércores, Decembro 9th, 2009

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Neste video pode mostrarse que os fenómenos naturais (erupcións volcánicas)  tamén son prexudiciais para a atmosfera. Aconséllovos que lle botedes unha ollada.

O Comiño

Mércores, Decembro 9th, 2009

Historical CUMIN.jpgO comiño é unha planta herbácea e especia. É orixinaria das costas do Mediterráneo, na actualidade atópase difundida tamén polo Novo Mundo.

Trátase dunha planta herbácea anual pertencente á familia Apiaceae (antes chamadas umbelíferas). Chega a acadar una altura de 30 cm, posúe follas lanceoladas, as súas flores son pequenas, brancas ou rosas.

As chamadas sementes son, en realidade, os froitos que constitúen a especia. De forma ovoidea ou fusiforme alongada.

  • É estomacal, carminativo e sedante con efectos semellantes ós do hinoxo, anís ou alcaravea.
  • O seu aceite esencial provoca a relaxación muscular.