Archive for Xaneiro, 2010

Avatar peregrina “Pascualina”

Xoves, Xaneiro 28th, 2010

 Ola, somos o grupo 6 (Marta, Lara, Martín e Álvaro) de 1ºB. A nosa peregrina chámase Pascualina, e moitos xa a coñeceredes. Decidiu facelo camiño

Presentación peregrino Alberto

Xoves, Xaneiro 28th, 2010

PeregrinoEste e Alberto o noso peregrino (grupo 3 1B).Ten 48 anos e vai facer o tramo de Sarria a Portomarín.

Camiño do Ebro

Xoves, Xaneiro 28th, 2010

O camiño do Ebro e o camiño seguido polos peregrinos que viñan dende Barcelona, Montserrat e Levante en xeral; se unen en Pinar do Ebro e dende alí chegaban a Zaragoza para visitar á virxen do Pilar.camiño do Ebro

O camiño do Ebrovai dende Sant Carles de la Rapita, Amposta, Tortosa, Gandesa, Caspe, Escatrón, Sástago, Gelsa de Ebro, Fuentes de Ebro, Zaragoza, Tudela, Alfaro, Calahorra, e Logroño onde se unen ao camiño Francés.

Lucía

Martes, Xaneiro 26th, 2010

Ola somos o grupo 5 de 1A e a nosa avatar chámase Lucía. Comezamos dende Triacastela. A ver que nos sucede no camiño e aos demais grupos.

Avatar Peregrino

Martes, Xaneiro 26th, 2010

O noso avatar Carmelo Pérez:

Presentación peregrino Pojin

Martes, Xaneiro 26th, 2010

Ola somos o grupo 3 de 1ª .

O noso peregrino chámase Pojin. E vámoscho presentar:

-Ola chámome Pojin e teño 23 anos.  Hai uns días a miña prometida convenceume para facer o camiño de Santiago como lúa de mel e aceptei.

Son alto, pel morena e de pelo louro. A miña moza e moi guapa e ten o pelo loiro tamen.

Imonos casar dentro de 15 dias e estou moi impaciente pola boda pero o que máis me fai ilusion é facer o camiño.

Dous días máis tarde…

Xa estou facendo o camiño e encántame está a punto de caer a noite e estou chegando ao albergue no que dormiremos esta noite. Según me dixeron é moi sucio pero coa miña muller seguro que o paso ben…

Xa amañeceu e, a que non sabes que? A miña muller esta embarazada ! Estou moi feliz e espero que o meu fillo creza moi saudable.

O noso compañeiro Luis díxonos que habia unha pranta para curar a gripe pero estivemos todo o dia buscandoa e non a encontramos. Chámase rábano e espero que a encontremos.

Xa está. Por fin ! Teño a … para curar a gripe ! canto esperei este momento. Miña muller está moi contenta e eu tamén. Poderemos seguir o camiño sen a menor dificultade ( ou eso espero).

Xa os contaremos máis …

O camiño de Santiago

Martes, Xaneiro 26th, 2010

Ola!Son peregrino e vou camiño Compostela. Chámome Juan e teño 13 anos. Como no camiño hai moitos perigos, e non trouxen mediciñas conmigo, tenrei que buscar algunha planta que o substitúa.

pingui

Martes, Xaneiro 26th, 2010

ola somos o grupo que creamos a pingui o personaxe que nos axudara a realizar o longo camiño ata Santiago.

Ten doce anos. É un pinguino que ímos guiar, baise atopar con dúas plantas mediciñais, coas que curarse das enfermidades

Presentación de peregrinos/as

Martes, Xaneiro 26th, 2010

avatarOla iniciamos o camiño, polo tanto contádenos cada grupo como son as vosas personaxes, por onde van camiñando.

Trebellos de meteoroloxía

Martes, Xaneiro 26th, 2010

Trebellos automáticos

Anemómetro de cazoliñas

Anemómetro para medi-la velocidade do vento en función da rotación dun molinete formado por tres cazoliñas, hemiesféricas ou cónicas, unidas individualmente por un brazo a un eixe vertical. O anemómetro colócase a unha altura de 10 metros sobre o chan e debe estar a 5 veces a altura dos obstáculos máis próximos. A medida exprésase en metros por segundo ou quilómetros por hora.

Cataventoterbellos

Este instrumento sirve para medi-la dirección do vento. Considérase a dirección do vento a dirección dende a cal ven o vento e exprésase como o ángulo formado polo vector vento e a dirección norte, seguindo a dirección das agullas do reloxo. Ao igual que o anemómetro, colócase a unha altura de 10 metros sobre o solo. As unidades son os graos. O norte son 0 graos o leste 90 graos, o sur 180 graos e o oeste 270 graos.

Pluviómetro de cazoliñas

 

  Este tipo de pluviómetro vai recollendo a choiva nun dispositivo formado por dous cazoliñas basculantes e cada volta dunha cazoliña determina unha cantidade de precipitación, que é a cantidade mínima que o pluviómetro é capaz de medir (normalmente 0.1 litros por metro cadrado). A boca do pluviómetro é circular e sole ser de 200 ou 400 cm2  . Disponse a 1.5 m sobre o chan.

Sonda de temperatura e humidade

 Sole estar formada por unha resistencia de platino (100 Ohm a 0ºC) para a media da temperatura y un condensador para a medida da humidade. A medida da temperatura baséase na variación da resistencia ó varia-la temperatura do aire e na variación da capacidade do condensador ó variala humidade. A sonda colócase dentro dun protector de radiación solar para evita-la incidencia de radiación directa do sol e sitúase a 1.5 m sobre o chan.

Piranómetro

    Instrumento para medi-la radiación solar sobre unha superficie plana. Cando se emprega cunha pantalla que impida a incidencia da radiación solar directa, mídese soamente a difusa. Polo xeral, consta dunha pila termoeléctrica que se encontra baixo unha cuberta protectora en forma de semiesfera de cristal. As unidades desta medida son os vatios por metro cadrado W/m2